En Marea lamenta que Feijóo non recoñeza nin arranxe os problemas de emprego e servizos que padece Galicia

lamenta a resistencia do presidente da a encarar con responsabilidade e diálogo os problemas que afectan a , e ínstao a recoñecer a precaria situación que atravesan os servizos públicos ou o mercado laboral para aportar solucións acordes ás necesidades da poboación. O vicevoceiro, , incidiu un día despois da primeira xornada do Debate do Estado da Nación na necesidade dun cambio de rumbo que blinde eidos como a sanidade ou o ensino e garanta o dereito a unha vida digna de galegas e galegos.

“Segundo escoitamos onte no Debate do Estado da Nación, para Feijóo neste país non hai problemas, co cal non ten por que aportar solucións. Non admite que o emprego tivo en Galicia a peor evolución do estado. Que dende 2009 se destruíron 75.000 empregos, que a precariedade aumentou e que que hai moita xente á que, aínda que traballa, o salario non lle dá para vivir”. Son palabras do vicevoceiro de En Marea que, a pesar da “experiencia previa” que demostra a practicamente nula vontade do Partido Popular a negociar e ter en conta as achegas da oposición á súa acción política, confía en que as propostas de En Marea neste Debate do Estado da Nación poidan saír adiante.

Antón Sánchez destacou a situación do rural e a necesidade de implementar un modelo que free o despoboamento, o avellentamento e a perda de superficie agraria que este sufre. “Pode o señor Feijóo dicir sen poñerse colorado que no rural non se pagan impostos, coñecendo como coñecemos a evolución da fiscalidade do Partido Popular?”, pregúntase o vicevoceiro. Que tamén destaca a falta de autocrítica do presidente da Xunta no que respecta ás políticas de vivenda. E é que os desfiuzamentos incrementáronse un 4,6% no 2017 en Galicia, mentres no estado bailaron un 3,6%. Nesa liña, En Marea aposta por implementar medidas que permitan mobilizar a vivenda baleira. “Non pode ser que teñamos media de 5 desafiuzamentos diarios e que as partidas de vivenda sexan as menos executadas exercicio tras exercicio. Propoñemos incrementar o parque público de vivenda, así como un cambio na adxudicación de vivendas de promoción pública e medidas para rematar cos desafiuzamentos”.

O vicevoceiro de En Marea puxo o foco ademais nos incumprimentos do goberno Feijóo no que a ritmo de creación de emprego se refire, así como ao súa nula vontade de primar a protección do entorno e os recursos naturais, tal e como demostra, por exemplo, o retraso que acumula a posta en marcha das Directrices da Paisaxe. “O único que funciona neste goberno é a manipulación: a súa capacidade de converter un medio público nun mecanismo de propaganda”, indica Antón Sánchez en relación á situación da CRTVG e os repetidos incumprimentos e exemplos de inxerencia e manipulación na liña informativa por parte da Xunta de Galicia.

“Onte o señor Feijóo deixou claro que a realidade galega non é froito da casualidade, senón que responde en grande medida ao seu modelo político e económico”, indica o vicevoceiro de En Marea, que denuncia o escaso investimento en I+D+I, incremento do emprego precario principalmente vinculado ao sector servizos ou a permisividade do goberno da Xunta coa depredación do territorio, “un modelo que produce despoboamento e avellentamento”.

Fronte ao desleixo do Partido Popular e do goberno da Xunta de Galicia, En Marea pon sobre a mesa un novo modelo. “Apostamos por blindar os servizos públicos e apostar por servizos públicos de calidade incrementando , tanto no ensino como na sanidade”, explica Antón Sánchez, que lembra os enormes recortes efectuados neses dous eidos, tanto no que respecto ao número de profesionais como á achega orzamentaria.

Entre as propostas de En Marea figura tamén un cambio do modelo produtivo que fomente a reindustrialización e potencie a creación de emprego, tamén vinculado ao agro.

“Durante o mandato Feijóo Galicia perdeu poboación porque non hai oportunidades para que a xente nova viva, traballe e poña en marcha proxectos a medio e longo prazo”, critica Antón Sánchez, que ve prioritario rematar con ese éxodo.

O vicevoceiro denunciou a Lei de Depredación aprobada polo goberno galego, exemplo perfecto da aposta por un modelo centrado na obtención rápida de beneficios por parte de grandes empresas sen ter en conta o custe ambiental.

“Propoñemos a derogación desa lei, que significa agasallar o territorio a empresas que xeran pouca riqueza e valor engadido, cun gran impacto ambiental e que unicamente veñen extraer recursos. Así non se crea emprego e riqueza”, indica Antón Sánchez, que aposta por favorecer un desenvolvemento sustentable e elaborar un Mapa Oficial de Solos e un Catálogo que poña en valor a superficie agraria útil e revirta a senda descendente actual.

Entre as propostas de En Marea neste Debate do Estado da Nación figura tamén un novo modelo forestal, así como un novo plan eólico que promova a riqueza e a economía endóxena.

En relación á memoria histórica, Antón Sánchez destaca que “ata que non haxa verdade, xustiza e reparación non poderá haber unha reconciliación verdadeira nun país onde aínda hai milleiros de persoas enterradas en fosas comúns, o segundo despois de Camboia”. O vicevoceiro de En Marea critica a nula vontade do PP de saldar esa débeda histórica e contribuir á reparación e á recuperación da memoria. Un ámbito ao que “o PP non dedica nin un só euro. Queda moito camiño por percorrer nese eido. E, en canto á utilización da figura de Castelao, o señor Feijóo dicía que é de todos, pero non é de quen tenta manipular o seu pensamento ata retorcer a historia. Non se pode terxiversar os feitos e ocultar a realidade”, indica.

“Trataremos de aproveitar a ansia reivindicativa con Madrid que lle xurdiu agora ao señor Feijóo. O presidente da Xunta non dixo nada cando se bloqueou o traspaso da AP9, non tivo interese en falar de financiamento autonómico con Rajoy, pero agora parece que espertou do letargo e está compezando a reclamar cousas, aínda que sexa por motivos espúreos”. Nesa liña, En Marea avoga por demandar a transferencia da AP9 e por afrontar o estudo da viabilidade económica para a recuperación da mesma. E propón unha aposta decidida polo transporte ferroviario que “reverta a tendencia histórica a non empregar o tren como método de artellamento do país”. En relación con iso, o vicevoceiro lembra a necesidade de afrontar canto antes a modernización da liña Ferrol-A Coruña; “o que permitiría unha redución dos tempos de desprazimento entre esas dúas cidades duns 20 minutos. Tamén pedimos a conexión co norte de Portugal, Vigo-OPorto. E agardamos que a Xunta se sume a todas esas reivindicacións”, concluye Sánchez.

Deja un comentario