SUNDAY 24 FEBRUARY 2019

Acordo EntreMareas: Agora por Pontevedra

Unha cidade onde está privatizado algo tan básico coma o abastecemento de auga, co resultado de que a pesar de supoñer o gasto de case seis millóns de euros cada ano non lles chega ás billas dos residentes nas parroquias da súa periferia (que suman unha de cada cinco persoas censadas no concello).

Unha cidade onde está privatizada a recollida de lixo (o outro gran contrato, tamén de case seis millóns), e mais o Servizo de Axuda no Fogar, a retirada de vehículos, o mantemento de xardíns, a recadación executiva, as obras menores ou o complexo deportivo de Campolongo, que é o máis accesible aos cidadáns que queiran optar por unha actividade física de mantemento.

Unha cidade onde non hai unha soa biblioteca municipal, nin tampouco ningunha escola infantil do concello, co resultado de que para os máis de dous milleiros de menores de tres anos apenas se ofrecen cincocentas prazas públicas.

Unha cidade que carece dunha rede de autobuses urbanos, cando por lei está obrigada a garantila, e só destina a transporte a cifra cativísima e ridícula de 40.000 euros (menos de cincuenta céntimos por habitante).

Unha cidade cun plan de urbanismo de 1989 e claramente obsoleto, como demostran as máis de vinte modificacións parciais ás que xa foi sometido e a súa arestora escasa capacidade de adaptación ás “medras”, xerando incertezas entre as familias que aspiran a construír a súa vivenda e disuadindo de instalarse no seu termo a potenciais novas empresas.

Unha cidade lastrada, por ese planeamento claramente desfasado, para impulsar unha economía menos dependente das administracións e, xa que logo, con postos de traballo que vaian alén do actual monocultivo do funcionariado. Unha cidade onde o peso da economía social e solidaria é tan cativo que unicamente se traduce en menos de dez pequenas cooperativas activas.

Unha cidade que, ao mesmo tempo que subvenciona as corridas de touros, ten o menor gasto social de todo o Estado, merecente do premio “corazón de pedra”. Unha cidade onde non se facilita o concurso nas decisións importantes da veciñanza, sen canles que propicien a súa intervención no destino dos recursos e, por tanto, tamén sen orzamentos participativos.

Esa cidade é Pontevedra, leva todo o século coa mesma persoa na alcaldía e o mesmo equipo (o máis lonxevo do país) no seu goberno. Tamén, por tanto, necesitaba a aparición dunha Marea cidadá. É dicir, dunha forza política de iguais, capaz de darlle voz aos que a tiñan negada e de facelo sumándolle a polifonía asociativa e o tecido cívico a unha unidade popular impulsada desde abaixo. É dicir, unha forza formada por homes e mulleres que, independentemente de viren de calquera partido anterior, vello ou novo, ou de ningún en absoluto, partillan militancia desde a adscrición individual e aceptando o principio de que o seu compromiso coa causa se artella sen que ninguén sexa máis ca ninguén.

En 2015 chegamos ao concello co mandato de exercermos de conciencia crítica e fixémolo, e estamos facéndoo, denunciando que o emperador, coma no conto de Andersen, en realidade se presenta espido no balcón: aí están todos eses déficits xa numerados…

En 2019, coa experiencia acumulada e o grao de coñecemento (e recoñecemento!) adquirido neste tempo, tocará chegarmos para encabezar a necesaria remuda nunha institución que leva máis tempo do recomendable padecendo o mando dunha figura endeusada e dun equipo enrocado no desleixo e as rutinas. Iso deu, arestora, nunha Boa Vila de electroencefalograma plano.

Pontevedra precisaba xa un novo rumbo en 2015 e catro anos despois non vai ter escusa para seguir adiándoo, porque vai atopar a tripulación que poderá trazalo. Será no tempo de as mareas do sur sumarnos á xeira heroica e meritoriamente iniciada polas nosas irmás do norte. Será no tempo en que o acordo de traballar mancomunadamente cos irmáns de En Marea nos fará aínda máis fortes. O tempo, con Marea Pontevedra no temón, do goberno da xente tamén na nosa cidade.

Dende a Coalición Son denunciarase no vindeiro pleno a delicada e situación límite que está a sufrir o servizo de CORREOS; pois no exercicio orzamentario do 2017, viu recortado o seu financiamento pola prestación do SPU (Servizo Postal Universal) nun 66%, o que supón algo máis de 120 millóns de euros.

Xosé Lois Jácome

Mais isto non remata aquí, senón que trala aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, vólvese recortar dito financiamento, e, ademais, o Estado xa lle endebeda á empresa postal pública máis de 250 millóns de euros.

O persoal de Correos vén avisando desta traxedia anunciada dende hai tempo, e advirten que os sectores máis afectado, como soe ser neste caso son os núcleos rurais, respecto a isto Jácome alertaba que “o recorte en servizos prestados á cidadanía, especialmente en zonas rurais da provincia de Pontevedra, implica a desaparición ou o recorte do reparto domiciliario de correspondencia, peche de oficinas en zonas rurais ou de escasa poboación, redución de horarios ou a supresión de postos de traballo de ámbito rural”.

Na nosa provincia, o deputado afirma que “o axuste poderá implicar 335 postos de traballo suprimidos e poboacións sen reparto regular de luns a venres, afectando a practicamente toda a veciñanza pola perda ou debilitamento do servizo postal”.

