En Marea lamenta que da reunión entre Núñez Feijóo e o ministro José Luís Ábalos non saíse ningún avance significativo en temas claves para o noso país

O grupo de fai unha valoración negativa da xuntanza entre o presidente da Xunta de , Alberto , e o ministro José Luís xa que “non houbo ningún anuncio con ningún avance significativo en temas claves como pode ser construcións ferroviarias, nin da AP9 nin en Portos.

As declaracións respecto a AP9, o vicevoceiro no Parlamento, , considerou graves e ofensivas as declaracións do Ministro de Fomento, Ábalos, xa que está a aludir a unha coherencia de Estado á hora de aludir aos impedimentos para a transferencia desta autoestrada. Sánchez lembrou que xa se deron outras transferencias de autoestradas a Cataluña e Euskadi nos últimos anos e que esa mesma coherencia debería terse en conta tamén cando se asinou a prorroga da concesión ata o ano 2048 mentres o resto de autoestradas finalizan na súa maioría as concesións no 2021. “Non se tivo en conta esta coherencia de Estado cando se tratou de maltratar a Galicia” denunciou o viceportavoz de En Marea. “No relativo a AP9 continuamos practicamente igual cun goberno central que nega aos galegos e galegas a posibilidade de se defender ante atraco diario por parte da concesionaria coa complicidade dos sucesivos gobernos do PP e do PSOE. Trátase dunha aldraxe para toda a cidadanía do noso país” aclarou .

Tamén salientou a gravidade de que tras esa xuntanza entre o Ministro e Feijóo non se falara nada da condonación da débeda aos portos galegos nomeadamente o porto da Coruña para manter un tratamento igualitario co porto de Valencia. Desde En Marea lembran ademais que esta petición foi aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia polo que habería que preguntarlle ao presidente da Xunta se levou este tema á xuntanza co Ministro e reclamar a Ábalos a condonación da débeda da Coruña.

Deja un comentario