Familias de Nicaragua melloran a produción de alimentos co método biointensivo

Os municipios de Totogalpa, San Lucas e Las Sabanas, ubicados no corredor seco de , afrontan serios problemas para asegurar a alimentación das familias rurais, debido á variabilidade climática, los riscos de seca e as malas prácticas ambientais.

Unhas 120 familias, de 31 comunidades, teñen maior acceso e dispoñibilidade de alimentos dende o 2017, a través dos hortos biointensivos que promoven e o Instituto de Promoción Humana de Somoto (INPRHU-Somoto) en Las Segovias.

O método de agricultura biointensiva é unha alternativa agroecolóxica que permite aumentar a diversidade, cantidade e calidade de alimentos, os cales proporcionan calorías e vitaminas para a dieta, así como cultivos de carbono que recuperan e fertilizan os solos.

Co proxecto as familias lograron diversificar a súa dieta alimenticia coa inclusión de máis de 10 novos cultivos, como a cebola, o tomate, chiltoma, camote, papa, pepino, yuca, xirasol, xamaica, canavalia, leituga ou frijol pisul.

Os pequenos productores e produtoras que implementan o método, foron apoiados con cercado perimetral, machetes, kits de xardinería, sachos, cintas métricas, forcas ou palas; ferramentas que facilitan a ampliación, mantemento e o manexo das hortas establecidas nunha área de 30 metros cadrados.

So o 36% dos hortos establecidos dispón de sistemas de rego por goteo, unha tecnoloxía que permite producir con pouca auga durante máis tempo e en máis ciclos produtivos; algo fundamental durante os periodos críticos de baixas precipitacións. É dicir, logran producir máis alimentos con menos auga.

Máis de 267 mil euros financiados pola Xunta de e a AECID están sendo destinados á mellora das condicións socioeconómicas de produtores/as e apicultores/as, implementando procesos de produción innovadores e ambientalmente eficientes. No que resta de ano, seguiremos traballando nos municipios de Mozonte, Santa María (Nueva Segovia), Somoto (Madriz), Limay e Estelí (Estelí).

Deja un comentario