Pontón a Feixóo: “Benvido sexa que agora o PP vote a lei de transferencia da AP9 redactada polo BNG”

Critica o “cutre” balance en materia de autogoberno: Dez anos, cero transferencias porque non confía nas capacidades de e actuou “como palmeiro da recentralización”

A portavoz nacional, Ana Pontón, ve positivo que o PP, -agora que está na oposición e aínda que sexa por electoralismo-, vaia apoiar a  da AP9 redactada e impulsada polo no debate que terá lugar o vindeiro martes no Congreso, despois de pasar anos vetando a xestión galega desta infraestrutura tanto desde o Goberno de Raxoi como na propia Cámara baixa.

“Quen impediu a transferencia da AP9 foi o PP porque xa votaron en contra da transferencia en 2015 no Congreso e se agora, grazas a unha moción de censura que os desaloxou do Goberno co apoio do nacionalismo, levantan o veto e votan a favor dunha Lei redactada polo BNG, benvido sexa”, salientou Pontón, “esa lei non a redactou nin vostede nin o PP, redactouna o BNG”, recalcou.

A dirixente nacionalista utilizou a sesión de control para denunciar o “paupérrimo” balance de Feixóo en materia de autogoberno, pois tras unha década en Monte Pío foi incapaz de conseguir nin unha soa transferencia para Galiza e, por contra, abrazou a estratexia recentralizadora do PP. “Dez anos, cero competencias, ese o seu récord”, ironizou, tras definir ao presidente da Xunta como “palmeiro” do centralismo.

“Lonxe de avanzar, con vostede retrocedemos porque o seu balanzo en autogoberno é tan cutre que nos fixo perder peso político e perder oportunidades para mellorar a vida das persoas, é tan cutre que nin sequera conseguiu que o PP permitira o debate da transferencia da AP9, só logrou o veto e que subiran máis as peaxes”, denuncio.

De feito, Pontón responsabilizou ao presidente do PPdeG de ser o responsable “do maior ataque ao autogoberno” de Galiza nos últimos anos, “aplaudindo” as leis recentralizadores aprobadas en Madrid e permitindo a desaparición dunha ferramenta tan importante como a sistema financeiro galego, “co seu silencio cómplice”. “É o Estado quen decide canto podemos gastar, quen decide cantos profesores e médicas podemos contratar, quen decide que impostos pagamos e fai un reparto inxusto quitándonos recursos que necesitamos para servizos públicos”, argumentou Pontón para denunciar o peso “abafante” da recentralización.

A dirixente do Bloque instou a Feixóo a “descolgarse” da ofensiva recentralizadora do presidente do PP, Pablo Casado: “Deixe  claro que  o profesorado vai seleccionarse aquí, non en Madrid,  e que coñecerá o idioma deste país”, ademais de propoñerlle a defensa dunha axenda galega para reclamar un paquete mínimo de competencias, entre as que citou tráfico,  trens, portos e aeroportos, bolsa de estudos e un marco galego de relacións laborais para poñer fin á precariedade.

Fronte a esa falta de ambición de Feixóo,  Pontón salientou que o BNG si confía no potencial deste país, definiu  Galiza como nación e deixou claro que o actual marco constitucional está superado.

“Se necesita o apoio do BNG para exercer como presidente da Xunta e reclamar para Galiza o que lle corresponde vaino ter, todo o apoio do BNG, a ver se agora que non gobernan en Madrid espertan do seu soño. O que defende o BNG é que Galiza é unha nación con dereito a decidir o seu futuro e que ningunha decisión adoptada fai corenta anos pode privarnos dese dereito”, recalcou.

Pontón replicou a Feixóo que o único xiro político foi o do PP coa súa aproximación á extrema dereita, “acercándose a un partido racista, xenófobo, homófobo, machista e antigalego, ese é o xiro do PP”, concluíu.

Deja un comentario