SATURDAY 23 FEBRUARY 2019

Archivos por Etiqueta: Actualidade

O actual marco enerxético é unha estafa colectiva que urxe mudar para estabilizar o sector industrial

O Goberno da Xunta comparecerá no próximo pleno, a través do conselleiro de Industria, Francisco Conde, para explicar a posición do Executivo galego ante o anuncio de peche de ALCOA, tal e como solicitou o BNG que, nesa comparecencia, proporá unha posición de país para evitar o peche da factoría e preservar o 100% do emprego.

A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou un cambio no marco enerxético e considera inconcibible que Feixóo e as forzas políticas estatais neguen a tarifa eléctrica galega que permitiría as empresas ubicadas no país beneficiarse de ser Galiza unha potencia enerxética.

“É indignante que nun país excedentario de enerxía eléctrica podamos ver 400 postos de traballo en risco, mentres o Goberno da Xunta e os partidos estatais seguen vetando unha tarifa eléctrica propia que nós permitiría abaratar o prezo da electricidade e mentres e mantén sen cambios o actual marco eléctrico”, indicou Pontón.

A dirixente do Bloque considera urxente mudar o marco normativo dos sistema eléctrico. “É a maior estafa colectiva do século XXI e hai que facer un cambio que dea estabilidade ao noso sector industrial, conseguir que a produción de electricidade en Galiza serva para crear emprego e non para destruílo como pode suceder en ALCOA”, argumentou.

Original Article

CCOO apoia os paros indefinidos en GRI Towers Galicia

CCOO apoia os paros indefinidos convocados pola sección sindical desta organización, xunto a UGT e CIG, na empresa GRI Towers Galicia, situada no polígono da Uceira, no concello ourensán do Carballiño. Comisións lamenta que a dirección da compañía pretenda converter en papel mollado os dereitos e obrigas do convenio sectorial.

Mañá comezan os paros na empresa, dedicada á fabricación de compoñentes eólicos, como as torres

Mañá comezan os paros na empresa, dedicada á fabricación de compoñentes eólicos, como as torres

CCOO rexeita teimosía da empresa, negándose a chegar a acordos coa representación sindical canto ás condicións laborais e xornada de traballo. O sindicato insta a empresa a que cumpra co recollido no convenio e atenda as reivindicacións formuladas pola parte social.

Mentres GRI Towers Galicia non rectifique, CCOO, xunto a UGT e CIG, convocan paros indefinidos, comezando mañá venres, día 19 de outubro. Os paros terán lugar de 11:30 a 12:30 horas para a quenda de mañá, de 20:30 a 21:30 horas para a tarde e de 04:30 a 05:30 para a noite.

O BNG acada un acordo para que a flota do xeito acceda a axudas ante a prohibición da pesca de sardiña

A través da súa deputada e portavoz de pesca, Montse Prado, o BNG acadou hoxe un acordo no Parlamento galego para abrir unha liña de axudas destinadas á flota do xeito ante a prohibición da pesca da sardiña.

O punto aprobado por unanimidade ía acompañado de dúas reclamacións que foron desestimadas polo Partido popular referidas a excluír a arte do xeito e do racú da prohibición de poder pescar sardiña e exercer as competencias exclusivas contempladas no artigo 27.15 do Estatuto de Autonomía sobre “a pesca nas rías e demais augas interiores” e polo tanto, blindar á pesca artesanal contra os TACs e cotas impostas desde a Unión Europea e o Goberno de Madrid.

Na defensa da iniciativa, Prado manifestou que a pesca de baixura “sóbralle ao Partido popular e tamén ao goberno de Madrid” e ningún dos dous gobernos, dixo, “ fan o que lles corresponde” porque o que buscan é “a desaparición dun sector estratéxico para moitas vilas e persoas do noso país”.

Ao BNG e ao sector, engadiu resúltalles “inconcibible” que o propio sector presente un recurso contra a decisión que impide a 236 embarcacións traballar ao xeito baixo a xustificación de que nos últimos anos non o fixeron. Prado explicou que a razón para non desenvolver esa actividade foi a falta de recurso e cota. Para a deputada, dende Madrid “sacáronse da manga” unha medida que non foi aplicada a outras pesquerias.

A prohibición repercute gravemente ás embarcacións xeiteiras que teñen no seu Permex esta arte e que no conxunto do país son, aproximadamente 427 ás que hai que sumar unha ducia de racús localizadas principalmente en portos das rias baixas: Rianxo, Cambados, Illa de Arousa e Redondela.

A deputada tamén criticou “o desleixo” do Goberno galego co sector co que non mantivo ningunha xuntanza para apoiar as súas reivindicacións dende todo punto de vista, dixo, “xustas” e ante un “atropelo” que non se debe permitir.

