No pleno deste mércores, o conselleiro de Cultura Román Rodríguez despreciou o informe de ICOMOS, organismo asesor da UNESCO, no que lle advirte á de Galicia que de ir adiante a , o camiño francés perdería o recoñecemento de patrimonio da humanidade. Este organismo internacional levou a cabo un estudo técnico no que demostra os múltiples impactos deste megaproxecto mineiro no camiño de Santiago. Neste informe fálase de impactos visuais, sonoros, perda dos valores identitarios que lle valeron a súa inclusión na lista de bens patrimonio da humanidade, e mesmo da destrucción material do tramo histórico Arzúa-Quión-Amenal.

O conselleiro envalentonouse alegando que as competencias sobre patrimonio pertencenlle á dirección xeral, e polo tanto é este organismo o que debe informar favorable ou desfavorablemente ó proxecto. O que se lle escapa ó conselleiro é que a administración galega non ten competencia nin poder de decisión algún sobre a posible exclusión do camiño como patrimonio mundial.

A asociación Aldea Viva alerta de que ás portas do Xacobeo 2021 non parece responsable poñer en risco un negocio millonario e que contribúe ó desenvolvemento do rural, para favorecer os intereses dunha multinacional estranxeira.