Montse Prado pide a derrogación da reforma laboral

A portavoz parlamentaria de Política social e emprego, , defendeu na Cámara unha moción na que pediu ao Goberno da Xunta un informe detallado que xustifique porque deixou se executar nada menos que 1.000 millóns de euros en políticas activas de emprego, nunha situación de mercado laboral marcado polo incremento do paro, a precariedade e a emigración.

“Desde que Feixóo preside a Xunta hai 25.000 parados máis, 120.000 ocupados menos e 160.2000 mozos o mozas entre 16 e 34 anos foron expulsados do mercado de traballo, ao que se suma a sangría da emigración e a discriminación salarial ás  mulleres que soportan unha brecha superior aos 5.000 euros anuais”, argumentou Prado.

Por iso foi moi crítica coa “indolencia” amosada polo Executivo do PP “deixando sen executar 1.000 millóns de euros destinados a mellorar a vida das persoas con maior precariedade, unha cantidade obscena que demostra o desinterese do Goberno da Xunta, indolente ante a situación de emerxencia de moitos galegos e galegas”. “A corrupción,  aparte de meter a man na caixa, é usar o DOG en contra do ben común, como fai o Goberno galego ao non executar estes recursos”, argumenta.

O considera urxente reverter a situación de moitas persoas con dramas reais, e por iso presentou unha moción para que o Goberno galego poña en marcha medidas para reverter esta realidade, presentar no Parlamento un informe no que xustifique a non execución de mil millóns de euros entre 2009-2017, con graves consecuencias para as persoas que sofren a falta de emprego ou a precariedade.

A moción, que non recibiu o apoio do PP, incluía instar ao Goberno español a derrogar as contrarreformas laborais e o incremento inmediato do salario mínimo interprofesional ata acadar a contía do 60% do salario medio, tal como demanda a carta social europea.

“É o tempo de actuar, non é o momento de xestos, nin de anuncios, nin de golpes de efecto senón de derrogar as reformas laborais que nos trouxeron ata aquí”, indicou Prado, o Congreso debe ter a valentía de buscar unha maioría para botar por terra esa normativa porque un cambio de goberno debe traer acompasado un cambio de políticas e a clase traballadora non pode agardar máis”, salientou a deputada, quen tamén lembrou que a CIG é un sindicato representativa a nivel do Estado polo que agarda “que o PSOE non siga facendo o mesmo que fixo ata agora o PP”, concluíu.

Deja un comentario