A nacionalista explicou que a cifra de quilos capturada polo xeito durante un ano é a mesma que a doutra especie capturada nun día por outras artes polo que pediu ao Goberno galego estar “ao lado dun sector que reclama unhas rendas dignas e poder comer do seu traballo”.

Montse Prado agradeceu o apoio das forzas políticas ao punto da iniciativa nacionalista votado favorablemente e gardamos, dixo, que este compromiso sexa real para que o sector poda acceder ás axudas

Original Article

O BNG pide eximir aos concellos das taxas por actividades realizadas nos espazos de dominio público portuario

A deputada do BNG, Montse Prado defendeu hoxe unha proposición non de lei destinada a eximir do pago das taxas a concellos e entidades sen ánimo de lucro pola realización de actividades no denominado dominio publico portuario.

Para a parlamentaria, a actual lei é “privatizadora” e cun principal obxectivo, “o negocio” en troques da cooperación e beneficio público. En Galiza existen 122 infraestruturas portuarias que dependen do Goberno galego e só portos como o de Vigo, Marín, Vilagarcía de Arousa ,Coruña, Ferrol e San Cibrao, son de Interese xeral. Todos estes portos están inxeridos en vilas con grande tradición e conexión co lugar. Neste sentido, explicou que a Lei de Portos blindou espazos e privatizou zonas de costas aos concellos e os seus habitantes.

O Partido popular non atendeu ás emendas presentadas polo BNG para corrixir esta situación e restituír a relación fluída entre concellos e entidades portuarias evitando “a barra libre” que propiciou a construción de hoteis e actividades alleas a actividade portuaria. A lei, recalcou Prado, “impulsou o negocio, fronte á actividade propia dos portos” relegando mesmo ao último posto a actividade pesqueira.

A nacionalista insistiu no afán de “facer caixa” das autoridades portuarias a contra dos concellos cobrando taxas pola utilización de espazos baixo a tutela de Portos de Galiza e lembrou novamente que o Partido popular impediu as emendas do BNG destinadas a resolver esta cuestión. Hoxe, dixo, imos de novo nesa liña e defendemos eximir aos concellos e entidades sen ánimo de lucro do pago de taxas por utilizar espazos públicos de dominio portuario. Espazos inxeridos na trama urbana e sen uso portuario como as alamedas de Cambados e Cangas ou os propios concello do Grove ou Rianxo que asumen o mantemento deses espazos. Os mercadillos, festas, paseos e actividades deben pagar altas cantidades que oscilan entre o 3.000 e máis de 100.000 euros a Portos de Galiza dentro dunha economía municipal moi mermada.

Trala intervención do portavoz do Partido popular, Alberto Pazos Couñago que anunciou o voto en contra á proposta nacionalista, a deputada anunciou que proximamente o BNG defenderá no Parlamento galego unha proposición de Lei para modificar a actual lei de portos e corrixir “a sangría económica aos concellos” por parte de Portos de Galiza.

Original Article

En Marea consegue que Portos de Galicia estea obrigado a facer públicos os datos das súa actividade

A Xunta e Portos de Galicia deberán facer públicos os datos de xestión e actividade desta última institución trala aprobación da iniciativa de En Marea defendida no Parlamento de Galicia pola deputada Julia Torregrosa. A iniciativa aprobada no Parlamento de Galicia obrigará a Portos de Galicia a “facer pública toda a información dispoñible sobre a xestión da institución” e que toda esta i”nformación se atope ao servizo da cidadanía e conte cun acceso fácil e rápido”.

En segundo lugar, a aprobación desta iniciativa obrigará a Portos de Galicia a publicar “todos os informes de xestión que non están pendurados na súa páxina web coa maior brevidade”. Deste xeito, En Marea quere acabar coa falta de transparencia nunha institución clave para o desenvolvimento dos portos de todo o país e que non ofrece á cidadanía nin aos usuarios destas instalacións portuarias a información derivada da súa xestión. Unha información que, segundo Julia Torregrosa, é chave “para que a cidadanía coñeza cal é o traballo das súas institucións”. Tamén explicou a deputada de En Marea que danse casos de datos sobre a xestión de Portos que non teñen ningunha posibilidade de consulta por parte da cidadanía “Os datos sobre a xestion de Portos de Galicia repítense dun a outro medio de comunicación sen que ningún xornal dixital permita enlazar directamente co Informe, algo que tampouco permite a propia páxina de Portos de Galicia, que non os ten actualizados dende 2013”.

O terceiro punto aprobado na proposta de En Marea é  “garantir que todas as institucións públicas de Galicia manteñan un alto nivel de transparencia, permitindo a rendición de contas”. Neste sentido, explicou Torregrosa no Parlamento que “só na medida na que as institucións traballen de forma transparente e permitan facer un seguimento das súas actuacións, poderemos criticar, debater e discrepar sobre as accións a levar a cabo. Isto cobra importancia no relativo ao Informe de Xestión de Portos”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies