SATURDAY 23 FEBRUARY 2019

Archivos por Etiqueta: Pensións

Os buitres voan sobre a Seguridade Social

Por Victoria Portas
Relacións Laborais e Experta en Seguridade Social. Comisión Legal COESPE/Modepen


Que si a Seguridade Social non é sostible, que si as pensións non se  poden subir por IPC, que si cada vez somos máis e máis maiores, que si non aportamos o necesario para cubrir todas as prestacións,… Pero si a Seguridade Social está tan mal e ingresa tan pouco, cómo a banca está como buitre no deserto esperando a súa recompensa, cómo a patronal apoia medidas, que teóricamente non lles inflúe?

 

Si alguén ten un gran interés de que nos creamos que o Sistema ten unha débeda, esa é a BANCA, ela sí que ten un gran interés no xogo, poderíamos decir que ten en xogo 123.584 millóns de euros en cotizacións sociais de traballadores e empresas que se ingresarán na Seguridade Social no exercicio 2019. Ese é o tesouro o que non queren renunciar e utilizarán toda a influencia política precisa para conseguir a súa meta.

Na Comisión Europea liderada pola dereita europea están levando a cabo o Regulamento do Producto Paneuropeo de Pensións, e en España  intentando impulsar dende dentro da mesa do Pacto de Toledo os famosos EPSV vascos ( dos que vos contarei outro día) e/ou os que todos coñecemos  como planes de pensións de empresa, (acordos empresariais ou sectoriais entre empresas e traballadores).

Os pláns de pensións de empresa, non son máis que un desconto na súa nómina mensual que se acumula nunha bolsa de aforro individual que pertenece a cada traballador. É decir, cuantías que a empresa restará do salario dos traballadores, xa enormemente mermado por culpa da Reforma Laboral do 2012,a cal non se poden negar pois será marcada según negociación colectiva e  introducirá en un Plan de Pensións  xestionado por unha entidade financeira que non ofrece  ningún tipo de garantía ao traballador/aforrador pero polo cal as empresas normalmente reciben a cambio algún tipo de bonificación fiscal, e moito mellor  canto máis aposten por plans privados de renda variable.

Incluso dase a paradoxa, de que a quebra de ditos productos produce a pérda total do aportado por parte do traballador  e pola contra o lucro, sin escrúpulo, de empresarios e banqueiros, como sucedeu co caso Maxwell, que en 1995 roubou 400 millóns de libras dos fondos de pensións financiados polas empresas das que era dono, é decir unha bancarrota empresarial lucrativa.

Casos que se ocultan pois non se quere dar unha solución ao sistema que non sexa a de beneficiar ao capitalismo, aos plans de pensións privados  en contra do sistema máis seguro que é o da Seguridade Social pública donde o Estado é garante de ditas prestacións.

Señores políticos, as pensións non son unha deuda, e por elo non xeneran intereses, non xeneran déficit, nin hai que devolvérlla a ninguén. As pensións e as prestacións nun Estado de Benestar Social son un DEREITO, e como tal Estado Social e democrático non vamos a faltar nunca ao art 25.1 da declaración universal de dereitos humáns  de (1948): “ Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado, ten así mesmo dereito aos seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viudez, vellez u outros casos de pérdida dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes a súa vontade “.

Recorden, que coas súas propias normas de xogo, vostedes o 27/09/2011, con nocturnidade e alevosía reformaron o que era irreformable, o artígo 135 da Constitución Española, onde priorizan vostedes a DÉBEDA a  cidadanía, pois ben, si as pensións son unha débeda están incumplindo o seu propio 135.3. “Los criterios para satisfacer su pago, gozara de prioridad absoluta “y estos criterios no podrán ser objeto de enmiendas o modificación…

Esta clase traballadora está orgullosa de seguir aportando cotizacions ao sistema de Seguridade Social como ente solidario, interxeneracional e público, que debe ser apoiado polos PXE en casos de necesidade e onde dunha vez por todas, o artígo que debe ser novamente redactado é o  artígo 50CE onde diga:

“Os poderes públicos garantizarán, mediante pensións públicas adecuadas e actualizadas anualmente como mínimo, conforme ao incremento do coste da vida, a suficiencia económica aos ciudadáns durante a terceira idade. Asimesmo, e con independencia das obligas familiares, promoverán o seu benestar mediante un sistema público de servicios sociais que atenderán os seus problemas específicos de saude, vivenda , cultura e ocio”.

