Santiago de Compostela | Delta Cargo abandona el aeropuerto de Lavacolla a finais de mes

Compromiso por ve con sorpresa o anuncio de de abandonar a concesión da terminal de carga do aeroporto a finais de mes. A formación galeguista non atopa explicación ao repentino abandono da concesión, máis tendo en conta que no exercicio de 2017 era a terceira do Estado en volume de quilos, só por detrás de
Victoria e Bilbao.

As administracións públicas non se poden quedar de brazos cruzados ante a perda de empregos directos e indirectos que afectan a máis de 50 empresas, 17 delas adicadas ao peixe e ao marisco.

Estas empresas ven con preocupación a posibilidade de que os seus clientes busquen outros provedores fóra de Galicia. “ non se pode permitir ter unhas instalacións de 2000 metros cadrados agonizando” sosteñen desde Compromiso, “máis cando están dotadas de todo o preciso para procesar mercadorías perigosas, productos fitosanitarios,
envío e recepción de produtos perecedoiros, animais vivos, correo ou repatriacións de restos humanos”.

Ante falta de datos de datos concretos sobre os empregos directos e indirectos, a agrupación galeguista demanda seguridade xurídica para o persoal traballador, que xa no 2011 foron subrrogados por Delta Cargo.

Deja un comentario