En Marea e Marea Pontevedra rubrican o primeiro dos acordos cunha marea urbana para as eleccións municipais de 2019 co apoio das mareas da Ría e do país

A Casa da Luz de acolleu hoxe a rúbrica do acordo de colaboración entre e Marea de para as eleccións municipais de . O acordo, o primeiro cunha marea urbana tralo asinado con Culleredo, supón o pistoletazo de saída á rúbrica co resto de mareas locais do país, que así o desexen, do Protocolo Bilateral de Colaboración entre Mareas  Municipalistas e En Marea aprobado polo Plenario do espazo do cambio o pasado mes de marzo.

A  vicevoceira de En Marea Ana Seijas e Peque  González, coordinadora de , foron as encargadas de asinar o acordo nun acto no que tamén tomaron parte as mareas da Ría de Pontevedra, algunhas do resto do país,  o voceiro do espazo Luís  Villares e o voceiro e candidato de , Luís Rei.

“Con este paso Marea Pontevedra convértese na primeira marea urbana en protocolarizar a participación nunha alianza electoral que sumará aos resultados locais influenza no ámbito das deputación provinciais”, indicou Ana Seijas trala firma do acordó e puntualizou que  con este acordo En Marea non pretende tutelar ás mareas locais senón ofrecer un espazo de colaboración para ir tecendo un marco de cambio a nivel nacional.

Pola súa banda, a coordinadora de Marea Pontevedra, Peque González, explicou que precisamente o Acordo EntreMareas serve para dicirlle á opinión pública que isto “non vai de delegacións locais dun partido tradicional, nin de mareas urbanas ou rurais, grandes ou pequenas, senón de cooperar entre iguais para poñer en común as demandas de cambio cidadá nos concellos, en e, asemade, tamén en Europa”. Ademáis, González subliñou que Marea Pontevedra é xa unha referencia consolidada para os pontevedreses “polo que nas próximas eleccións só haberá dúas alternativas: o goberno conservador liderado por Lores ou a Pontevedra dinámica, aberta e transparente liderada por Luís Rei.

O candidato e voceiro de Marea de Pontevedra incidiu en que as axendas de xustiza social e democráticas “van centrar, xa o están facendo, os debates da cidade: saneamento integral da ría, transporte público, renda social, modelo de deporte, remunicipalizacións, dereitos dos animais, rexeneración democrática…”, marcando as prioridades.

Pola súa banda, o voceiro do espazo do cambio, Luís Villares que pechou a quenda de intervencións antes da rúbrica do acordó, destacou que coa firma “inauguramos a república do mar, porque non somos nin nós nin vos, somos o conxunto das pingas da auga que quitan a sede”, incidiu antes de lembrar que este acordó representa uns dos principios republicanos “a unión fai a forza”. O voceiro de EnMarea reseñou por último que “este é un espazo no que non se admiten diferenzas, só a diversidade, e hoxe enchemos un mar completo dende a igualdade porque é esta unión a que nos fai fortes”.

Ademáis, representantes das mareas da Ría de Pontevedra, e das formación municipais de todo o país a través de vídeos, celebraron a rúbrica do primeiro dos acordos intermareais porque son a representación da unidade e a fortaleza do espazo do cambio de cara ás próximas eleccións de 2019.

A firma do protocolo establece un compromiso bidireccional entre partes libres que significa a  visibilización da organización local como candidatura do espazo común En Marea, nun recoñecemento  mútuo de referencia, dentro das directrices básicas comúns que nos caracterizan. Así, as mareas locais comprométense entre outras cousas, co acordo, a concorrer ás eleccións municipais de 2019, a compartir os principios fundacionais de En Marea, defensa dun modelo económico xusto, a compartir as bases do código ético en función dos principios da Asemblea de Vigo, a realizar primarias ou outra fórmula que asegure o sufraxio universal para a elaboración das candidaturas, ou a aceptar un catálogo programático de carácter global elaborado  colaborativamente naquelas cuestións supranacionais de interese.

Pola súa banda, En Marea reafirma, coa rúbrica, o seu compromiso de ampliar a coordinación dentro do espazo político da marea  municipalista con EM e das propias mareas  locais entre si; a sumar para o cambio o maior número de  concellos do país fomentando a creación de novas mareas muncipais ofrecéndose para a mediación onde sexa posible, a dinamizar grupos de traballo e mareas sectoriais, á creación dun banco de ideas, a favorecer a socialización da comunicación do relato, traballo e propostas  desenvolvidas en todos os ámbitos; e a establecer uns mínimos comúns de identificación.

Deja un comentario