critica o escaso investimento que, un ano máis, a Xunta de destinará á provincia de . A deputada denuncia xunto ao voceiro de en Común, , a nula atención que os do goberno Feijóo prestan ás necesidades dunha provincia caracterizada polo dispersión xeográfica e o elevado grao de avellentamento da súa poboación. E insta á administración autonómica a optar por unha discriminación positiva que permita reverter a discriminación á que ven sendo sometida a provincia.

Para En Marea resulta evidente que, habida conta do seu elevado grao de avellentamento e a dispersión da súa poboación, os orzamentos da Xunta deberan caracterizarse por unha maior atención á cobertura de servizos, sobre todo en áreas como a educación e o ensino. “As necesidades son maiores, pero o que se fai dende o PP non é para nada ter en conta esa necesaria discriminación positiva”, indica Cuña.

“Tendo en conta o enorme impacto social que tivo a crise nas clases máis desfavorecidas, toda a pobiación en risco de exclusión ou en situación de pobreza enerxética, así como a enorme cantidad xente que chega con dificultades a fin de mes; parece evidente que os orzamentos deberan priorizar estas cuestións, pero non é así”, lamenta a deputada de En Marea, que lembra que “o 70% da poboación de Ourense vive no 17,6% do territorio. O que supón que o outro 30% se atopa disperso. Sen embargo, a Xunta non resolve problemas de transporte ou servizos, básicos para atender esa realidade e contribuír a fixar poboación”.

Para a deputada os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano non son senón a constatación de que “Ourense continúa sendo a última da fila”, pois é a que menos recibe tanto das distintas consellerías do goberno galego como das axencias dependentes del.

“Ourense é a última con respecto á Axencia Forestal. A pesar de que estamos nunha provincia que arde, é a que conta con menos orzamento, e cunha diferencia ben grande respecto ás demais provincias. Tamén é a última en desenvolvemento rural, así como no que respecta á Axencia de Industrias Culturais”, explica a deputada de En Marea, que tamén criticou as repercusións negativas que o redeseño das áreas de Cultura e Turismo terá para o tecido cultural, “que nos últimos anos xa vivir un recorte de máis de 65%”.

“Con respecto ás Consellerías, Ourense sitúase á cola no que atine a Sanidade, SERGAS, Educación, Economía e Industria e Territorio e Vivenda. Curiosamente, o goberno galego si lle dá a mesma consideración que ás demais provincias no orzamento correspondente á Consellaría do Mar”.

Para Ánxeles Cuña resulta incomprensible que o Partido Popular non teña en conta que se trata “da provincia na que temos as pensións máis baixas do estado, os salarios máis baixos e as mulleres máis castigadas debido á tremenda fenda de xénero existente. Temos altísimos niveis de dependencia e pouquísimas coberturas”, explica a deputada de En Marea, lamenta que a pesar de todo isto Ourense sexa a terceira provincia no que respecta ao gasto provisto en Política Social.

Outro exemplo da discriminación á que o goberno do Partido Popular somete á provincia de Ourense é a escasa porcentaxe de investimento que recibirá a Estación Intermodal ourensá: unicamente 3 millóns de euros, dos 26,16 contemplados para a creación destas infraestruturas na Comunidade. “Para xestión económica, ordenación administrativa, eficiencia enerxética ou equipamentos, cero. Atención primaria: cero, e loita contra as drogas o mesmo”, lamenta Ánxeles Cuña.

A deputada de En Marea desta tamén a falta de profesorado e as carencias con que comezou o curso escolar. Ao igual que as que padece a sanidade. Nese eido, Cuña puxo o foco sobre as modificacións que o PP introducirá a través da Lei de Acompañamento, e que entre outras cousas suporá unha “repercusión enormemente negativa” coa nova modalidade de pediatra de área. ” Resulta inaceptable que se decida algo así sin que existise interlocución directa cos profesionais neste ámbito, que se enteraron polos medios desta modificación”, denuncia a deputada.

Ánxeles Cuña tamén amosou a súa preocupación pola privatización do urbanismo e das explotacións ao introducir unha modificación na Lei de Solo “que abre a porta a que unha empresa ou persoa física poida tramitar e executar expropiacións. Cousa que ata o de agora era competencia da administración”.