SUNDAY 24 MARCH 2019

Archivos por Etiqueta: MODEPEN

8 razóns para o 8 de marzo

  • As MULLERES PENSIONISTAS hoxe saímos á rúa porque a brecha de xénero ten cara de muller, sendo aínda máis cruel conforme envellecemos. Unha xornada para visibilizar o peso de todas as tarefas que asumimos, todas as decisións de consumo que adoptamos, para que toda a sociedade vexa que sucede se paramos as mulleres.
  • Estamos atravesadas por desigualdades e precariedades que nos sitúan en lugares moi diversos fronte ao Patriarcado e ao Sistema capitalista: o desemprego, as condicións do traballo asalariado, os coidados, o consumo, a formación, a procedencia, a clase, a idade, a orientación sexual, a identidade de xénero e as habilidades e as pensións.

  • Ao enumerar as causas desa brecha nas pensións, habemos de pararnos en primeiro lugar nos RECORTES en sanidade, servizos sociais, educación, e dependencia, pois se fan á conta do traballo e do tempo das mulleres. Teñamos a idade que teñamos, nós cubrimos todas as carencias do sistema porque non hai corresponsabilidade nin dos homes, nin do Estado nos TRABALLOS DE COIDADOS. Consecuencia: asumimos dobres e triplas xornadas de traballo, que provocan deterioración na nosa saúde e o noso tempo persoal. Teñamos a idade que teñamos.
  • As mulleres realizamos o TRABALLO DOMÉSTICO E DE COIDADOS aínda cando estamos xubiladas. Non nos xubilamos nunca. Un traballo que o sistema capitalista invisibiliza porque promove cidadás e cidadáns de primeira e de segunda. O que nos condena, polo feito de ser mulleres, a pobreza diaria e na xubilación.
  • PRECARIEDADE LABORAL é igual a pobreza. Presentamos traxectorias laborais máis curtas, bases de cotización máis baixas, traballos peor remunerados, e ademais, interrompémola nas idades asociadas coa maternidade e o coidado dos fillos, producíndose o que se denomina Brecha de Xénero. Toda esa desigualdade tamén condiciona os subsidios por desemprego e irremediablemente, a xubilación.
  • As TRABALLADORAS DO FOGAR non temos pensión de xubilación porque non gozamos da condición de traballadoras, tal e como se recolle no Estatuto dos Traballadores e na Constitución Española. O Estado transfire o TRABALLO DE COIDADOS duns fogares a outros en base a eixos de poder, entre eles o de xénero, etnia, clase e o lugar de procedencia. Sufrimos brecha de xénero no traballo e logo nas pensións.
  • A división sexual do traballo condénanos ao desemprego nun 19%, ademais, a traballos precarios, discriminación laboral; a unha BRECHA SALARIAL do 23%, que nos conduce a situacións de pobreza, con maior incidencia se somos maiores de 45 anos. Dita brecha obríganos a traballar “@gratuitamente” 54 días ao ano. Como consecuencia, as nosas pensións son máis baixas, polo que tamén neste tramo da nosa vida sufrimos pobreza e desigualdade polo feito de ser mulleres.
  • As MULLERES RURAIS ademais de ter que enfrontarnos á deterioración ambiental pola crise ecolóxica provocada polo capitalismo voraz, facémolo nun contexto patriarcal no que non se fai efectiva a titularidade compartida da terra. Realidades que presentan a mulleres sen xubilación.
  • Capítulo á parte merecen As PENSIÓNS. Na actualidade 1 millón de mulleres de máis de 65 anos carecen de pensión e viven das migallas das pensións dos seus maridos, que tamén son baixas. Tres de cada catro mulleres só poden acceder a unha pensión non contributiva. E as que acceden fano cunha contía do 36% menor que os homes.
  • Máis de 1,5 millóns de mulleres perciben pensións por baixo de 500 euros.
  • As pensións de viuvez. Na súa maioría son mulleres que reciben a metade da pensión do seu marido.
  • No sistema patriarcal as mulleres sufrimos VIOLENCIA económica, social, habitacional. Asistimos con rabia ao feito de que vivimos nun país que viola os DDHH en xeral.
  • Agravándose a situación se ademais es pobre, emigrante ou ambas as cousas (como é o caso das mulleres do amorodo de Huelva). Isto agrávase exponencialmente, chegado o momento da xubilación.
  • Nós, formamos parte dun proceso de transformación radical da sociedade, da economía, das relacións, da cultura. Isto pasa por facer menos complexas nosas sociedades, por acabar co patriarcado, que nos somete e co capitalismo, que se apropia dos recursos deste planeta e concéntraos nas mans de unhas e uns poucas e poucos, maioritariamente homes. Nós defendemos vidas dignas con acceso aos RECURSOS NECESARIOS como a enerxía, a auga ou os alimentos, máis aínda cando somos maiores.
  • Este movemento interxeracional que é a Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións e especificamente desde a Comisión da Muller, facemos nosas as reivindicacións do movemento feminista. Por iso, o día 8 saímos á rúa e secundamos a FOLGA DE EDUCACIÓN, CONSUMO E COIDADOS, como vía para impulsar o cambio real e efectivo en igualdade.