Dende a Coalición Son percibimos un claro desmantelamento do servizo público de Correos; pois senón non se entende como é posible que empresas como Seur ou DHL estean operando con gran éxito sen contar coa mesma infraestrutura da que dispón Correos.

Por iso, dende a Coalición Son amosaremos o noso rexeitamento no Pleno da Deputación de Pontevedra aos recortes no Servizo de Correos, onde tamén propoñemos ao pleno instar ó Goberno a corrixir o recorte que non trae máis que consecuencias claramente negativas para a veciñanza, Correos e o persoal da empresa, así como a desbloquear o Convenio Colectivo e o Acordo Funcionarial. Así mesmo, instarase ó Ministerio de Facenda á aprobación do Plan Estratéxico que permita a súa adaptación empresarial ás necesidades e á demanda da cidadanía.

 

O grupo de En Marea denuncia unha vez máis os pésimos resultados e elevados custos para o conxunto da sociedade que teñen as fórmulas de colaboración público-privadas na posta en marcha dos centros hospitalarios. Pese a isto, o Goberno Feijóo optou por este tipo de xestión para o novo hospital de Vigo, un modelo que se traduce nunha ineficiente xestión privada do mantemento, provisión enerxética e servizos do centro, con consecuencias negativas para os servizos privatizados como o da cociña, lavandaría, mantemento entre outros.

Esta semana, coñecíanse as denuncias que están a facer dende o Hospital en relación á situación coas bolsas da roupa sucia, circunstancia da que xa se teñen queixado noutras ocasións e que está a ocasionar conflitos laborais.

En primeiro lugar encomendouse ao persoal de limpeza, que denunciaron que dita labor non viña recollida no prego de condicións e que ademais restáballes tempo para o aseo doutras zonas, tendo en conta a mínima equipa de traballadoras e traballadores. Despois disto a labor pasou a ser encomendada a auxiliares de enfermería por orde da Dirección do complexo hospitalario, pero a Comisión de Centro de Atención Especializada lembrou que estas función non son propias da súa categoría e non se atopan incluídas no Estatuto, concorrendo unha situación parecida á do persoal de limpeza en tanto que teñen que deixar outras tarefas como a propia atención a pacientes e tendo en conta que se trata dun colectivo que xa de por si sofre unha excesiva carga de traballo por mor dos recortes.

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, destaca que os PCAP do contrato do Novo Hospital de Vigo contempla varias figuras que permiten á Xunta de Galicia velar polo correcto cumprimento dos servizos dos que se ten que facer cargo o concesionario así como da correcta execución dos mesmos.

Por todo isto, o grupo de En Marea interpelará ao Goberno para que dean conta de cales son os informes da Comisión Mixta de Seguimento en relación á execución ordinaria da prestación de servizos por parte do concesionario, que papel está a xogar a persoa que representa a Administración no Consello de Administración en canto a trasladar as situación precarias nas que se atopan os servizos privatizados, e que pensa facer o Goberno ante o conflito coa roupa sucia.

Pazos esixe en Santiago melloras nas estradas da Xunta en Cangas

 

Despois de varios meses tentando acordar unha reunión coa conselleira de infraestruturas, por fin se deu a cita; foi hoxe ás 17.30h da tarde. Na xuntanza, Pazos fixo entrega a Vázquez dun completo dossier que especifica todas as necesidades en materia de seguridade viaria en Cangas.PO-551

A estrada autonómica, pasa polo centro urbano da nosa vila, e conta cun pavimento de aglomerado asfáltico moi deteriorado, con zonas agretadas, parcheadas e incluso se detectaron afundimentos na Avda de Ourense. No informe tamén se pide redución de velocidade e mellora de seguridade viaria en pasos de peóns da Avda de Ourense e a Avda de Vigo. A policía apunta ademais do volume de tráfico que soporta o coñecido como cruce do Galas, polo que propoñen a posibilidade da instalación dunha rotonda para regular o tráfico; un proxecto que xa iniciara a Xunta en forma de borrador.

O alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela fíxolle entrega á conselleira de infraestruturas Ethel Vázquez dun dossier elaborado pola policía local de Cangas que recolle todas as melloras a acometer na nosa vila.

PO-315

Esta estrada está incrementando de maneira considerable o tráfico, especialmente en época estival; o que provoca as numerosas queixas -con razón- da veciñanza de Aldán. O tráfico afecta de maneira que as veciñas e veciños ven imposible saír das aldeas ou cruzar a estrada con seguridade. Ademais, as retencións soen ser quilométricas nos puntos de entrada e saída ás praias. Por iso, solicitouse que estuden a viabilidade de regulación semafórica nos seguintes cruces:

PO-315 co bario de Menduiña

PO-315 coa Baixada á praia de Menduiña

PO-315 co Peirao de Aldán

PO-315 coa Rúa David Cal

PO-315 O Viso – O Hio

Tráfico marítimo

O alcalde de Cangas, ademais, tamén aproveitou a reunión para transmitirlle a Ethel Vázquez o incordio que supón para a veciñanza canguesa a supresión do servizo de transporte da ría. Neste aspecto, Pazos esixiulle á conselleira máis coordinación para non limitar a mobilidade da cidadanía de Cangas. O alcalde pediulle un plan alternativo terrestre que se poida poñer en marcha cando o transporte da ría non poida efectuar o servizo por mor da meteoroloxía, sen alterar os horarios e a vida da xente.

Podes ver e consultar o dossier enteiro a continuación:

Proposta de mellora de seguridade viaria nas estradas de competencia da Xunta en Cangas by alternativacanguesadeesquerdas on Scribd

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies