SATURDAY 23 FEBRUARY 2019

Archivos por Etiqueta: Mondariz

Ana Pontón: “Nas Municipais imos a por todas en Mondariz cun proxecto de futuro liderado por Barros”

“Queremos liderar o goberno local e traballar man a man coa veciñanza con honestidade e desde a humildade”, proclama o candidato á Alcaldía

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou na presentación de Xosé Emilio Barros como cabeza de lista do partido nacionalista á Alcaldía de Mondariz, nun acto no que pediu o apoio da veciñanza para o candidato nacionalista, que aspira a liderar o futuro goberno municipal a partir da cita electoral do 26 de maio.

“Quero pedirvos que confiedes no BNG e no noso candidato, Xosé Emilio Barros, porque é unha persoa capaz, conciliadora, porque leva Mondariz na cabeza e no corazón e ten un proxecto de futuro e a equipa necesaria para liderar a transformación que precisa este concello”, indicou a líder nacionalista.

Pontón apelou á capacidade demostrada do Bloque nos concellos nos que goberna para transformar en positivo e mellorar a vida das persoas. “Temos experiencia e bo facer nos gobernos municipais, estádelo vendo aquí na parroquia de Queimadelos, pero tamén o podedes comprobar nos concellos de Ponteareas, Tomiño, Pontevedra”, citou a modo de exemplo, “que teñen esa marca de calidade que representa o proxecto do BNG”.

Barros, indicou, “ten un proxecto pensado desde aquí e para a veciñanza deste concello, ademais da tranquilidade de saber que ao fronte do municipio vai haber persoas honestas, que dan o mellor de si mesmas e que teñen claro que a política é servizo público, que están en política para mellorar a vida das persoas”.

IMG-20190125-WA0037A dirixente do Bloque pediulle aos veciños e veciñas “que confíen” na candidatura que lidera Barros, “porque o BNG ten ideas e un proxecto sólido para este concello, e por iso imos a por todas nas eleccións do 26 de maio porque queremos liderar o concello de Mondariz en beneficio da súa veciñanza”, concluíu.

Pola súa parte, o candidato asegurou asumir o reto “coa maleta chea de ilusións e co orgullo de representar a un grupo de compañeiras e compañeiros que participamos na vida política desde o convencemento de que é o mellor xeito de poñer o noso grao de area para traballar por Mondariz”.

Barros fixo un agradecemento expreso a todas que o apoiaron, tamén desde a veciñanza, e puxo como aval para pedir o apoio de cara aos comicios locais “o traballo desenvolto ao longo de moitos anos”.

Ese aval que lle permite encarar as eleccións “coa expectativa de liderar o futuro goberno de Mondariz, cunha equipa de homes e mulleres dispostas a traballar man con man coa veciñanza desde a humildade, con honestidade, con coherencia, con criterio político e coas ideas claras, unha equipa que cree e defende un proxecto participativo, dialógante e integrador para Mondariz”, subliñou.

No acto de presentación tamén participou Anxos Carballo, vogal da parroquia de Queimadelos na que o BNG goberna desde 2007, e o rexedor de Ponteareas, Xosé Represas, ante un nutrido grupo de militantes e simpatizantes e veciñanza que acudiron á presentación na Biblioteca Municipal Xoán X. Pérez Labaca.

Un incendio en Mondariz arrasa 150 hectáreas en pon en perigo vivendas

Un incendio orixinado ás 18.17 horas con varios focos en Mondariz xa destruíu máis de 150 hectáreas de bosque e forzou o domingo pola tarde a Medio Rural a decretar o nivel dous de alerta pola proximidade do incendio cara ao núcleo de Barro, a parroquia de Gargamala.

Na madrugada, a Consellería do Medio Rural desactivou a situación 2 e permitiu aos veciños regresar aos seus fogares. O incendio xa está estabilizado, aínda que esta mañá medios aéreos y terrestres seguían traballando na zona.

A teniente-alcalde de Mondariz, Monica Peralba, dixo que ningunha propiedade chegou a arder e que, aínda que o incendio non está controlado, esperan que os equipos de extinción o fagan durante as próximas horas. En calquera caso. «Non hai perigo para as casas ou as persoas».

Encóntranse traballando oito axentes, 25 brigadas, 16 bombas, catro palas e un tractor polas montañas desta parroquia e Sabaxans. Dez helicópteros tamén traballaron nas tarefas de extinción ata que se retiraron debido á falta de visibilidade.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies