O concello de Touro inicia obras de canalización do Río Portapego sen autorización de Augas de Galicia, denuncia Aldea Viva

O concello de pretende canalizar un tramo do río Portapego, para o que solicitou autorización a , e cuxo expediente se atopa actualmente en período de información pública e en prazo de alegacións, que remata o vindeiro 28 de agosto.

Pero o concello de Touro, facendo caso omiso á lei de augas e para sorpresa da veciñanza, comezou este luns día 20 as obras no río Portapego sen a preceptiva autorización de Augas de  e faltando unha semana para rematar o período de alegacións ás obras.

As obras comezaron co tapado do leito augas arriba do tramo a canalizar para o que utilizaron material de escavación; isto provocou o rebordamento das augas polas rúas do núcleo urbano de Fonte Díaz, ao tempo que deixaron sen caudal o leito natural augas embaixo.

A asociación vén de poñer os feitos en coñecemento de Augas de Galicia instando a que actúe ao respecto e se repoña o caudal ao río.

Fai unha semana a asociación Aldea Viva deu a coñecer un informe de Augas de Galicia relativo ao expediente de autorización desta obra ao tempo que fixo público que presentarían alegacións ás obras, por entender consonte ao informe de Augas de Galicia, que os problemas no río Portapego son causados polas actuacións nos terreos da mina.

Este colectivo afirmaba que debe ser o propietario dos terreos mineiros, Explotaciones Gallegas, quen acometa na súa propiedade as actuacións necesarias para evitar a contaminación e os arrastres de materiais que entullan o Portapego; ao tempo que sosteñen que as obras pretendidas polo concello non solucionarán o problema.

Para Aldea Viva é un feito gravísimo que sexa a propia administración, local neste caso, quen incumpra as autorizacións previas, e como tal considera que o alcalde Ignacio Codesido (PP), ou en quen delegara, queda deslexitimado para o desempeño das funcións do seu cargo.

Deja un comentario