En Marea insta á Xunta a aportar persoal e medios que palíen as graves carencias dos servizos de urxencias

reclama solucións urxentes ás graves carencias que atravesan as os servizos de dos hospitais galegos, e ante as que, a pesar das mobilizacións e folgas impulsadas polo persoal sanitario, a Consellería fai ouvidos xordos. Así o reclamou no pleno do a vicepresidenta da Cámara e deputada , que presentou unha moción na que se instaba a poñer solución ao déficit de medios humanos e materias que están a sufrir os nomeados servizos no conxunto dos centros hospitalarios galegos.

Eva Solla denunciou a insensibilidade e a total ausencia de voltade de diálogo da Consellería de . Un departamento que “fai augas”, e que en lugar de aportar solucións se empeña en negar o evidente e gravísimo deterioro da asistencia sanitaria.

“Falamos de carencias que son transversais ao conxunto do sistema sanitario e que xeran sufrimento ao persoal, que non pode conciliar, que se vé obrigado a facer gardas e horas extra sen alternativa e sentíndose desprezados, porque non hai ninguén na Consellería que escoite as súas demandas”, denuncia a deputada.

A representante de En Marea lembrou o mes de folga que xa leva o servizo de urxencias do CHUS, así como os dous meses  que pasaron desde que os comezaron tamén a súa folga reclamando profesionais suficientes para dar unha mellor atención. Unha situación límite que, tal e como destaca Eva Solla, representa “o termómetro da grave situación que atravesa o conxunto da sanidade galega”.

“O incremento das urxencias está moi ligado ao deterioro da . Moitos profesionais non poden dar atención a domicilio ante o colapso das consultas nos centros de saúde, con agardas de ata dez días que levan ao consecuente incremento das demandas de atención en PACs e Urxencias”. Así o destacou Eva Solla no pleno, no que tamén puxo de manifesto a relación entre a sobrecarga das urxencias e as elevadas listas de agarda nas consultas de atención especializada. “Para oftalmoloxía a agarda é duns 9 meses; cardioloxía, ano e medio. Falamos de situacións que provocan un elevado deterioro da saúde das persoas enfermas, que cando empeoran sen posibilidade de ser vistas polo seu especialista recorren tamén ás urxencias hospitalarias”.

A deputada de En Marea denuncia a “xestión absolutamente nefasta” que o goberno do Partido Popular está realizado da sanidade pública. “A pesar do colapso das urxencias, mantéñense plantas pechadas na Coruña, no Salnés e en Compostela. Abrilas, incrementar a plantilla do sistema sanitario público e cubrir as carencias nos servizos de urxencias é a solución. Tamén elaborar plans funcionais de servizo, e escoitar as demandas dos profesionais”, demanda Solla.

Para En Marea non cabe seguir agardando máis, e ante a pasividade do executivo da Xunta, que durante anos non planificou a necesidade dos MIR ou de enfermería”, esixe medidas que palíen as graves carencias. “Non contrata de forma estable, polo que os profesionais marchan; non se cubren baixas e vacacións; móvese oas profesionais entre servizos provocando descubertos; hai problemas nos PACs, nas urxencias, no 061; hai desabastecemento de fármacos. Faltan pediatras, hai informes negativos do Consello de Contas, temos sobre a mesa a xantaxe de Povisa e segue sen haber ningunha solución real. A Consellería fai augas”, conclúe a deputada.

Coa proposta defendida por Eva Solla o grupo de En Marea fai un chamamento á Xunta de para incrementar os efectivos profesionais nos servizos de urxencias tanto de atención primaria como de atención especializada de xeito permanente, acordando coas representantes sindicais das e dos traballadores as melloras necesarias no inmediato.

Así mesmo reclama a apertura das plantas e alas inoperativas de xeito permanente, dotándoas co persoal necesario para absorber as necesidades de ingresos hospitalarios e establecer protocolos para asistencia ás persoas pendentes de ingreso. Ademais, considera urxente atender o incremento de efectivos de persoal nas urxencias do CHUS, demandados pola Xunta de Persoal, así como a substitución do 100 por cento das ausencias e o cumprimento dos requirimentos da Inspección de Traballo.

Por último, En Marea pide a elaboración dun plan funcional para as urxencias do Complexo Hospitalario Uuniversitario de Santiago (CHUS) negociado coa Xunta de Persoal e repoñer o material obsoleto nos hospitais do Servizo Galego de Saúde, con especial atención ao material das urxencias do CHUS.

Deja un comentario