SUNDAY 24 MARCH 2019

Por André Abeledo Fernández
Candidato a Alcaldía de Narón por NARÓN POR DIANTE

Casado promete relegar o uso do catalán, do galego e do euskera a linguas opcionais. Quere desandar un camiño recentemente aberto en defensa do noso idioma.

O líder do PP, que o é tamén da ultradereita española, propón que o castelán sexa vehicular nas aulas e obrigatorio na administración.

O galego foi atacado e aldraxado durante séculos. E hoxe en día en moitos ámbitos da vida diaria da Galiza, o noso idioma segue a ser un estranxeiro na súa propia terra.

Non fai tanto tempo, practicamente nada no reloxo da historia, durante a ditadura franquista, nos xornais galegos podíase ler en perfecto castelán “no sea animal hable castellano”.

Miña nai contábame como a súa profesora na escola rural non falaba máis que castelán, e como os nenos que falaban en galego eran ridiculizados, e non falo dunha gran cidade, falo da parroquia de “Anca”, unha pequena aldea, entón labrega, onde en todas as casas falábase en galego.

O galego foi sempre a lingua da clase traballadora galega, o idioma da resistencia dun pobo que quería seguir falando o seu idioma para non deixar de ser.

Hoxe en día falar galego na Galiza continúa sendo un acto de reivindicación e rebeldía fronte o nacionalismo casposo herdado do franquismo.

O galego continua precisando dunha discriminación positiva, ten que ser coidado, mimado, e reforzado para recuperarse das feridas de tantos anos de oprobio.

O galego é o noso tesouro, e Galiza é unha nación, un pobo cunha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características nos fan galegos.

Todas as linguas, todos os idiomas, son igual de importantes, naceron despois dun longo proceso e a súa perdida é sempre irreparable.

É importante ter sempre presente, como ben dixo Castelao, que “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”.

Galiza é unha nación e un pobo con unha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características nos fan galegos.

O noso idioma forma parte fundamental da nosa identidade, o galego foi sempre o idioma da clase traballadora galega, foi lingua de resistencia, e continua resistindo en condicións moi difíciles.

Este novo ataque dende a dereita máis rancia, dende o nacionalismo español de touradas e escopetas, este ataque ao noso idioma baseado en mentiras e falsidades, é unha mostra máis de quen quere realmente romper a convivencia no Estado español é o nacionalismo de herdanza franquista que segue moi vivo na dereita española.

Os buitres voan sobre a Seguridade Social

Por Victoria Portas
Relacións Laborais e Experta en Seguridade Social. Comisión Legal COESPE/Modepen


Que si a Seguridade Social non é sostible, que si as pensións non se  poden subir por IPC, que si cada vez somos máis e máis maiores, que si non aportamos o necesario para cubrir todas as prestacións,… Pero si a Seguridade Social está tan mal e ingresa tan pouco, cómo a banca está como buitre no deserto esperando a súa recompensa, cómo a patronal apoia medidas, que teóricamente non lles inflúe?

 

Si alguén ten un gran interés de que nos creamos que o Sistema ten unha débeda, esa é a BANCA, ela sí que ten un gran interés no xogo, poderíamos decir que ten en xogo 123.584 millóns de euros en cotizacións sociais de traballadores e empresas que se ingresarán na Seguridade Social no exercicio 2019. Ese é o tesouro o que non queren renunciar e utilizarán toda a influencia política precisa para conseguir a súa meta.

Na Comisión Europea liderada pola dereita europea están levando a cabo o Regulamento do Producto Paneuropeo de Pensións, e en España  intentando impulsar dende dentro da mesa do Pacto de Toledo os famosos EPSV vascos ( dos que vos contarei outro día) e/ou os que todos coñecemos  como planes de pensións de empresa, (acordos empresariais ou sectoriais entre empresas e traballadores).

Os pláns de pensións de empresa, non son máis que un desconto na súa nómina mensual que se acumula nunha bolsa de aforro individual que pertenece a cada traballador. É decir, cuantías que a empresa restará do salario dos traballadores, xa enormemente mermado por culpa da Reforma Laboral do 2012,a cal non se poden negar pois será marcada según negociación colectiva e  introducirá en un Plan de Pensións  xestionado por unha entidade financeira que non ofrece  ningún tipo de garantía ao traballador/aforrador pero polo cal as empresas normalmente reciben a cambio algún tipo de bonificación fiscal, e moito mellor  canto máis aposten por plans privados de renda variable.

Incluso dase a paradoxa, de que a quebra de ditos productos produce a pérda total do aportado por parte do traballador  e pola contra o lucro, sin escrúpulo, de empresarios e banqueiros, como sucedeu co caso Maxwell, que en 1995 roubou 400 millóns de libras dos fondos de pensións financiados polas empresas das que era dono, é decir unha bancarrota empresarial lucrativa.

