A comunidade universitaria do campus de Ourense foi chamada a participar no referendo sobre a . A pregunta era sinxela: “estás a favor de abolir a monarquía como forma de estado e instaurar unha que abra procesos constituíntes?As posibles respostas eran sí ou non.

As urnas abriron ás 09.00 horas, estando ubicada unha delas no Edificio de Ferro e outra no Xurídico-Empresarial, e pecharonse ás 20.00 h. A chamada á participación inclúe a toda a comunidade universitaria, tanto alumnado como persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos.

A resposta foi clara. No campus ourensán, depedente da Universidade de Vigo, votaron 713 persoas das que 647 pronunciáronse a favor da supresión da monarquía, un 90,74% mentres que soamente 63 o facían a favor de continuara o actual sistema (un 8,84%).

 

Gráfica por Pedro Manuel Carro Parafita

A participación foi, según o informe aportado polo encargado de procesamento de datos da organización, Pedro Manuel Carro Parafita, maioritariamente feminina. Un 52,7 % de mulleres votaron na facultade de dereito e un 63,9 % na de Sociais.

Gráfica por Pedro Manuel Carro Parafita

Carlos, un dos organizadores, indicou o ser preguntado polos resultados que “o importante foi a iniciativa. De novo volve a visualizarse que o estudantado ten opinión e pode ter moita forza se se mobiliza

A consulta tamén se realizou noutras 23 universidades públicas do estado. O resultado no resto das universidades galegas foi abrumador a favor da abolición da monarquía. Na Universidade de Santiago de Santiago de Compostela (USC) votaron máis de 3500 persoas. Houbo 3305 a favor da abolición da monarquía e soamente 261 en contra.

Na universidade da Coruña (UDC) o resultado foi moi similar. Participaron 2064 persoas das que votaron a favor de que desapareza a monarquía 1810. Un 87,69%. No campus de Ferrol, dependente da USC, as persoas votaron a favor da abolición da monarquía foron un 84,7%.