En Marea insta á Xunta e sentarse a falar de xeito urxente con sindicatos, colexios e asociacións de profesionais sanitarios para buscar solucións a grave situación de falla de persoal

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de , , denunciou en rolda de prensa a falla de seriedade do Goberno da Xunta de que ante o grave problema de falla de persoal sanitario que vive o noso país continúa sen sentarse a buscar solucións urxentes. Trátase dun problema que ven provocado pola nefasta planificación por parte da Xunta e a política de non escoitar as denuncias e demandas dos propios profesionais que levan anos alertando da situación. “A consellería de e a Xunta non pode botarse agora as mans á cabeza ante a falla de persoal na pública, levamos anos denunciando esta situación e presentando propostas pero o Goberno galego non tomou ningunha medida” alegou Eva Solla.

No caso da atención primaria destacou que no último ano e medio en todas as comisións de sanidade sempre se tratou algún caso dun centro de saúde con falla de persoal. “Non hai semana que non atendamos algún centro de saúde e as súas denuncias por falla de persoal” asegurou. E pese a isto, ata xuño non se tomou nin unha soa medida e non para incrementar persoal senón para reorganizar o servizo de pediatría.

“En abril ridiculizaba a proposta de En Marea de traer persoal de fora e agora saen nos medios dicindo que se contrataría a calquera pediatra que queira traballar en Galicia. Non temos un goberno serio, non se está a buscar solucións e ven dunha planificación nefasta dos últimos 10-15 anos” lamentou a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea. Por este motivo, instou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a deixar de lado o período estival para “estar o pé do cañón” xa que “estamos ante un problema moi grave que atinxe á saúde dos nenos e nenas do noso país”.

Desde En Marea defenden que a Xunta non só ten que contratar persoal de fora sanitario de xeito urxente senón que tamén é preciso que modifique o tipo de contratación “para que queden” xa que na “a precariedade na sanidade é a norma”.

A deputada de En Marea destacou polo tanto que é preciso e urxente tomar medias a corto, medio e longo prazo. Para iso, instou ao Goberno galego a sentarse nunha mesa coas centrais sindicais, colexios e asociacións profesionais de médicos para entre todos buscar medidas urxentes que permitan arranxar a situación.

Pola súa banda, o grupo parlamentario de En Marea rexistrará diversas iniciativas no Parlamento de Galicia orientadas a pedir información ao Goberno pero tamén para que se tomen medidas para traer profesionais de fora de Galicia, do Estado e incluso doutros países da Unión Europea.

Deja un comentario