En Marea presenta as demandas da ‘Axenda Galega do Cambio’ que trasladou ao Executivo

Este documento “reflexa o traballo que levamos ao Congreso. A materialización das demandas do conxunto da cidadanía galega a nival local, comarcal e o conxunto do país”, explicou o voceiro Antón Gómez-Reino.

“Levamos dous anos trasladando as demandas a un goberno conservador do PP que facía oidos xordos ás demandas da cidadanía galega. Agora abriuse un novo tempo político: o noso papel é esixir para que as demandas da cidadanía galega, de consenso no parlamento, cheguen ao Goberno do Estado e consigamos dar pasos adiante para mellorar a vida das galegas”, afirmou Gómez-Reino, destacando que “está facendo o que non fai a Xunta nin Feijóo” porque “somos a garantía para que as demandas da cidadanía galega cheguen ao Goberno”.

Pola súa banda, a deputada Alexandra Fernández destacou que En Marea estará atenta ao compromiso da chegada do AVE a pero “non compartimos a folla de ruta da AP-9” porque “a proposta da auditoriía non nos vale, supón retrasar a toma de decisión. Pedímoslle que audite a sociedade galega, é unha demanda maioriataria da cidadanía galega”.

“Queremos que cando se discuta a PL da AP-9 no Congreso,  o PSOE tome a decisión de votar o mesmo que votou en Galicia. Pedimos coherencia”, explicou Fernández, destacando outros temas como a “vertebración interna do país, cohesión interna, que o ferrocarril vertebre o país, desenrolo do Eixo Atlántico, conexión con Portugal, reforzo da media distancia zonas metropolitanas de Vigo e Coruña”.

A deputada Yolanda Díaz mostrou a súa solidaridade coas traballadoras do mar “que se están mobilizando en defensa de dereitos laborais dignos”.

Díaz destacou que “Galicia ten que estar ao mesmo nivel que Catalunya e Euskadi” e para iso incidiu na transferencia da AP-9 e da A-53.

“Hai que defender Galicia de forma transversal. É inaudito que estemos sufrindo o acoso das grandes eléctricas. Pedimos medidas para intervir nos prezos da factura da electricidade. Medidas claras que teñen que ver coa enerxía como sector estratéxico, ademais da recuperación das centrais hidroeléctricas”, explicou a deputada, lembrando a importancia das medidas en materias industriais xa que agora “non hai excusas porque temos un ministerio de Industria”.

A deputada Ángela Rodríguez – Pam defendeu “dúas cuestións fundamentais: no que ten que ver coas políticas públicas feministas e as politicas verdes e sostibles”.

Respecto das políticas feministas, a deputada destacou “o gran avance co Pacto de Estado contra as violencias machistas” pero lembrou que “aínda non temos financiación”. “Ten que haber un avance, recuperar as competencias locais para atender ás vitimas de violencia machista”, explicou.
Ademais, pediu mellorar a financiación para atender á dependencia e revertir os recortes, lembrando os problemas demográficos, e derogar o copago farmacéutico.

No que ten que ver con ENCE, a deputada lembrou a solicitude de En Marea ao Goberno dunha xuntanza específica para falar desta cuestión para acabar coa prórroga e conseguir por fin “unha ría sen ENCE”.

A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, destacou “catro eixos fundamentais sobre o sector produtivo do mar e da pesca: urxencia de poñer na axenda a aplicación real e total da norma de desembarque de descartes. Pídese un plan nacional de seguros combinados, ademais a base dun seguro por mala mar. Defender a riqueza económica, social e ambiental para Galicia. É motor económica que xenera riqueza na nosa costa”.

Ademais, a senadora lembrou as peticións das grandes cidades.

Pola súa banda, o deputado Miguel Anxo Fernán Vello destacou a situación de Lugo, “que sofre un atraso histórico en materia de infraestruturas”.

“Hai una sinatura pendente con Lugo, tanto no tema ferroviario como nas estradas de titularidade estatal”, explicou.

No aspecto que toca a cultura, “situamos nun primeiro plano: cultura e idioma. Propoñemos un plan de dinamización turística e patrimonial da ruta Xacobea, é unha rede cultural cun importante patrimonio artístico. Hai que poñelos nun primeiro plano cultural e económico”.

Ademais, destacou o apoio á candidatura da Ribeira Sacara e o cumprimento dos dereitos lingüísticos e a carta das linguas minoritarias”.

Deja un comentario