Casos que se ocultan pois non se quere dar unha solución ao sistema que non sexa a de beneficiar ao capitalismo, aos plans de pensións privados  en contra do sistema máis seguro que é o da Seguridade Social pública donde o Estado é garante de ditas prestacións.

Señores políticos, as pensións non son unha deuda, e por elo non xeneran intereses, non xeneran déficit, nin hai que devolvérlla a ninguén. As pensións e as prestacións nun Estado de Benestar Social son un DEREITO, e como tal Estado Social e democrático non vamos a faltar nunca ao art 25.1 da declaración universal de dereitos humáns  de (1948): “ Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado, ten así mesmo dereito aos seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viudez, vellez u outros casos de pérdida dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes a súa vontade “.

Recorden, que coas súas propias normas de xogo, vostedes o 27/09/2011, con nocturnidade e alevosía reformaron o que era irreformable, o artígo 135 da Constitución Española, onde priorizan vostedes a DÉBEDA a  cidadanía, pois ben, si as pensións son unha débeda están incumplindo o seu propio 135.3. “Los criterios para satisfacer su pago, gozara de prioridad absoluta “y estos criterios no podrán ser objeto de enmiendas o modificación…

Esta clase traballadora está orgullosa de seguir aportando cotizacions ao sistema de Seguridade Social como ente solidario, interxeneracional e público, que debe ser apoiado polos PXE en casos de necesidade e onde dunha vez por todas, o artígo que debe ser novamente redactado é o  artígo 50CE onde diga:

“Os poderes públicos garantizarán, mediante pensións públicas adecuadas e actualizadas anualmente como mínimo, conforme ao incremento do coste da vida, a suficiencia económica aos ciudadáns durante a terceira idade. Asimesmo, e con independencia das obligas familiares, promoverán o seu benestar mediante un sistema público de servicios sociais que atenderán os seus problemas específicos de saude, vivenda , cultura e ocio”.

AGORA SOMOS A CIDADANÍA OS QUE DECIDIMOS QUE FUTURO QUEREMOS, DEREITOS SOCIAIS OU PÉRDA DOS MESMOS.

A velha Europa agoniza


“Europa tamén ten os seus problemas, provocados principalmente polo feito de que os países se uniron a fin de crear unha unión monetaria sen tomar as oportunas medidas políticas e institucionais para que esa unión funcionase, e van ter que pagar un elevado prezo por ese fracaso.”
Joseph Eugene Stiglitz

“Poderíame plantar no medio da Quinta Avenida e disparar á xente e non perdería votos.“
Donald Trump

“Esta é a forma pura de servidume: existir como instrumento, como cousa.“
Herbert Marcuse