AGORA SOMOS A CIDADANÍA OS QUE DECIDIMOS QUE FUTURO QUEREMOS, DEREITOS SOCIAIS OU PÉRDA DOS MESMOS.

O limiar da pobreza sitúase en Galiza a sete puntos por encima da media española (39.2%)

Victoria Portas
Portavoz de COESPE


Na Galiza, o Goberno da Xunta, liderado polo PP, sempre sostibo que é a única marca que garantizaría a sustentabilidade do sistema e, apoiándose en diferentes informes, o mesmo Goberno do PP xustificaron as reformas efectuadas no sistema público de pensións que se levaron a acabo nestes últimos oito anos, reformas que deron pasos cara o retroceso de cobertura no noso sistema. Se o analizamos dende os datos estadísticos, os números son de todo menos de sustentabilidade  ou suficiencia, e en ningún dos casos se fala do deterioro sufrido na vida dos nosos pensionistas presentes e futuros.

É verdade que o sistema de pensións é competencia exclusiva do Estado, polo que os resultados da súa administración en cada territorio non poden atribuirse os gobernos de turno das comunidades autónomas. Pero éstos sí son responsables das condicións demográficas, sociais, laborais e económicas sobre as que ese modelo se asenta, e das que en boa medida depende a súa sustentabilidade  futura.

O Estatuto de Galicia no seu  Título II, Artigo 33 dí:

  1. Corresponde a Comunidade Autónoma o desenrolo lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior.
  2. En materia de Seguridade Social corresponderá a Comunidade Autónoma o desenrolo lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado, salvo as normas que configuran no réximen económico da mesma.
  3. Corresponde tamén a Comunidade Autónoma a xestión do réximen económico da Seguridade Social en Galicia, sin perxuicio da Caixa Unica.
  4. Corresponderá tamén a Comunidade Autónoma a execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos.
  5. A Comunidade Autónoma poderá organizar e administrar a tales fins e dentro do seu territorio todolos servizos relacionados coas materias antes expresadas, e exercerá a tutela das institucións, entidades e fundacións en materia de Sanidade e Seguridade Social, reservándose o Estado a alta inspección conducente ao  cumplimento das funcións e competencias contidas  neste artigo.
  1. O artígo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia atribuie a Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.
  2. A Lei 13/2008, de 3 de diciembre, de servicios sociales de Galicia, en su artículo 18.1.c) incluye las prestaciones económicas orientadas a satisfacer necesidades pecuniarias en el catálogo de servicios sociales y el artículo 21.1 establece que son prestaciones económicas del sistema gallego de servicios sociales las aportaciones en dinero, de carácter periódico o de pago único, que tengan por finalidad, entre otras, paliar situaciones transitorias de necesidad.

Cómo, coas ferramentas lexislativas e xudiciais coas que contamos, se pode permitir tanto o Goberno Central como o Goberno da Xunta de Galiza que 3 millóns de galegos e galegas vivan por baixo do limiar da pobreza?

Atopámonos con que:

A falta dunha política de xeración de emprego na Galiza fai que soamente recuperáramos un 41% do emprego perdido durante a crise, o que se traduce en que se perdeu aproximadamente 48.000 cotizantes dende que goberna o PP, e o que se recuperou se fixo en moi malas condicións.

España ten uns 19 millóns de afiliado a Seguridade Social, o que correspondería a unha ratio cotizante/pensionistas de 2 por 1, na Galiza só pouco máis de un millón, polo que a ratio sitúase nun 1.28. Este descenso de ratio, que ven motivada polo noso inexistente mercado laboral, é a gran despoboación que está a sufrir Galiza, principalmente no medio rural cara a emigración interior e/ou exterior, o que sitúa a provincia de Ourense como a primeira onde o número de pensionistas e xubilados é superior a poboación activa, e en pouco tempo seguirá Lugo, que só é sostentada por concellos como Monforme.

