En Marea Touro convoca unha charla informativa para falar sobre as necesidades de Touro ante o novo plan de transporte

O vindeiro xoves 9 ás oito do serán terá lugar na casa da cultura de unha xuntaza aberta na que se abordará a necesidade dun proxecto de transporte metropolitano que cubra as necesidades da poboación existente ó mesmo tempo que axude a converter nun sitio atractivo para vivir.

Dende a marea critican que o actual rexedor do PP, Ignacio Codesido, non se interesase pola mellora da mobilidade nun momento clave como é o actual, xa que se está a negociar un novo modelo que entrará en vigor o vindeiro ano, o que segundo afirman é unha mostra clara do desgoberno que está a sufrir Touro e unha das principais causas polas que o municipio leva anos estancado.

Entre os ponentes estará Conchi García da plataforma TeoBus para relatar o éxito do proxecto que desenvolveron en Teo nos últimos anos,e tamén o deputado de e responsable de mobilidade no grupo parlamentar, Antón Sánchez.

Trabas para utilizar os espazos públicos

A agrupación local denuncia as múltiples trabas que pon o rexedor Ignacio Codesido para empregar os locais municipais por outras forzas políticas e colectivos veciñais críticas coa súa xestión. Ao non existir unha regulamentación para o uso dos espazos municipais é o alcalde o que elixe a dedo quen os vai a utilizar, un feito que xa propiciou un escrito por parte da marea de Touro na que se instaba ó goberno local a non utilizar a súa posición de poder para discriminar as veciñas, e que de perseguir nesa actitude actuarían en consecuencia. Demandan con urxencia a elaboración dun regulamento para o uso das intalacións do concello para evitar as evidentes irregularidades que se veñen cometendo dende fai anos.

Deja un comentario