SUNDAY 24 FEBRUARY 2019

O “Plastic Attack” chega a Ourense reclamando un futuro sen plástico

Chega a fin! A era do plástico xa debe formar parte do pasado e queremos tender a un futuro desplastificado no que a moda sexa levar a bolsa de tea da casa, mercar a granel e dicir non a todo o que conteña envases innecesarios e nocivos para as persoas e o medio ambiente.

E porque queremos facelo dun xeito didáctico e lúdico, activistas de Amigos da Terra  e Sustinea estaremos mañá sábado día 16 dende ás 11h da mañá diante do supermercado Eroski da Avenida de Santiago coa campaña Plastic Attack.

Biaxo este lema queremos sensibilizar ás persoas consumidoras do sobreenvasado das súas compras, dos impactos de todos estes plásticos no medio ambiente e da existencia de moitas alternativas de moi fácil integración nas súas vidas, que axudarían a revertir a situación dun xeito moi notable.

Convidaremos a todas as persoas que fagan as súas compras mañá a que deixen no noso punto informativo todos os plásticos innecesarios e as embalaxes supérfluas que atoparán na súa compra.

Ademais, convidaremos mediante unha carta que entregaremos a supermercados e grandes empresas a sumarse á moda do Residuo Cero e a que ademáis de promover a reciclaxe nos seus establecementos, poñan a disposición da cidadanía cada vez máis produtos a granel e menos envases innecesarios e perxudiciais para as persoas e o medio ambiente.

A iniciativa forma parte do movemento denominado #DesnudaLaFruta, ao que nos sumamos e que busca que a cidadanía extenda este tipo de accións por toda a xeografía e denuncie a través de fotografías nas redes sociais o ridículo  e grave que pode chegar a ser este sistema de envases supérfluos e dun so uso envasando, por exemplo froitas peladas en bandexa de poliexpan para a súa conservación (en lugar de deixar a proteción natural da froita).

Ademáis, en Galicia, de todos os plásticos que se poñen no mercado, nin sequera un 15% chega a ser reciclado, isto significa que acaban en vertedoiros, incineradoras e o que é peor, nos nosos montes, ríos e mares, despilfarrando así toneladas de recursos naturais precisas para fabricar elementos cunha vida útil de non máis de 10 minutos e con fácil sustitución.

Segundo o Programa Medioambiental de Nacions Unidas (UNEP), cada ano chegan ata 12 millons de toneladas destes residuos aos nosos mares, provocando danos moi graves á fauna mariña e intrioucíndose na cadea alimenticia a través dos microplásticos. Segundo as previsións, se a situación continúa como ata o de agora, no 2050 haberá máis plásticos que peixes no mar.

Para frear esta situación é imprescindible reducir drásticamente a produción de plásticos e eliminar todos aqueles que sexan dun so uso, tal e como ademáis obriga a Comisión Europea na nova Directiva de plásticos pendente de ser aprobada nas vindeiras semanas.

  • O grupo pedíu un concurso público “que garanta a transparencia na xestión municipal”, pero o PP quere designar o posto “a dedo, coma sempre”.
  • Búscanse perfís con competencias en materia económica, xurídica ou financeira para un posto por catro anos prorrogables.
  • As interesadas poderán enviar o seu CV ao grupo por correo-e ata o mércores 16. Ourense en Común comprométese a “esixir que sexan valorados”.

    Ourense en Común tomou a determinación de actuar como mediador para cubrir o posto vacante na Secretaría do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense, e facía hoxe un chamamento aberto para recibir currículums e que a persoa que entre no cargo “sexa realmente a que mellor se axusta ás necesidades do traballo”.

    Dende que no pasado mes de decembro a praza quedara vacante, Ourense en Común vén solicitando ao goberno que sexa substituída mediante un concurso público, e “non a dedo como quere facer o alcalde”. Segundo o voceiro do grupo, Martiño Xosé Vázquez, é necesario acabar co enchufismo e estas vellas prácticas de libre designación. Calquera posto dentro da administración pública debería fixarse por baremos obxectivos, valorando os méritos profesionais que garantan a profesionalidade e imparcialidade futura na súa xestión”.

    O grupo chama ás persoas interesadas que cumpran os requisitos, a que lles envíen os seus currículos ao correo-e ourenseencomun@ourense.gal antes do próximo mércores 16 de maio. A persoa candidata deberá posuír titulación superior universitaria e recoñecida competencia técnica en materia económica, xurídica ou financeira, valorándose especialmente, a súa condición de funcionaria/o con habilitación de carácter estatal e a súa experiencia no ámbito da facenda municipal. O posto a cubrir tería unha duración de 4 anos, con posibilidade de prórroga.

    O Tribunal Económico-Administrativo Municipal é o órgano especializado para o coñecemento e resolución das reclamacións económico-administrativas do Concello de Ourense. Martiño Xosé Vázquez explica que o da Secretaría do Tribunal é un cargo sensible”, xa que as súas funcións inclúen a tramitación de expedientes de reclamacións económico-administrativas, a redacción de resolucións, ou o arquivo de libros de rexistro e actas, e conclúe que de ser designado “a dedo” polo alcalde, será “susceptible de que o traballo estea condicionado para ir cara onde o goberno quere, e non cara ao interese xeral de Ourense”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies