En Marea reclama que a Xunta incremente as prazas e medios destinados ás residencias públicas para persoas maiores e dependentes

solicita un incremento dos medios que a de destina ás residencias para persoas e ; e reclama que o goberno galego deixe de lado os concertos e realice unha aposta decidida pola xestión directa. A formación leva este asunto ao Parlamento de despois de detectar un alarmante descenso do gasto e das prazas públicas xestionadas de xeito directo polo goberno galego; parello a un incremento dos incumprimentos en materia laboral, a sobrecarga de traballo e a merma da calidade do servizo.

En vista dos datos do informe de fiscalización sobre o sistema residencial para maiores e dependentes de Galicia que ven de publicar o Consello de Contas, En Marea ten dado forma a varias iniciativas que serán debatidas no Parlamento de Galicia. E coas que a formación pretende garantir a calidade do servizo que reciben os usuarios, así como as condicións laborais e a axeitada carga de traballo do persoal que traballa nas residencias galegas.

Actualmente existen en Galicia 230 centros residenciais para maiores; dos que unicamente 31 dependen da Xunta de Galicia. Ademais, tan só 19 dos incluídos nese último grupo son xestionados de xeito directo pola administración galega. Pola sua banda, os centros concertados eran 74 en 2016, dando lugar a un panorama no que a maioría das prazas residenciais para persoas dependentes do sistema están a ser xestionadas de xeito indirecto en centros propios da Xunta (1.262) ou son concertadas (3.412).

O que reclama En Marea, a través da deputada Paula Vázquez Verao, é unha aposta decidida da Xunta de Galicia pola xestión directa que poña freo aos problemas que se están a producir nas instalacións concertadas e nas non xestionadas pola administración. Incumprimentos e infraccións en materia de persoal relacionados co escaso número de traballadores ou a non diferenciación de categorías profesionais. Igualmente, téñense detectado deficiencias nos protocolos de funcionamento e falta de rigor nos rexistros, así como un uso inadecuado das instalacións; polo que a formación reclama tamén un maior celo e un incremento das inspeccións que a administración galega realiza meses centros.

En Marea tamén insta á Xunta a mellorar as ratios e as condicións do persoal das residencias da rede pública e a deixar sen efecto o artigo 19 do do Vº Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia relativo a descansos e libranzas. Un asunto que repercute directamente sobre a saúde laboral do persoal e sobre a calidade dos servizos públicos, dificulta a conciliación e incrementa os nieves de estrés e o risco de accidentes laborais.

O informe do Consello de Contas revela ademais un descenso do gasto público destinado ao persoal das residencias para maiores e dependentes. Ademais, o documento detalla que só se substitúen as baixas médicas cando son de media ou longa duración, que non se cubren, en xeral, os permisos, nin se substitúen integramente as vacacións.

En Marea lembra que Galicia conta neste momento coa maior porcentaxe de prazas residenciais privadas para maiores e dependentes do estado. Ademais, a rateo de prazas por persoas maiores de 65 anos é das máis baixas, e sitúase por debaixo das recomendación da Organización Mundial da Saúde ao situarse nun 3,07%, fronte ao 5% recomendado. A deputada Paula Vázquez Verao lembra ademais as desigualdades territoriais existentes no que a cobertura e acceso se refire; unha situación que obriga a moitos maiores e dependentes a afastarse dos seus lugares de residencia para poder acceder a estes servizos asistencias.

Na , en Galicia hai 67.864 persoas dependentes con dereito a prestación, un 16% en agarda. Ademais, os datos demográficos amosan unha elevada e crecente taxa de avellentamento poboacional, que leva parello o consecuente incremento da dependencia. Polo que En Marea reclama tamén unha axilización dos trámites de asignación de prazas que garanta un rápido acceso dos usuarios.

Nestes momentos os prazos de resolución exceden con moito o estipulado na normativa. O tempo medio de trámite ata ser recoñecido o dereito a unha praza en residencias de maiores é de 453,5 días, máis outros 154,82 ata o ingreso na mesma, resultando un tempo promedio de espera de 491,74 días.

Deja un comentario