O BNG pide a Xunta que negocie co persoal do servizo 061 e non repita os mesmos erros que co 112

O trasladou todo o seu apoio aos 192 traballadores e traballadoras do servizo de urxencias que desde este 1 de agosto inician unha serie de paros e mobilizacións, ante a cerrazón da Xunta para negociar medidas que compensen o deterioro das súas condicións laborais. Un deterioro que ocasionará a decisión do Goberno galego de trasladar o servizo desde Santiago ao concello da Estrada.

Só en desprazamentos, os representantes do cadro de persoal que hoxe mantiveron un coa portavoz de Sanidade , explicaron que supón unha media de 14.000 quilómetros anuais cun custe mínimo de 3.000 euros, que sairían dos petos dos e das traballadoras, ademais do tempo de desprazamento que demandan sexa computado como tempo laboral, como se fai en moitas empresas.

Conciliación familiar, problemas de vivenda, traslados e busca de colexios son outras das cuestión que se verían afectadas.

“Reclamamos á Xunta que negocie cos e coas traballadoras, que abandone a súa prepotencia e que escoite as demandas xustas e razoables do cadro de persoal do 061, que non se enroque e que demostre que aprenderon algo non volvendo cometer os mesmo erros que cando se produciu o traslado do servizo que motivou unha folga de 83 días”, salientou Prado.

A deputada, quen avanzou que o Bloque presentará unha batería de iniciativas parlamentarias en relación a este asunto, insistiu en reclamar da Xunta e do Sergas “que non repitan a actitude mantida co servizo do 112”, ao tempo que lembrou que se trata dun servizo fundamental para a cidadanía como é o das urxencias sanitarias “e polo tanto da saúde e da vida das persoas”.

Neste sentido, Prado subliñou a “profesionalidade” dos traballadores e das traballadoras do servizo 061 que na comparecencia ante os medios de comunicación mandaron unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía, ao asegurar que a atención das urxencias e das emerxencias está garantida en tempo e forma, aínda que outros servizos que presta o 061 si se verán afectados.

A portavoz nacionalista de Sanidade criticou “a irresponsabilidade da Xunta e do SERGAS polo seu inmobilismo e a súa estratexia de dilación ante unha táboa de peticións xusta e razoable que ten non seu poder desde maio de 2017 sen que fixeran nada por atender as demandas do cadro de persoal. Son cuestións básicas que afectan a súa vida e que deben ser atendidas”, concluíu.

Deja un comentario