En Marea consegue o compromiso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para solventar as carencias da EDAR de Sarria

ten conseguido desbloquear a situación da , que tras todas as xestións e a presión exercidas pola formación será obxecto dunha renovación, cuxos custes asumirá integramente a . O voceiro Luís Villares e o seu homólogo no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello achegáronse este venres ata a localidade lucense xunto á deputada no Parlamento galego Paula Vázquez Verao e a eurodeputada Lidia Senra, onde tamén reclamaron unha solución para Ponte Ribeira, así como a posta en valor do conxunto do patrimonio ligado ás distintas rutas do Camiño de Santiago.

En Marea ten conseguido arrincar o compromiso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para solventar as carencias da estación depuradora de augas residuais de Sarria. Tal e como destaca o voceiro da formación, Luís Villares, “a situación da depuradora desbloqueouse unha vez houbo un cambio de goberno propiciado por En Marea”. E é que a “Confederación podía ter actuado antes, e non o fixo unicamente por unha actuación sectaria do PP, que sempre prioriza a vontade de non beneficiar á cidadanía dos lugares nos que non goberna”.

Villares destacou “o desleixo ambiental da Xunta respecto á conservación das rías e ríos, da riqueza acuícula, pesqueira e marisqueira”, así como as políticas sectarias que caracterizan o Partido Popular. E lembrou que, a pesar das 15 iniciativas relacionadas coas concas hidrográficas galegas que En Marea ten levado ao Parlamento de , o goberno galego non amosou interese por darlles resposta na meirande parte dos casos.

Unha vez acadado o compromise da Confederación para solventar dunha vez as carencias da EDAR de Sarria, En Marea fai un chamamento para que o Concello da localidade actúe con responsabilidade e poña en marcha as actuacións o antes posible e sen agadar ao período preelectoral. “Non podemos permitir que os recursos que son de todas e todos sexan empregados unicamente con fins electoralistas”, indica Villares.

O tema da EDAR de Sarria tamén ten sido levado por En Marea ao Congreso, tal e como lembrou Miguel Anxo Fernán Vello. O voceiro do grupo de En Marea na Cámara estatal celebrou o compromiso acadado na xuntanza mantida por el co presidente da Confederación Hidrográfica, pero lembrou tamén todas as necesidades relacionadas coas concas fluviais aínda pendentes de atender, “como a necesidade dun plan de rexeneración dos ríos ou a necesidade de actuar nos máis de 40 encoros existentes nesta demarcación”.

Pola súa banda, Lidia Senra denunciou tamén a necesidade de que o calidade das augas e dos cauces fluviais sexa abordada de xeito responsable polas administracións. “Parécenos moi grave que haxe un incumprimento das directivas europeas respecto á calidade das augas e á recollida e tratamento de augas residuais, e é fundamental visibilizalo”, afirma a eurodeputada, que levará o caso de Sarria ao Parlamento Europeo.

Ponte Ribeira
No que afecta a Ponte Ribeira, En Marea solicita a reconsideración dos informes da Confederación Hidrográfica Miño Sil realizados pola Avogacía do Estado respecto a unha situación urbanística que xa non é a actual. A formación entende que os servizos xurídicos do estado deben revisar o tema e asumir responsabilidades. Ao igual que a Xunta, de que quen En Marea reclama tome cartas no asunto e actúe para “repoñer unha vía fundamental para Sarria dende o punto de vista urbanístico, pero tamén patrimonial; pois hai que lembrar que pola Ponte Ribeira transcorre o Camiño de Santiago”.

En relación con iso, Lidia Senra apunta que no Ano Europeo do Patrimonio Cultural resulta inadmisible a situación de desprotección de elementos patrimoniais coma este. “Hai que pasar das palabras aos feitos”, reclama a eurodeputada, que avoga por formar ás administracións locais, “que actualmente se atopan de costas á conservación e valorización do patrimonio cultural”.

En Marea chama a atención sobre todas e cada unha das Rutas Xacobeas existentes en e insta a poñelas en valor, así como a totalidade do patrimonio cultural, paisaxístico e social ligado a elas.

Deja un comentario