Luís Villares: “Temos un presidente autómata, completamente ausente da realidade política e social do noso país”

“Tivemos esta mañá unha intervención dun presidente autómata, dun robot, ausente completamente da realidade política e social do noso país”. Esta foi a valoración que fixo o voceiro de do discurso de Alberto Núñez Feijóo esta mañá no Debate do estado da Nación no que lamentou que non “fora capaz de falar nin dar unha soa proposta para arranxar os problemas de ”. “Un presidente que veu a contar a fábula dun país que non existe cun mal balance contable para evitar falar dos problemas da xente” afirmou Villares.

Fronte a isto, salientou a “realidade incómoda” que existe no noso país e que non se pode ocultar como son as catro persoas falecidas nos lumes do outono pasado pola incompetencia na xestión por parte Xunta de Galicia e temos unha persoa falecida o verán pasado polos recortes na sanidade. “Nada disto mereceu unha soa palabra para o noso presidente, unha soa desculpa, un so cariño, un so recoñecemento, porque temos un presidente sen corazón, sen cabeza, sen ideas, absolutamente ausente que tento tapar a súa incompetencia cun discurso plano” criticou Luís Villares.

Os problemas da cidadanía de Galicia na para o voceiro de En Marea son tres e ningún deles foi tratado na Cámara galega na sesión desta mañá. Así non se falou dos recortes na sanidade pública e que tanto preocupan á cidadanía, nin dos 1.200 profesores e profesoras menos no sistema educativo público do noso país, nin os problemas en servizos sociais. Pero tampouco falou doutro dos grandes problemas de Galicia como é a precariedade laboral que non mereceu por parte do presidente palabra algunha sen ofrecer nin unha soa proposta en materia de emprego.

A desigualdade entre homes e mulleres é para o voceiro de En Marea outro dos grandes problemas do país lamentando que o presidente da Xunta non aproveitase a ocasión para “desautorizar aos seus alcaldes machistas”. Unha falla de compromiso que quedou de manifesto ante a ausencia total de medidas en materia de igualdade e de loita contra a violencia de xénero. “Non houbo unha soa proposta nova, xa que o anuncio de poñer oficinas de atención as mulleres vítimas de violencia de xénero non é novidoso o que esqueceu dicir é que primeiro as puxeron, despois as quitaron e agora din que as queren recuperar” aclarou o voceiro de En Marea.

“Este é panorama que ocultou o presidente da Xunta de Galicia, esta é a falla de respostas aos problemas reais. Temos un presidente que non vive no noso país, non vive cos pés na terra, non vive apegado aos problemas da xente” asegurou Luís Villares. Fronte o isto, o grupo de En Marea presentará na súa intervención da tarde no Debate do estado da Nación denunciará estas carencias e proporá unha serie de “alternativas para que Galicia sexa un país mellor onde vivir”.

Deja un comentario