Atopámonos cunha taxa de desemprego dun 14.71%, que aparentemente podería parecer interesante, pero que por desgraza non se da pola contratación ou polo paso de poboación desempregada a empregada, senón que dita modificación da taxa ven provocada por tres índices moi importantes neste intre na nosa sociedade como son o envellecemento, emigración e disminución da poboación demandante de emprego, esta última provocada polo desánimo na procura de emprego ou maioritariamente mulleres debido a ter que levar a cabo unha vida de coidados, polo que xa non poden seguir a competir en dito mercado laboral.

O ano 2017, case a cuarta parte da poboación galega estaba en risco de pobreza. O informe “Estado de la pobreza 2018″ en Galiza revela que quedan máis de 612.000 persoas en esta situación. Aínda que a cifra mellorou un pouco respecto a anos anteriores, dita melloría non chegou as mulleres: o 24,4% siguen en risco de pobreza e/ou exclusión social, fronte ao 20,7% dos homes. A tendencia a la feminización da pobreza en Galicia é especialmente palpable cos datos específicos de pobreza, con tasas 3,6 puntos máis elevadas para as mulleres que para os homes.

A crise non só azoutou a clase traballadora na Galiza, tamén o fixo en gran medida na nosa poboación máis vulnerable que é a xubilada e pensionista. O Goberno Central leva a cabo tanto no 2011 por parte do PSOE como no 2013 por parte do PP, sendas reformas en pensións que levaron a un descenso no poder adquisitivo dos xubilados dun 20% e un 15% respectivamente. Isto coa carencia dun mercado laboral galego estable e con salarios dignos, desembocaron na situación actual, onde máis de 310.000 pensionistas galegos están a ter ingresos por baixo do limiar da pobreza, considerándose vivir por baixo do limiar da pobreza os 8.200 euros anuais tal e como indican os Técnicos do Ministerio de Hacienda (Gestha).

Un de cada catro galegos é maior de 65 anos, aproximadamente unhas 761.075 persoas, cunha pensión media de 783 €/mes cunha fenda dun 15% por baixo da estatal, o 63% das persoas perceptoras dunha pensión o fan por unha cuantía inferior o Salario Mínimo Interprofesional situado nos 735.9 euros/ mes.

A media da viuvez atópase en 555,82 euros; a orfandade en 377,63 euros; e a favor de familiares en 483,89 euros e tendo en conta que Un de cada dez pensionistas percibe prestacións inferiores aos 300 euros o mes e que máis de 27.000 pensións nin alcanzan os 150 euros o mes.

Algo estase a facer mal por parte do noso Goberno da Xunta, cando no 2017, a masa salarial galega ingresou en cotizacións sociais 4.993 millóns de euros, e aboa en prestacións por cuantía de 7.565 millóns de euros producindo un déficit de máis de 2500 millóns € e o peor é que esa perda de ingreso sigue en aumento, según informes de execución presupuestaria da Seguridade Social en Galiza entre xaneiro e xuño do 2018 para o abono de prestacións ascendeu xa a 3.338 millóns mentres a recadación só vai en 1.730 millóns, o burato a metade de ano xa superou os 1.600 millóns €.

As galegas e os galegos precisamos un Goberno da Xunta de Galiza que se chame protector do noso Estado de Benestar e con él o piar fundamental do mesmo que é o noso sistema. Deberían enfocarnos sempre o Sistema de Seguridade Social dende a óptica de que as prestacións sociais que entran nos fogares da cidadanía contribúen a unha mellor distribución das rendas na sociedade, falamos que as mulleres, maioritariamente xestionamos a economía de 2.2 millóns de fogares.

Que o noso sistema é un ente distribuidor da riqueza entre a cidadanía e que con políticas sociais axeitadas poderíase quitar a diante millóns de persoas da marxinación e exclusión social.

Para todos e todas as que construídes este movemento

Por Victoria Portas

Neste mes de setembro a Coordinadora Estatal en Defensa das pensións públicas cumpría 3 anos. Si naquel xardín de Madrid me houberan dito que chegaríamos aquí, non mo creería.

