Multan con 30.000 euros á mineira de Touro por vertidos contaminantes a un aflúente do Ulla

A asociación xa viña advertindo que a empresa propietaria dos terreos mineiros, Explotaciones Gallegas S.L, e as autodenominadas “empresas de valorización” que operan nestes terreos, estaba a depositar toneladas de residuos  contaminantes que chegaban ós cursos fluviais.  Alertaban de que a antiga mina estaba a ser usada como un macrovertedoiro co risco que iso supón para o medio ambiente e a saúde pública.

recibiu esta semana a resolución do expediente sancionador, que finalmente ditou a culpabilidade de Explotaciones Gallegas e imposición dunha multa de 30.000 euros por vertido de augas residuais con alteración da calidade das augas do afluente do .

Augas de desmonta as alegacións de Explotaciones Gallegas.

Na resolución do expediente sancionador, o organismo público deixa claro que a excusa da recuperación paisaxística que alega a empresa non lle permite “realizar vertidos contaminantes ó dominio público”. Augas de Galicia concluíu, contrariamente ó que alegaba a mineira, que “as certidumes de Aldea Viva coinciden cos informes dos técnicos de Augas de Galicia”.
Así e todo, Aldea Viva bota en falta que non se impuxeran ao propietario medidas para evitación de novos vertidos.
A pesares de demostrarse os repetidos episodios de contaminación que está provocando esta compañía, os seus responsables optan por tirar balóns fora  a través do principio de autoridade, o cal consiste en non asumir a culpabilidade e tentar desmentir as evidencias científicas con informes partidarios do profesor Felipe Macías, quen presuntamente tería intereses económicos e familiares nas empresas denunciadas.

REVÉS AO PROXECTO DE REAPERTURA DA MINA

A mineira sancionada é a socia principal de Cobre San Rafael, a sociedade que pretende reabrir a explotación de cobre nestes terreos.
Os vertidos ao dominio público hidráulico son un dos principais riscos do proxecto de reapertura da mina, con danos causados que xa se padeceron no anterior período de explotación entre os anos 1973 e 1986, e dende o peche a actividade até a actualidade. A presente resolución, desenmascara en parte as xa cuestionadas actuacións nestes terreos durante os últimos trinta anos por parte da mineira.
Esta resolución é un revés á mineira na súa pretensión de reiniciar a extracción de cobre, que leva meses afanada en campañas de marketing e lavado de imaxe, segundo Aldea Viva.

Deja un comentario