organizou unha saída ó concello ourensán para coñecer de primeira man o funcionamento da cooperativa Amarelante, na que a súa principal actividade consiste na recollida de castaña e posterior elaboración de produtos de alto valor engadido con esta materia prima (fariña de castaña, castaña seca, bica).
Afirman que esta cooperativa é un exemplo de aproveitamento do rural, e unha mostra máis de que é posible xerar emprego de calidade e fixar poboación a través deste tipo de iniciativas.
O obxectivo desta visita foi que a veciñanza coñecese en profundidade o funcionamento deste modelo de negocio, para logo poder trasladalo ó concello de Touro, no que se producen todo tipo de produtos agroalimentarios.
A marea de Touro denuncia o inmobilismo e a incompetencia do alcalde popular Ignacio Codesido, incapaz de presentar unha sola proposta ou idea para mellorar a empregabilidade no municipio.