Esquerda Unida considera que o discurso triunfalista de Feijóo dista moito da realidade que vive Galicia

A intervención de Alberto Núñez no Debate sobre o Estado da Nación que esta mañá tivo lugar no Parlamento galego deixa ver un Partido Popular absolutamente illado da realidade galega e que deixa fóra do debate os problemas serios das galegas e galegos que na súa maioría viven con salarios de miseria que non permiten afrontar o pagamento das hipotecas ou ter unha vida digna fronte as políticas de recortes e constantes privatizacións ás que nos ten acostumadas o Goberno do PP.

Nin unha soa palabra escoitamos no Debate da Nación para as mulleres e homes pensionistas do noso país, que levan un ano loitando pola revalorización das súas pensións na rúa, xa que en temos unhas das pensións máis baixas do Estado”, sinala a coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, . “Tampouco escoitamos nada sobre a realidade do noso país respecto a temas como o desemprego, que vén de aumentar un 1,5% máis que na media do Estado, ou da precariedade laboral, que obriga a emigrar ás mozas e mozos para buscar un futuro mellor”, apunta Solla.

Segundo a coordinadora nacional de Esquerda Unida, “o presidente non tivo propostas para os lumes que asolagan Galicia, para os traballadores de Seaga ou para o sector do mar, a pesar de que as mulleres sexan as principais afectadas por ter empregos precarios e están a loitar por ter convenios dignos”, contou.

Respecto á saúde, o Presidente de Galicia evitou falar dos recortes e das privatizacións dos últimos nove anos, así como a consecuente perda de dereitos laborais e do acceso á saúde das galegas e galegos.  “Feijóo minte sobre as cifras de persoal sanitario que di que se incrementa no servizo de saúde (onde só contamos ata 1.000 profesionais menos en Atención Primaria nos últimos anos) e tamén nas listas de agarda”, datos solicitados en reiteradas ocasións pola deputada de En Marea. Tampouco houbo palabras para o persoal de Povisa, empresa que vén de solicitar un preconcurso de acredores e agora intenta empregar aos traballadores e traballadoras para obter máis cartos públicos, pese a obter beneficios millonarios.

No discurso do presidente da de Galicia, problemas como a violencia de xénero ou a sinistralidade laboral, cifras das que seguimos a encabezar as listas do Estado, semellan non importar.

Respecto a mención do Presidente ao que podería ser “memoria histórica”, “a equidistancia mostrada por Feijóo entre as vítimas e os verdugos do franquismo fai que permaneza a impunidade que sofren as vítimas e as súas familias”, explicou Solla, que rematou esixindo a Feijóo que se pronunciara dunha vez sobre as palabras ambiguas de Casado, quen recoñecía que “tiña moitas coincidencias con Vox”.

Por último, dende Esquerda Unida indican que lamentan que o presidente da Xunta “en vez de facer autocrítica ou propor medidas reais para unha Galicia na que estamos a ver a preocupante cronificación do desemprego e da desigualdade social, o presidente falara dun lugar irreal“.

Deja un comentario