Sí, leeron ben, a Coordinadora creouse nun xardín de Madrid , pola mañá acudimos todas a presentación dunha plataforma madrileña e alí xa todas as agrupacións participantes, soamente 8 plataformas e persoas a título individual comezamos a tecer a organización que hoxe temos no xardín.

Nese intre creámonos cunha Taboa reivindicativa de loitas, pois tíñamos claro que o que todas e todos buscábamos era a defensa dun sistema de Seguridade Social totalmente abandonado polos sindicatos mayoritarios e a liberdade de despilfarro dos gobernos de turno, pero sen creer que chegaríamos a estorbar tanto os poderes e cúpulas de este país.

Éste non é un grupo de velliños e velliñas que non teñen outra cousa que sair a rúa, non!, e de velliños nada!!, teñen unha enerxía envidiable, cunha perspectiva do que sucede máis clara que calquer outra xeración, saben o que lles costou ter o que temos, e mellor que ninguén saben o que pode suceder si deixamos que no lo rouben.

Cantas cousas levo aprendido deles, sínto que a falta dos meus , que tanto voto de menos os teño a todos e todas elas para animarme a seguir e loitar polo que considero que é xusto, de aquí naceron lazos de amizade, respeito e cariño, e aínda que o camiño pareza curto o que xa logramos é moito.

Creo nesta organización, que non aparenta paridade e non busca a igualdade porque flue de forma natural, porque creo na xente que loita o meu lado, non quero nomear a ninguén pois sei que deixaría a moitas e moitos atrás,  creo no seu fin, creo que somos o axente social único  que defende a Seguridade Social como piar fundamental da clase traballadora, ésta organización debe resistir no tempo, porque moita moitísima xente cree en nós, moita moitísima xente espera de nós o que se lle prohibiu por outros, o dereito a vivir dignamente.

A sabendas que estamos nunha loita de intereses creados, onde o noso enemigo non dubidará nunca incluso a insultarnos, a calumniarnos, a conspirar… para rompernos dende dentro e dende fora, eso tenos que facer moito mais fortes porqué eso significa que nos teñen respeito, que nos temen porque saben que ésta loita a podemos gañar.

A todas e todos que estades a poñer o voso graniño de millo neste proxecto, GRAZAS por estar a darnos a clase maxistral da nosa vida.

Si os libros de historia neste país fosen xustos, vós sairedes neles……FORZA E LONGO CAMIÑO NA VIDA

 

 “Gobierne quien Gobierne las pensiones se defienden”.

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas condena a represión sufrida polas pensionistas e xubiladas no Congreso dos Diputados.

Un gran número de pensionistas e xubiladas concentráronse este mércores para protestar contra o sistema de pensións. Entre os gritos de “somos xubilados, non terroristas“, os presentes avanzaron cara ao Congreso, onde houbo momentos de gran tensión coa Policía Nacional. Logo de organizar varias loitas cos manifestantes, que se amosaron pacíficos en todo momento, os axentes conseguiron deter a marcha a uns cen metros da entrada do Congreso dos Diputados.

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) condea a forza policial e represión sufrida polas pensionistas e xubiladas concentradas enfronte do Congreso dos Diputados.

Facer saber a éste Goberno, que o Colectivo de Pensionistas e Xubilados o único que exerce é o seu dereito a concentración tal e como é marcado por Lei, e sempre de forma pacífica, polo cal se solicita do Delegado de goberno de Madrid as responsabilidades e respostas pertinentes dos motivos que provocaron semellante actuación das Forzas do Orde ante cidadás maiores e pacíficos“, indican dende o movemento.

O colectivo quere chamar a atención do deterioro que está a sufrir o Sistema de Pensións por parte dos distintos gobernos e que deixará en total desprotección a clase traballadora senón se poñen a traballar nas Cortes. “A cidadanía deste país, estase a reunir para ser oída na súa demanda de protección do Sistema Público de Pensións, reclamando que se respete como un Dereito Fundamental que é, e que deixe de ser unha manipulación política electoralista“, suliñan dende MODEPEN.