SEN NÓS O MUNDO PÁRASE

ORGANIZADAS, CAMBIAMOS O MUNDO

As mulleres de MODEPEN presentan o informe “A pobreza ten cara de muller”

As mulleres do Movemento Galego en Defensa das pensións públicas, pertencentes a  Coordinadora Estatal en Defensa del Sistema Público de Pensións (COESPE), dan a coñecer o Informe “A pobreza ten cara de muller”, informe-reivindicación que será presentado aos diferentes partidos políticos mediante o seu rexistro en diferentes institucións tanto locais, como autonómicas, como estatais.

Reinvindicamos que estando no século XXI, os recortes en sanidade, servizos sociais, educación, e dependencia que levan a cabo os diferentes gobernos, non poden seguir recaendo nas costas das mulleres.

As mulleres seguimos realizando as tarefas domésticas e senón os sustituimos pola contratación do servizo doméstico que tamén se leva a cabo por un 95% mulleres, e que como traballadoras se nos nega o recoñecemento do traballo no Estatuto dos Traballadores e na Constitucion Española, desoíndose así tamén o art    da OIT.

Levamos a  cabo as tarefas de coidados e de conciliación, facéndonos cargo de todas esas responsabilidades para cubrir as necesidades básicas da vida, renunciando a vidas laborais longas, a proxectos e desexos profesionais. Mudamos o noso ben polo ben dos que coidamos e criamos,  e logo eses gobernos que deberían recoñecer o noso traballo desenrolado, penalízanos castigándonos coas prestacións máis baixas do sistema, levándonos a unha precarización crecente.

Soamente podemos acceder a un mercado laboral  precarizado de contratos basura, temporalidade, xornadas parciais e mal pagados, a fenda salarial xa se sitúa nun 23% por igual traballo, traballando  “gratuitamente” 54 días ao ano .

Ésta situación non só nos repercute no presente senón que nos persigue o resto da nosa vida, se cotizamos pouco e mal , non temos dereitos a prestacións ( desemprego, subsidios) e si accedemos a eles son por cuantías de subsistencia, a medida que vamos madurando as prestacións de incapacidade e xubilación as que podemos acceder dinnos que teñen na actualidade unha fenda dun 35.97%.

Na actualidade  mais de 1.5 millóns de mulleres en España perciben pensións por baixo dos 500 euros, sendo Galiza a penúltima, pola cola, comunicade con maior pobreza feminina. Un millón de mulleres de máis de 65 anos carecen de pensión e viven das migaxas das pensións dos seus maridos. Tres de cada catro mulleres só poden acceder a unha pensión non contributiva. Aínda que vivimos unha media de 5 anos máis que os homes, o facemos en peores condicións de saude e con maiores posibilidades de acabar coma dependentes, pero imposibilitadas a hora de acceder a centros de maiores ou a medicamentos sanitarios gratuitos, levándonos así a vivir soas, sen atención e nuns niveis de pobreza moi considerables. BASTA XA

Esto tamén é desigualdade, esto tamén é violencia, esta é a VIOLENCIA ECONÓMICA que o sistema fai recaer sobre as mulleres.

