Lugonovo pregunta para cándo a posta en marcha dos itinerarios escolares seguros

quere saber cando entrarán en vigor os itinerarios escolares seguros, anunciados polo hai case un ano pero sen que, ata a data, se trasladara ningún avance máis sobre a súa posta en funcionamento.

“En setembro de 2017 o goberno asegurou que estaba xa na fase de recollida de suxestións nos centros de secundaria e infantil do municipio porque, na elaboración destes percorridos, terían en conta a opinión tanto de educadores e mestres como das Anpas, das asociacións veciñais e mesmo dos comerciantes e da políca local. Diso van xa 10 meses e nada transcendeu das conclusións deste estudo”, sinala Victoria Esteban Riesco.

A edil da formación lembra que Lugonovo alertara en marzo do ano pasado das circunstancias especialmente graves ás que, ao respecto, se enfronta diariamente o alumnado do Ceip de Albeiros para acudir ás clases.

“Cada xornada, máis dun cento dos seus estudantes, provintes de zonas como a Avenida da Coruña, Garabolos ou a Medusa, sofren unha odisea para chegar sans e salvos ao colexio. A maioría das estradas que poden empregar para desprazarse non dispoñen de beirarrúas, nin de suficientes pasos de cebra, nin de indicadores que os sinalicen e moito menos de iluminación axeitada. E pese a denuncialo e a acadar o respaldo da Corporación para mudar esta situación, segue sen dárselle solución”, lamenta Esteban Riesco.

A concelleira sinala que, con este, serán xa dous cursos os que pasen sen ter tomada ningunha medida para corrixir estas deficiencias, algo que, a xuízo de Lugonovo, debera ser prioritario. “Se agora que hai vacacións o executivo non aproveita para efectuar todos estes traballos, dá a entender que non ten vontade de acometelos”, sinala Victoria Esteban quen tamén insiste e instaurar o calmado de tráfico na zona de Montirón onde se concentran varias instalacións docentes.

Deja un comentario