Presentación da publicación “Sinfonía para el Cambio: activismo frente al cambio climático”

lanza a publicación “Sinfonía para el Cambio: activismo fronte al cambio climático” na que participaron máis de 30 persoas narrando as súas experiencias persoais de loita contra o cambio climático. A presentación desta publicación enmárcase na semana de accións que Internacional leva a cabo entre 5 e o 13 de outubro para reivindicar xustiza climática e remarcar a importancia do informe especial do Panel Intergobernamental de Cambio Climático (IPCC).

Este novo informe do IPCC sairá á luz a principios da semana que vén e abarcará os posibles escenarios globais e rexionais das próximas décadas en relación ao nivel de ambición das políticas que os países poñan en marcha. Amigos da Terra entende este informe como unha chamada de advertencia dirixida aos gobernos de todo o planeta e a ocasión perfecta para esixir aos principais responsables do cambio climático que actúen con urxencia e baixo os principios da xustiza climática.

Fronte á inacción dos gobernos ante o quecemento, a publicación “Sinfonía para el Cambio” recolle modos de vida inspiradores e demostra que existe un movemento crecente de persoas que saben plantarlle cara ao cambio climático.

“Doíame pensar que a miña xeración puidese perder a produtividade das nosas terras por culpa das continuas secas, do incremento da erosión ou do aumento dos custos para producir […] Somos moitas as persoas dedicadas á agricultura nesta zona, as que entendemos que a produtividade ambiental, social e ecolóxica non ten por que estar rifada coa produtividade económica”, realata Alfonso Mozo Guzman de Murcia, unha das persoas que participan en Sinfonía para o cambio.

“Hoxe creo totalmente imprescindible que xente como eu esteamos aquí (…) A existencia de persoas vendendo os seus produtos sans e ecolóxicos é equiparable á sanidade ou a educación pública. Agora mesmo sento que é unha responsabilidade seguir aquí”, asegura Pura Seoane de .

A lectura deste documento tamén deixa entrever a importancia de esixir solucións efectivas desde o ámbito das políticas, con accións destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas e a da Terra.  Por iso, a organización ecoloxista reclama obxectivos ambiciosos e vinculantes en materia de  redución de emisións, implantación de enerxías renovables, medidas de  eficiencia e o aforro enerxético, desinversión en combustibles fósiles  e a aposta decidida por alternativas económicas locais desde os sectores agrarios e gandeiros até os industriais.

Xa se están sufrindo as consecuencias do cambio climático por todo o mundo, e son os países que menos contribuíron os que se están sufrindo as peores consecuencias. Por este motivo a organización ecoloxista segue visibilizando esta situación de inxustiza climática esixindo responsabilidades aos países máis industrializados, e animando ás persoas a formar parte un movemento crecente de defensores da Terra.

En Galicia a presentación levarase a cabo dentro da Mostra do Posible en Cangas o domingo 7 ás 13:00 na Alameda Central onde contaremos con algunhas das testemuñas da publicación como parte da Directiva dun pequeno Monte Veciñal do concello coruñés de Rois que están a levar a cabo un proxecto de porco celta para a posta en valor do monte e a loita contra os incendios.

Deja un comentario