O BNG pide convocar todas as prazas vacantes no SERGAS e reforzar urxentemente o persoal dos PACs

A portavoz de sanidade de , trasladou as condolencias á e amigos do home falecido o pasado sábado no PAC do da Estrada cando o único facultativo  atendía outra urxencia fora do centro. A nacionalista pide que o conselleiro Almuíña compareza no Parlamento e asuma “a gravidade deste feito, produto dos recortes do na sanidade pública galega”.

Acompañada  de membros do colectivo de profesionais dos  PACs  da Guarda, e ,a parlamentaria afirmou que esta morte  “no é froito dunha casualidade, é o resultado dos recortes sanitarios do durante todos estes anos”. Nestes sentido instou ao titular da consellería, Jesús Vázquez Almuiña e os responsables do SERGAS a explicar no Parlamento o acontecido e asumir responsabilidades porque dende  hai meses, explicou, o persoal dos puntos de atención continuada trasladaron á administración a situación de precariedade pero o  “ fai caso omiso das propostas e reivindicacións dos profesionais que mellor coñecen  esta realidade ”.

Para a nacionalista, o Partido popular debe convencerse que non é posible facer máis con menos e a Xunta debe abordar, sen dilación, que existe un déficit de profesionais e recursos que repercuten moi negativamente nas persoas usuarias dos PACs. Os Centros de saúde  pechados polas tardes en período estival provocan  unha sobrecarga de nos puntos de atención continuada. Un , manifestou a deputada, realizado “grazas ao grande voluntarismo do persoal”

Os profesionais non son substituídos, non se cobren as prazas, non se realizaron reforzos e a Xunta segue afirmando que existe un déficit de profesionais, circunstancia que a nacionalista negou porque na sanidade privada, recalcou, “este déficit non  existe” e a maior parte dos profesionais proveñen da sanidade pública pero a privada oferta mellores condicións laborais.

Prado asegurou que hai solucións pero urxe coñecer o número de prazas reais dos profesionais do SERGAS para analizar as necesidades e dispositivos a cubrir. Nesta liña, “despois de saber cales son as prioridades é preciso convocar todas as prazas vacantes no SERGAS con  emprego de calidade e estable que remate coa actual precarización”. Por outro lado, engadiu,  hai que  aumentar as prazas de formación nas universidades, as prazas MIR e restituír todos os dereitos e recursos recortados polo Partido popular nestes anos.

O Partido popular debe amosar “vontade política” e mudar o rumbo e folla de ruta para non reincidir no deterioro sanitario. Prado e anunciou que o BNG seguirá “defendendo unha sanidade pública galega e sempre de  calidade”.

Incremento dos efectivos

Pola súa parte, Carlos Gabián , profesional sanitario no PAC de Tui explicou que os puntos de atención continuada foron creados para  atender as urxencias pero non para o resto de casos que deben ser atendidos nos Centros de Saúde, sen embargo o peche de centros de Saúde pola tarde en período estival  provoca a saturación nos PACs. Gabián pediu á administración que se sente cos profesionais e escoite as súas demandas para mellorar a asistencia sanitaria. Sentímonos  maltratados e pedimos a administración que reflexione porque as quendas de traballo nos PACs cada vez son maiores, non están dotados de persoal suficiente, temos problemas de conciliación e desgraciadamente, o acontecido  no PAC da Estrada pode repetirse.

Val Miñor, Ponteareas, Cambados, A Guarda son centros que precisan reforzo ao igual  que outros PACs de áreas con grande afluencia de  e celebración de festas no período do verán.

Deja un comentario