Foi unha proposta da Comisión Europea lanzada no 2014 a que fixo tremer a un sector enteiro; o do , algo que creou moita preocupación en porque supuña a prohibición da arte tradicional. “É en xaneiro deste ano cando nos enteramos que a Comisión Europea non recoñece esta especificade, e coa prohibición de utilizar para os pequenos peláxicos unha dimensión da rede inferior a 50mm, o xeito quedaría prohibido” alerta o deputado da Coalición Son.

Jácome asegura que o comisario de pesca, a unha pregunta contestada á eurodeputada Lídia Senra eludiu responder á cuestión, “xa que en lugar de atallar o tema da dimensión da malla en si que é o que interesa, limitouse a falar da  lonxitude”. Dende Coalición Son lembran que o sector do xeito xa se mobilizou no 2015 e foi grazas a isto que a Comisión Europea finalmente renunciou ao veto.

Dende o grupo provincial engaden que estas redes soen usarse en barcos “de un ou dous tripulantes” sendo unha “arte da cal dependen en Galiza arredor dun milleiro de familias” onde “a protección do xeito é fundamental xa que moitas vilas mariñeiras e pobos costeiros dependen economicamente desta arte tradicional”.

Jácome apunta que “é de xustiza social que a Deputación de vote a favor dos acordos da moción” por ser o xeito “unha das nosas expresións tradicionais que parte da nosa cultura e identidade como pobo galego”.