“A primeira causa da servidume voluntaria é o costume.“
Étienne Da Boétie

Admítoo, un non pode reprimir certa atenazante sensación de indignación e vergonha ao contemplar á velha e decadente Europa atrevéndose de novo a dar leccións de moralidade e democracia a Venezuela. Unha sensación que me invade ao pararme a pensar brevemente na complicidade da nosa comunidade económica –din que tamén política– con estados totalitarios como o israelí ou o saudita, o noso claro comportamento amoral na fronteira Sur ou nesa intensa cor do sangue iugoslavo e ucraíno aínda nas nosas mans.
Non nos enganemos, Europa é un sonho de unidade real recente e demasiado lixeiro tras séculos de receos e pesadelos bélicas continuas. No noso acervo común como poboo aínda non esquecemos aqueles pactos entre elites europeas que nos abocaron a masacre de obreiros que supuxo o desenvolvemento da Primeira Guerra Mundial, nin tampouco chegamos a superar completamente a complicidade de moitas burguesías, non poucos políticos e demasiados intelectuais, co pensamento do Nacionalsocialismo xa anunciado en Mein Kampf, pero que moitos decidiron abertamente ignorar ou mesmo consentir abertamente para dese modo intentar frear o imparable avance do movemento obreiro no Continente. Con iso, tal e como sinala Daniel Bernabe nun moi acertado tuit, os Thyssen, os Krupp, os Siemens, os Porsche e moitos outrosreamatarían dando pé á cruel e demoníaca empresa nazi de Auschwitz- Birkenau, Dachau, Mauthausen- Gusen, Sachsenhausen ou Varsovia. Recordos todos eles inmensamente dolorosos, que durante un breve momento da historia, pareceron dotarnos como europeos dun sentimento de responsabilidade cás decisións que tomaban a nivel político no noso planeta. Pero non era máis nada que outro sonho.
No final da tolemia da Segunda Guerra Mundial eliximos quedarnos coa versión de Hollywood, reflotamos os nosos bancos e de novo puxemos a funcionar ás nosas empresas, todo baixo a supervisión do Tío Sam, sempre por tanto baixo a atentada mirada do sistema capitalista. Da man de Estados Unidos decidimos desmemoriados que o noso inimigo era o Comunismo e borramos calquera tipo de agradecemento primeiro á URSS e logo a Rusia, un pobo que en Leningrado, Stalingrado, pero tamén en Praga ou en Berlin, dera o seu sangue para liberarnos do nazismo, esa besta que unha vez máis da man dunha crise capitalista hoxe comeza ha renacer lentamente en Europa.
E claro, tras esa decisión chegaron as consecuencias. Abrimos McDonald’ s e Pizza Hut en cada barrio, os alternativos do ácido como Steve Jobs puidéronse converter en ricos cidadáns estadounidenses mentres os trabalhadores europeos eran masivamente despedidos dos seus empregos e reprimidos nas rúas, para obrigalos a hipotecarse por un sistema que lhes prometía chegar a adquirir unha mazá mordida nos seus computadores. Á vez que sucedía todo isto, a nosa política exterior común como europeos, pasaba rapidamente á vasalaxe total e absoluta ós intereses xeopolíticos do executivo de quenda en Estados Unidos. Daba igual se se trataba de Clinton bombardeando Iugoslavia ou se era Obama o que incendiaba Ucraína, o importante para Europa sempre foi afastarse da posición rusa, o suposto mal orixinal dos nosos problemas como sociedade. Pero tamén da Cuba de Fidel, esa ameaza médica para o mundo, a China comunista, a Corea atómica ou a tenebrosa Venezuela de Chávez. Non son poucos os conflitos nos que nos posicionamos con Estados Unidos, para saír escaldados moralmente ou mesmo militar e economicamente. Tamén a nosa postura en Oriente Medio e especialmente o noso papel nas chamadas Primaveras Árabes, custáronnos vidas, a dos nosos soldados, pero tamén a de cidadáns inocentes que en Madrid, Londres, París ou Bruxelas pagaron unha vez máis co seu futuro a arrogancia e o desprezo dos dirixentes europeos pola voz do seu pobo, polo seu clamor contra calquera tipo de Guerra.
Non sempre é a voz da submisión a que nos pode chegar a avergonhar como europeos, en ocasións é tamén o noso silencio como poboo o que nos levou a perpetuar o crime e a crueldade no mundo. Consentimos a tolemia en Ruanda, Serra Leona ou Iemen, ignoramos o sufrimento saharauí e palestino e mesmo nos congraciamos cás ditaduras en América Latina, ninguén poderá esquecer a defensa sen concesións de Thatcher a Pinochet ou o compadreo do campechano cidadán Juan Carlos de Borbón con Videla durante a súa viaxe a Buenos Aires. Sóbrannos en definitiva motivos par avergoñarnos e realizar serio acto de constricción, pero aquí estamos unha vez máis, os espanhois os primeiros, facendo de novo o ridículo como pobo e o que é peor, abocando sen miramientos ao mundo ao bordo dunha desas cadeas de actos que adoitan rematar en tambores de guerra. Todo iso, unicamente por submisión ante o noso “socio” Estados Unidos.
Dános igual que o narcotráfico, a corrupción e o fanatismo se apodere de novo dos Balcáns, Apoiar abertamente a un goberno nazi en Ucraína ou sentarnos á mesa común coa onda de partidos e gobernos ultradereitistas que poboan o noso continente. Desde unha suposta superioridade moral que non tenho moi claro existise algunha vez, acusamos a Venezuela de non respectar os DDHH e facémolo mentres negociamos con Marrocos ou Libia enormes cárceres para migrantes, que chegado o día substitúan ás que hoxe os seguen engaiolando no noso propio chan, ignoramos o mercadeo de escravos en Libia, as ilegalidades en Ceuta e Melilla ou o auxe racista do fascismo en Italia. Mesmo temos as santas narices de outorgarnos premios á concordia mentres vemos como os perdedores do mundo afóganse a diario no Mediterráneo. Tampouco debemos esquecer que en chan europeo volveuse a asasinar a xornalistas por investigar ó poder, que existen presos políticos en Espanha ou que se reprime duramente a manifestantes en País. Non debemos esquecer especialmente, que os nosos exércitos, ó contrario que o venezolano, si bombardearon obxectivos civís en Libia, Siria ou Iraq.
Dá igual que levemos meses dicindo que Trump é un descerebrado e un tolo, que os seus principais socios na decisión de reconhecer a Guaidó como presidente fosen a Arxentina en banca rota de Macri, o Brasil fascista –parece que do mesmo xeito que sucedeu con VOX agora resulta que non tanto– de Bolsonaro ou a Colombia dos asasinatos impunes contra os líderes sociais e activistas. Ante a agresión contra o pobo de Venezuela, esquecemos o tema do muro e os nosos propios intereses, esquecémolo todo, para disponhernos reconhecer a un farsante como presidente lexítimo de Venezuela. Dannos igual as consecuencias, dános igual o que poida vir despois. Un servo débese ao final unicamente ao seu amo.