Por elo todas as mulleres, pertencentes a Coordinadora Estatal en defensa das pensións, faremos oir a nosa voz éstos días ata o 8 de Marzo, informando en mesas informativas, charlas–debate, onde daremos a coñecer a situación que vivimos e as saídas que se deben levar a cabo, para que a incorporación da muller o mercado laboral sexa xusta e igualitaria, e que a vellez ou a invalidez non se convirtan nunha situación de precarización e pobreza.

É o Estado o que ten a responsabilidade de garantir o dereito para coidar, ser coidado e  autocuidarse a través de políticas específicas.

MODEPEN e COESPE continúan a loita por unhas pensións dignas

Comisións de Portavoces e Organización

As cousas seguen igual, só uns pequenos avances. As nosas mobilizacións cambiaron un Goberno, moveron cadeiras, sacaron diñeiro de onde nos contaban que non había, fixeron aparecer formas un pouco máis agradables na política, pero no fondo todo segue igual. Á parte dos pequenos avances conseguidos o pasado ano e este en torno ao Índice de Prezos ao Consumo, hai pouco que contar.

Aínda por riba, o Sr. Presidente do Goberno, que empezou facendo declaracións moi prometedoras aos medios, descólgase o 28 de decembro cunha sonora inocentada aos case 9 millóns de pensionistas en forma de Real Decreto, imos, como Rajoy no ano 2.012, coa conxelación de efectos retroactivos.

O Goberno apraza 6 meses máis a decisión definitiva da revalorización das pensións de acordo co Índice de Prezos ao Consumo, máis coñecido polas súas siglas “IPC” ou “Custo da Vida” e parece ser que xa está prevista a negociación cos chamados “Axentes Sociais” para que esa subida non sexa de acordo co IPC, senón tendo en conta varios factores; o crecemento económico, os ingresos e gastos da Seguridade Social e o crecemento dos salarios. Dito doutro xeito, se non o remediamos na rúa, podémonos esquecer da revalorización por Lei da pensión co IPC Real O máis probable
será que as pensións empecen a perder poder adquisitivo a partir do ano próximo e mesmo volver á insultante subida do 0,25 do Goberno do PP e a aplicar o factor de empobrecemento, mal chamado de sustentabilidade, polo que se baixan as pensións por vivir máis tempo.

A outra inocentada deste decreto, a pensión mínima para persoas menores de 60 anos por incapacidade permanente total, foi modificada para non estar vinculadas ao salario mínimo que subiu un 22%, dependendo só do arbitrio do goberno e dos seus Orzamentos. Grazas á presión constante na rúa, grupos políticos do Congreso conseguiron tirar esta primeira decisión e agora, ao validarse o Decreto Lei, estas pensións subirán un 22% en 2019. Pero só hai garantía para este ano.

E, para rematar a inocentada, esquécese da promesa de equiparar o sistema especial de Empregadas de Fogar ao Réxime Xeral da Seguridade Social. Un compromiso que foi “torpedeado”, de forma continuada, polo PP desde o 2012, porque o pasado decembro finalizaba o período transitorio establecido para a devandita equiparación e agora, o Goberno do PSOE permite a emenda do PP: que a demora chegue ata o 2024.

Se as mulleres desexamos avanzar na equiparación de dereitos laborais e de seguridade social e proceder á ratificación do Convenio 189 da Organización Internacional do Traballo sobre traballo decente para traballadoras e traballadores domésticos, demandamos a derrogación nos Orzamentos Xerais do Estado, da moratoria o PP.

 

IMOS A QUEDAR QUIETOS?

