Protestas pola celebración dunha corrida de touros en Sarria (Lugo)

Decenas de persoas asistiron en () á protesta convocada en contra da celebración dunha corrida de , a única este ano que se celebra en fóra da cidade de Pontevedra, último bastión galego pro-touradas.

Preto de 150 participantes xuntaronse desde as catro a tarde na rúa Castelao, fronte ao lugar no que se instalou a praza de touros nunha leira privada.

A protesta estivo organizada pola asociación ‘Sarria sen Touradas’, que denunciou que xa se produciu un intento de celebrar unha corrida de touros na localidade en San Xoán, pero da que os seus promotores desistiron ante o “movemento veciñal”.

Dende a organización ‘Galicia, Mellor Sen Touradas’ denunciouse que “o circo taurino de Sarria evidenciou que non existe un apoio real ás corridas de touros na localidade, onde o PSOE se puxo de perfil para avalar, de forma implícita, unha actividade cruel“.

Deja un comentario