Montse Padro critica a xestión da xunta da catástrofe de Paramos (Tui): “Dista moito de ser exemplar”

A deputada por , , criticou a xestión que a está a facer da de Paramos, en Tui,  cando non debería escatimar esforzos para conseguir que as persoas afectadas recuperen a normalidade canto antes e reciban tanto as axudas como a atención que precisan.

“Dista moito de ser exemplar”, espetou ao vicepresidente Alfonso Rueda, a quen acusou de “poñer o ventilador para difundir a idea de que todas as administracións son responsables e que teñen as mesmas competencias, nunha estratexia deliberada para agochar a súa falta de coa veciñanza de Paramos”.

O Goberno non está levando a cabo unha actuación “á altura” da gravidade da catástrofe, nin para que as persoas afectadas “poidan recuperar a normalidade das súas vidas canto antes”, salientou a deputada nacionalista. Prado denunciou que as axudas postas en marcha pola Xunta non cobren os danos causados, pero o votou en contra de aumentalas no de hoxe, “axudas que van quitando por capítulos para favorecer a súa estratexia de pero non as necesidades da veciñanza”.

Outra das cuestións que Prado denunciou na súa interpelación ao vicepresidente Rueda foi a negativa da Xunta a prestar atención psicolóxica ás persoas afectadas no centro de saúde de Tui, pese a que hai unha lista de 35 familias que solicitaron esta atención psicolóxica en proximidade. “Todo por unha falta de sensibilidade por parte da Xunta” e, por exemplo, “os nenos orfos só recibiron esta atención dous días”.

Despois da traxedia ocorrida coa explosión de material pirotécnico almacenado de xeito totalmente irregular, é preciso prestar á máxima atención ás persoas afectadas. A atención debe cubrir aspectos materiais, físicos, socias, mais tamén emocionais e psicolóxicos, salientou Prado.

O demandou da Xunta unha ampliación das axudas e mecanismos de simplificación das mesmas, porque a causa da explosión moitas familias non dispoñen da documentación que sería necesaria e, polo tanto,  propón que sexa a propia Xunta quen a recabe a través dos rexistros públicos. Igualmente, que asuma os labores de desentullo integral e unha rehabilitación completa da zona.

Deja un comentario