Daniel Seixo


Hai punhais nos sorrisos dos homes; canto máis próximos son, máis sanguentos.

William Shakespeare


A hexemonía móvese na tensión entre o núcleo irradiador e a sedución dos sectores aliados laterais. Afirmación – apertura.

Iñigo Errejón


“Et o teu Brute?, entón caia César”

William Shakespeare


Moitos eran os que ata hai pouco, pensaban que a nova política que supostamente representaba Podemos, sabería aparcar as súas diferenzas tras aquel famoso e polémico congreso de Vistalegre II no que Pablo Igrexas derrotou sin tutelas, ni tu tías, ó desafío directo do errejosnismo.

Cá obtención dun 89% dos votos, o control da secretaría xeral e gran parte da dirección do partido, a vitoria de Pablo Iglesias parecía de xeito evidente esmagadora, pero ou ben por buenismo ou por puro pragmatismo, o renovado líder da formación morada decidiu deixar vivo ao inimigo. Confiou en que aínda podería rescatar a Iñigo Errejón como companheiro e como aliado, unha decisión que finalmente o tempo demostrou claramente equivocada.

Nin ese primeiro desafío interno, nin o frustrado golpe de estado de Carolina Bescansa ou as continuas punhaladas na prensa da contorna de Iñigo Errejón, pareceron lograr que Iglesias se decidise por dar un golpe de man para lograr parar ditos movementos, todo ata que finalmente o líder de Podemos viu transformada a capital do estado espanhol nun novo Desembarco del Rey para o seu partido.

O anuncio de Iñigo Errejón de renunciar á marca Podemos para sumarse a unha candidatura á Comunidade de Madrid, focalizada a través dunha alianza con Manuela Carmena, non só foi nas súas formas unha clara ruptura da disciplina de partido, senón supuxo no seu conxunto a clara escenificación do asasinato de Julio César por parte do errejonismo.

Cun partido electoralmente á deriva e un líder cada vez máis desgastado, a decisión do candidato designado por Podemos á Comunidade de Madrid de primar a marca Más Madrid por riba do nome do seu propio partido, supón sen ningunha dúbida unha clara acusación directa ante a militancia contra o rumbo tomado pola dirección de Pablo Iglesias.  Hoxe xa non parece existir espazo para a convivencia pacífica entre os dous grandes nomes de Podemos. A paz tensa deu paso definitivamente a unha guerra declarada na que os votantes do partido do cambio e o conxunto da esquerda parlamentaria do estado espanhol tenhen moito que perder e moi pouco que ganhar.

A nova política asume unha vez máis as cainistas disputas da política tradicional, cá excepción de que neste caso o errejonismo camufla a súa traizón nunha suposta chamada a superar a lóxica de partidos. Un chamamento que máis ben parece exhortar ós afiliados de Podemos a superar a ideoloxía ou o compromiso da militancia, para simplemente confiar nun líder ou unha marca oca, sen un claro proxecto alternativo que realmente xustifique unha ruptura como esta a escasos asaltos para o final dun combate de suma importancia para a cidadanía madrilenha.

Atopámonos ante unha traizón televisada, unha disputa entre amigos que levou á descomposición dun partido político tras continuadas rifas públicas no comedor universitario transformado hoxe no parlamento e unhas formas finais máis próximas ó capricho que ó que un podería esperar da alta política.

Pase o que pase de aquí ao enfrontamento final nas urnas, Iñigo Errejón deberá responsabilizarse do cisma aberto na “nova esquerda” madrilenha e no estado espanhol. Unha ferida que nunha primeira olhada non parece responder tanto a profundos debates ideolóxicos, senón ó mero electoralismo e a loita polo poder interno en Podemos.

Tras catro anos, un podería pensar en toda a rabia e ilusión malgastada nun proceso que remata cun Iñigo Errejón próximo, senón xa en caminho, ós postulados do PSOE e un Pablo Iglesias ata agora líder dun partido que ben poderia ser hoxe a Esquerda Unida de sempre. Resulta complicado atopar en todo este proceso un caminho de cara a un novo modelo de sociedade, un caminho de cara a un vitoria fronte ó avance da dereita máis reaccionaria dos últimos tempos. Unha vez máis, a división interna supón unha adicción para a esquerda.

Tan só o tempo aclarará as verdadeiras razóns do xóven Iñigo.