En Marea insta ao PSOE a cumprir co prometido e executar de inmediato a retirada de Ence da ría de Pontevedra

En Marea esixe que o cumpra dende o goberno central o compromiso público coa retirada de Ence-Elnosa da Ría de que adquiriu no pasado, cando era aínda unha forza da oposición. A formación ve necesario que o executivo de Pedro Sánchez aproveite a excelente oportunidade para a paralización da actividade da planta que se abre neste momento; pois o 29 de xullo finaliza a súa concesión.

Cando van xa varias semanas dende que o PSOE acceder ao goberno central, nas filas de comeza a sentirse a preocupación ante o feito de que, ata o de agora, o executivo estatal non teña feito referencia algunha á retirada de Ence da Ría de Pontevedra. Unha actuación que a formación defendeu no pasado, e que o propio Sánchez abandeirou durante a campaña electoral. Así o indica Marcos Cal, que lembra ademais que se trata dunha medida que tamén se atopa recollida  no Plan de Ordenación do Litoral de , “que recoñece que esa industria non pode estar aí pola multitude de afectacións que implica”.

O deputado de En Marea entende que, cos precedentes existentes, non é de recibo que o goberno central se escude no procedemento xudicial en marcha para xustificar a paralización das necesarias medidas políticas. “Os pregos da concesión indican que se pode proceder á paralización da actividade existindo incumprimentos, e existen motivos máis que de sobra nese sentido”, afirma Cal; rotundo á hora de apuntar que de ningún xeito se entendería que o PSOE optase agora pola inacción en lugar de poñer en marcha a necesaria e comprometida solución política e administrativa.

Problemas de saúde; contaminación continuada de aire e auga; cambio de actividade (a concesión foi feita para a produción de papel e non contempla a xeración de enerxía na que actualmente tamén traballa a planta); recoñecidas molestias á cidadanía; modificación das edificacións superando o volume e a altura permitidas; transferencias da concesión realizadas sen a pertinente autorización do estado… Son algún dos numerosos incumprimentos das condicións incluídas nos pregos da concesión nas que ten incorrido Ence-Elnosa; e que, tal e como destaca o deputado de En Marea, permiten ao goberno poñer en marcha o expediente de paralización da actividade. “Polo tanto, non se pode dar prórroga. Aínda que o proceso xudicial siga, esta é unha decisión política” absolutamente xustificada, indica Marcos Cal.

A retirada da planta de Ence-Elnosa da Ría de Pontevedra suporía unha importante oportunidade para a recuperación e o desenvolvemento socioeconómico dos municipios da contorna. E é que, tal e como destaca o deputado de En Marea, a zona sobre a que se asenta foi, no pasado, unha das máis produtivas de Galicia dende o punto de vista marisqueiro. Nesa liña, Marcos Cal lembra que só dende o ano 2000 se perderon na ría de Pontevedra 500 licenzas marisqueiras; e os datos extraoficiais falan da posible perda de máis de 1.000 postos de traballo ligados a ese sector dende a instalación da papeleira.

O deputado tamén quixo poñer o foco sobre os beneficios que a retirada da planta suporía para a contorna pontevedresa dende o punto de vista do desenvolvemento turístico. “O saneamento da ría é importante. Precisamos unha ría saudable, pero non só por unha cuestión ambiental, senón tamén polo problema para o desenvolvemento económico da ría e dos concellos que a conforman que supón a planta de Ence-Elnosa”, apunta Cal, que lembra que a fonte de riqueza da poboación local se atopa estreitamente vinculada á explotación sustentable dos recursos da ría. “Todas podemos imaxinar o que suporía recuperar esa praia dende o punto de vista turístico para Pontevedra ou Marín”, indica.

En Marea lembra ademais que a prórroga aprobada polo goberno de M. Rajoy resulta inaceptable, e supón ademais “desoír os mandatos xudiciais existentes, que indicaban á administración a necesidade de incoar o expediente de caducidade”. Cal lembra tamén que a Xunta de Galicia saltou a legalidade, “tal e como vimos coa sentenza sobre a autorización ambiental irregular que fixo hai dous anos”.

” Existía unha sentenza firme de 2014 da Audiencia Nacional que instaba a incoar o expediente de caducidade. Polo tanto, saltouse o mandato xudicial á hora de aprobar esa prórroga. Pero tamén o clamor dos partidos e da sociedade, que coincidían en pedir a retirada da planta”. Dese xeito, “regalouse unha prórroga irregular 60 anos máis que supón unha condena e unha hipoteca para a ría”, lembra Cal, que insta ao PSOE a aproveitar a oportunidade que agora ten dende a responsabilidade de goberno para rematar con esta inxustiza histórica e este atentado contra o medioambiente, a saúde e o desenvolvemento socioeconómico da Ría de Pontevedra.

O deputado de En Marea non quixo deixar pasar a oportunidade de lembrar que Isabel Tocino e Carlos del Álamo foron “as persoas clave no proceso de privatización de ENCE, e posteriormente pasaron formar parte do consello de administración da fábrica polos servizos prestados. Estamos falando do caso máis grave e claro de portas xiratorias en Galicia”, denuncia Cal. Que insta ao goberno de Sánchez a tomar cartas no asunto e facer o posible para que este 29 de xullo sexa a data final da actividade da planta.

Deja un comentario