Pois non Sr. D. Pedro Sánchez. Saiba vostede, por se non llo dixo ninguén, que España estivo crecendo o últimos dez anos de “crise ficticia” entre un 2,5 e un 3% de Produto Interior Bruto, ou sexa, a riqueza de todo o país, o que equivale a un incremento de 35.000 millóns de euros por ano. Saiba que España gasta en pensións un 11% do Produto Interior Bruto, mentres Francia gasta un 13,5% e Italia un 14,00%. Saiba que temos unha diferenza de menos por ingresos fiscais coa media da Unión Europea do 6% do Produto Interior Bruto, o que equivale a uns 80.000 millóns de euros menos de recadación. Saiba que o gasto social en España está 7% por baixo da media da Unión Europea. Saiba tamén que a evasión fiscal española leva acumulados en paraísos fiscais a friorenta de 457.000 millóns de euros, e a fraude fiscal rolda uns 90.000 millóns recoñecido polo propio Goberno. Iso por non mencionar a amnistía fiscal, as axudas á banca, ás autoestradas, as eléctricas ou o Castor, ou por non falar da enxeñería financeira de bancos e empresas do IBEX35 para eludir impostos, ou a corrupción que campou, e campa ao longo e ancho do país.

Saiba Sr. Presidente, que non abandonaremos a rúa mentres non nos ofrezan solucións. A primeira das cales ha de ser que a Pensión Mínima suba na mesma proporción que o Salario Mínimo Interprofesional. Pedímoslle valentía para realizar políticas sociais de verdade, non declaracións baleiras de contido aos medios de comunicación. Atrévase a  elevar a pensión mínima o 22% que subiron o salario mínimo, que as dúas cousas, pensión mínima e salario mínimo vaian xuntas. Se realmente quere vostede avanzar na boa dirección, habemos de chegar aos 1.084 € de mínimo vital que fixa a Carta Social Europea, para as pensións mínimas e non retributivas e para o salario mínimo interprofesional.

Por último, saiba Sr. Presidente que esta Coordinadora non abandonará a rúa ata que se nos admita como interlocutores sociais e podamos negociar unha reforma do Sistema Público de Pensións para o futuro. Un debate aberto a toda a sociedade. Porque demostramos que só as mobilizacións producen avances sociais, seguiremos:

INSISTIR PERSISTIR RESISTIR, NUNCA DESISTIR.

GOBERNE QUEN GOBERNE As PENSIÓNS DEFÉNDENSE.

 

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas condena a represión sufrida polas pensionistas e xubiladas no Congreso dos Diputados.

Un gran número de pensionistas e xubiladas concentráronse este mércores para protestar contra o sistema de pensións. Entre os gritos de “somos xubilados, non terroristas“, os presentes avanzaron cara ao Congreso, onde houbo momentos de gran tensión coa Policía Nacional. Logo de organizar varias loitas cos manifestantes, que se amosaron pacíficos en todo momento, os axentes conseguiron deter a marcha a uns cen metros da entrada do Congreso dos Diputados.

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) condea a forza policial e represión sufrida polas pensionistas e xubiladas concentradas enfronte do Congreso dos Diputados.

Facer saber a éste Goberno, que o Colectivo de Pensionistas e Xubilados o único que exerce é o seu dereito a concentración tal e como é marcado por Lei, e sempre de forma pacífica, polo cal se solicita do Delegado de goberno de Madrid as responsabilidades e respostas pertinentes dos motivos que provocaron semellante actuación das Forzas do Orde ante cidadás maiores e pacíficos“, indican dende o movemento.

O colectivo quere chamar a atención do deterioro que está a sufrir o Sistema de Pensións por parte dos distintos gobernos e que deixará en total desprotección a clase traballadora senón se poñen a traballar nas Cortes. “A cidadanía deste país, estase a reunir para ser oída na súa demanda de protección do Sistema Público de Pensións, reclamando que se respete como un Dereito Fundamental que é, e que deixe de ser unha manipulación política electoralista“, suliñan dende MODEPEN.

O colectivo quixo tamén agradecer e recoñecer “a solidariedade por parte de algún diputados da Cámara poñéndose a carón dos concentrados. E advertir a aqueles outros do PP, PSOE, C’s, PDCat…. que ignoraron a actuación dos pensionistas nas portas das Cortes e que lle faltan o respeto as súas demandas dentro da propia Cámara e dentro da propia Comisión do Pacto de Toledo“.

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas apoiará o día 22 de Setembro a quen se achegue a Manifestación de Madrid en defensa das pensións públicas “seguiremos nas rúas de todas as cidades do territorio español o próximo día 1 de Outubro, pois por toda a forza policial que se empregue, loitaremos en defensa da recuperación dos nosos dereitos“, sentenzan dende o colectivo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies