Lugonovo alerta do abandono que presenta a zona dotacional de San Fiz

a calamitosa situación na que se atopa a área urbanizada de San Fiz, especialmente o tramo comprendido entre a Avenida de e a Escola de Artes.

“As imaxes falan por si mesmas. No canto de céspede, só hai toxos e malas herbas. A maleza domina a maior parte das parcelas nas que se dividiron os terreos e nin sequera se libran deste abandono as escaleiras que dan acceso ao parque infantil, onde a vexetación invade a metade do espazo reservado aos peóns”, advirte Cristina Pérez Herráiz.

A portavoz da formación lamenta que o Concello manteña as instalacións neste estado de descoido que tamén é notorio na illa de colectores soterrados ubicada preto do centro de formación. “Hai moitos residuos espallados polo chan o que denota que toda a contorna precisa de maiores coidados e, tamén, que o executivo non ten reparo ningún por dilapidar con esta falta de atención o investimento público que, no seu día, se fixo na zona”.

Pérez Herráiz insiste na necesidade de corrixir a mala imaxe que reflicte unha das principais entradas da cidade polo que insta ao equipo de goberno a limpar e adecentar o lugar debidamente “antes de que as dotacións se boten a perder de forma definitiva”, conclúe a voceira de Lugonovo.

Deja un comentario