Unha Cadea humana de máis de 2 Km no monte da Casalonga para dicir “NON” ao proxecto do vertedoiro

Ao redor dunhas 3000 persoas vestiron a camiseta negra co logo amarelo da plataforma Limpa de Residuos e camiñaron formando unha gran cadea humana duns 2 km de longo pola estrada que atravesa a antiga canteira da , en Teo, para protestar contra este segundo intento de convertir a canteira nun . “Como xa anunciáramos, non houbo relaxación ningunha logo da vitoria na primeira batalla, ao desestimar a Xunta o proxecto da planta de tratamento de residuos no monte da Casalonga“, indican dende a plataforma.

A gran afluencia á asemblea da plataforma celebrada do venres día 21, que chegou a formar retencións de tráfico importantes na N-550, xa vaticinaba o éxito da cadea humana convocada para hoxe domingo.

A empresa, que se titula propietaria dos dereitos de explotación mineira da canteira, presentou hai unha semana na Dirección Xeral de Minas da Consellería de Industria un proxecto de vertedoiro, disfrazado de plan de restauración. O plan alternativo que agora ven de presentar, que xa tiña preparado no mes de xullo, é moito máis destrutivo para o entorno que o primeiro. Se a planta de tratamento de residuos ía tratar 90.000 tn. anuais, con este novo plan supéranse as 200.000 tn. anuais de vertidos.

Lemas como “Toysal engana, vai botar o que lle dá a gana” que se podían ler na mobilización de hoxe explican o sentir da xente.

O pobo de Teo, Padrón, Ames volveu pedir aos poderes públicos que se protexa o medio ambiente e a calidade de vida das decenas de miles de persoas potencialmente afectadas polo proxecto. Xente de todas as ideoloxías e agrupacións políticas demostraron hoxe unha unidade que lle amosa ás autoridades competentes o camiño a seguir con total claridade.

A unión demostrada hoxe pola veciñanza dá folgos á Plataforma para  seguir canalizando as accións contra o vertedoiro, e renova o compromiso de loitar, de forma inclusiva, pola preservación e restauración do monte da Casalonga.

A Plataforma plantéxase expoñer a situación ao Valedor do Pobo, buscar asesoramento externo e organizar novas mobilizacións cidadás para seguir na loita.

Razón para o rexeitamento do novo proxecto

Ademais das razóns de carácter legal e urbanístico que impiden a instalación, a Plataforma entende que o plan oculta intereses contrarios a dereito, constituíndo un fraude de lei:

  • O plan indica que se vai comezar a “restaurar” dende o inicio da explotación da canteira polo que as dúas actividades serán simultáneas. Isto significa que se comezará a encher de residuos o oco da canteira actual dende o primeiro minuto da súa actividade.
  • A canteira leva 5 anos parada por non ter material de calidade que puidese ser competitivo no mercado, a antiga empresa que a explotaba entrou en quebra por este
  • Á empresa actual non se lle coñece ningunha actividade relacionada coa explotación mineira, a súa actividade céntrase na xestión de
  • Exemplos do acontecido noutros vertedoiros como o de Miramontes, na Grixoa, onde comezaron solicitando verter só inertes e remataron con todo tipo de residuos, aumenta a desconfianza da poboación.
  • Nada fai pensar que a empresa cumprirá sequera o seu propio proxecto, logo de denunciada en distintas ocasións e mesmo multada por actos contra o medio

 

Máis información en    http://casalongalimpa.gal e no facebook Casalonga Limpa de Residuos

 

Deja un comentario