Compromiso pide a continuidade do persoal da escola municipal de música de Santiago

Dende a agrupación local de Compromiso piden que se garanticen os 24 postos de traballo da Escola Municipal de Música. Na formación galeguista din” non entender como nos pliegos do concurso non se esixe a subrogación do persoal como condición
indispensábel”.

Dende indican que a Escola Municipal de Música non pode ser un negocio a costa dos empregos do persoal. Tamén piden que Esproade S. L., a empresa adxudicataria do servizo, asuma o persoal laboral da Escola e móstranse moi críticos ca
actuación do goberno municipal nesta adxudicación.

Desde a formación galegista esixen máis seguridade xuridica para os servizos que están sen contrato e pendentes de adxudicación como os de limpeza e conserxería de 14 colexios públicos e 6 pavillóns deportivos cun total de 56 traballadores que
finaliza este mesmo mes de Maio xunto ó servizo de xardinería de Sagueiriños cun contrato especial de emprego para persoas con discapacidade que xa rematou no mes de Marzo e aínda non se sabe nada do novo contrato.

Deja un comentario