O colectivo quixo tamén agradecer e recoñecer “a solidariedade por parte de algún diputados da Cámara poñéndose a carón dos concentrados. E advertir a aqueles outros do PP, PSOE, C’s, PDCat…. que ignoraron a actuación dos pensionistas nas portas das Cortes e que lle faltan o respeto as súas demandas dentro da propia Cámara e dentro da propia Comisión do Pacto de Toledo“.

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas apoiará o día 22 de Setembro a quen se achegue a Manifestación de Madrid en defensa das pensións públicas “seguiremos nas rúas de todas as cidades do territorio español o próximo día 1 de Outubro, pois por toda a forza policial que se empregue, loitaremos en defensa da recuperación dos nosos dereitos“, sentenzan dende o colectivo.

Ana Pontón e Jorquera convidan na Coruña a participar no Día da Patria baixo o lema “Sumar por Galiza”

A portavoz nacional, Ana Pontón, e o candidato á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, fixeron un chamamento á veciñanza da cidade herculina a participar masivamente na celebración do Día da Patria, que o BNG conmemora este ano baixo o lema Sumar por Galiza, precisamente como referencia expresa a unir a todas as persoas que confían no potencial do país para construír un futuro mellor.

“Desde A Coruña facemos un chamamento a participar nunha convocatoria aberta para sumar polo país, aberta a todos os galegos e as galegas que levan Galiza na cabeza e no corazón e que, igual que o  BNG, queren construír un futuro mellor, onde a nosa lingua e cultura podan desenvolverse con normalidade, con emprego digno,  salarios e pensións decentes. En definitiva, construír a Galiza coa que soñamos”, salientou Pontón nun acto de reparto de publicidade do Día da Patria na céntrica Praza de Lugo.

Pola súa parte, Jorquera puxo en valor a tradición galeguista e nacionalista da cidade. “Foi onde naceron as irmandades da fala, onde se fundou a Real academia galega, onde foi elixido Luís Peña Novo primeiro concelleiro nacionalista na historia do país, unha cidade que escolleu como primeiro alcalde da democracia ao nacionalista Domingos Merino, unha cidade de longa tradición galeguista, nacionalista, progresista e republicana e por iso convido a unha celebración masiva do Día da Patria”.

Pontón e Jorquera coincidiron en recalcar a necesidade de que Galiza conte con forzas políticas propias para defender os intereses dos e das galegas, ante uns partidos estatais que se alternan na discriminación a este país mudando o discurso segundo estean no goberno ou na oposición.

“Se algunha nación sen estado precisa un proxecto político propio esa é Galiza, porque padecemos máis as consecuencias do centralismo e padecemos máis ter forzas políticas que non miran pola xente deste país senón polos intereses que marcan as súas direccións a nivel estatal”, alegou Pontón, “e nestas semanas vemos como cambia o guión das forzas estatais en función de se están no goberno ou na oposición, sen preocuparse por unha Galiza que perde oportunidades pero que ten dereito a ganar”.

Por iso, o lema Sumando por Galiza expresa unha urxencia que, salienta Jorquera, “é máis necesario que nunca porque vemos as consecuencias de non ter unha representación propia no Congreso que inflúa na política de estado en beneficio do país,  combinado cun Goberno galego que estivo totalmente subordinado a Madrid”.

Por contra, o Bloque confía  na capacidade e potencial do país, “cun proxecto no que caben todas as persoas que, coma nós,  defenden que temos dereito a construír un futuro mellor desde nós”, proclamou Pontón, instado a esa mobilización masiva o 25X, que este ano cumpre o cincuenta aniversario desde que en 1968 o nacionalismo retomase a súa celebración.

Mobilización, celebración, reivindicación

“Participemos e mobilicémonos porque é importante sumar por este país nun día de celebración e de reivindicación de todas as loitas que están detrás do proxecto nacionalista: A reivindicación do dereito a ter un traballo, a que xuventude non se vexa obrigada a emigrar a que as mulleres vivamos en igualdade real sen ter que sufrir a violencia de xénero”, alegou a dirixente do Bloque.

Pontón concluíu proclamando que o 25X “é un día para unirnos en defensa de Galiza e para mostrar a nosa rebeldía na loita polo noso futuro como país e como pobo”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies