Compromiso reclama a execución da vía verde de Santiago a Cerceda

reclama a execución da vía verde polos camiños de ferro do tren en desuso para crear unha ruta cicloturista e de senderismo. Serían case 40 quilómetros, que enlazarían , Ordes, Tordoia e Cerceda, apostando pola bicicleta como medio de transporte e de ocio. A iniciativa xa está recollida no acordo asinado entre Concello e as distintas administracións no ano 2017 e que se atopa sin ningún avance.

A formación galeguista tamén propón a creación dun carril bici que faga un percorrido circular unindo os parques da cidade e fan unha aposta decidida por ampliar os 8 quilómetros de carril bici que existen na actualidade, virando cara un modelo de mobilidade máis sostible mellorando a saúde da veciñanza e reducindo a contaminación.

A proposta galeguista coincide coa celebración da Semana da Mobilidade no Concello de Santiago.

Deja un comentario