O conde de Vistalegre

Daniel Seixo


Hai punhais nos sorrisos dos homes; canto máis próximos son, máis sanguentos.

William Shakespeare


A hexemonía móvese na tensión entre o núcleo irradiador e a sedución dos sectores aliados laterais. Afirmación – apertura.

Iñigo Errejón


“Et o teu Brute?, entón caia César”

William Shakespeare


Moitos eran os que ata hai pouco, pensaban que a nova política que supostamente representaba Podemos, sabería aparcar as súas diferenzas tras aquel famoso e polémico congreso de Vistalegre II no que Pablo Igrexas derrotou sin tutelas, ni tu tías, ó desafío directo do errejosnismo.

Cá obtención dun 89% dos votos, o control da secretaría xeral e gran parte da dirección do partido, a vitoria de Pablo Iglesias parecía de xeito evidente esmagadora, pero ou ben por buenismo ou por puro pragmatismo, o renovado líder da formación morada decidiu deixar vivo ao inimigo. Confiou en que aínda podería rescatar a Iñigo Errejón como companheiro e como aliado, unha decisión que finalmente o tempo demostrou claramente equivocada.

Nin ese primeiro desafío interno, nin o frustrado golpe de estado de Carolina Bescansa ou as continuas punhaladas na prensa da contorna de Iñigo Errejón, pareceron lograr que Iglesias se decidise por dar un golpe de man para lograr parar ditos movementos, todo ata que finalmente o líder de Podemos viu transformada a capital do estado espanhol nun novo Desembarco del Rey para o seu partido.

O anuncio de Iñigo Errejón de renunciar á marca Podemos para sumarse a unha candidatura á Comunidade de Madrid, focalizada a través dunha alianza con Manuela Carmena, non só foi nas súas formas unha clara ruptura da disciplina de partido, senón supuxo no seu conxunto a clara escenificación do asasinato de Julio César por parte do errejonismo.

Cun partido electoralmente á deriva e un líder cada vez máis desgastado, a decisión do candidato designado por Podemos á Comunidade de Madrid de primar a marca Más Madrid por riba do nome do seu propio partido, supón sen ningunha dúbida unha clara acusación directa ante a militancia contra o rumbo tomado pola dirección de Pablo Iglesias.  Hoxe xa non parece existir espazo para a convivencia pacífica entre os dous grandes nomes de Podemos. A paz tensa deu paso definitivamente a unha guerra declarada na que os votantes do partido do cambio e o conxunto da esquerda parlamentaria do estado espanhol tenhen moito que perder e moi pouco que ganhar.

A nova política asume unha vez máis as cainistas disputas da política tradicional, cá excepción de que neste caso o errejonismo camufla a súa traizón nunha suposta chamada a superar a lóxica de partidos. Un chamamento que máis ben parece exhortar ós afiliados de Podemos a superar a ideoloxía ou o compromiso da militancia, para simplemente confiar nun líder ou unha marca oca, sen un claro proxecto alternativo que realmente xustifique unha ruptura como esta a escasos asaltos para o final dun combate de suma importancia para a cidadanía madrilenha.

Atopámonos ante unha traizón televisada, unha disputa entre amigos que levou á descomposición dun partido político tras continuadas rifas públicas no comedor universitario transformado hoxe no parlamento e unhas formas finais máis próximas ó capricho que ó que un podería esperar da alta política.

Pase o que pase de aquí ao enfrontamento final nas urnas, Iñigo Errejón deberá responsabilizarse do cisma aberto na “nova esquerda” madrilenha e no estado espanhol. Unha ferida que nunha primeira olhada non parece responder tanto a profundos debates ideolóxicos, senón ó mero electoralismo e a loita polo poder interno en Podemos.

Tras catro anos, un podería pensar en toda a rabia e ilusión malgastada nun proceso que remata cun Iñigo Errejón próximo, senón xa en caminho, ós postulados do PSOE e un Pablo Iglesias ata agora líder dun partido que ben poderia ser hoxe a Esquerda Unida de sempre. Resulta complicado atopar en todo este proceso un caminho de cara a un novo modelo de sociedade, un caminho de cara a un vitoria fronte ó avance da dereita máis reaccionaria dos últimos tempos. Unha vez máis, a división interna supón unha adicción para a esquerda.

Tan só o tempo aclarará as verdadeiras razóns do xóven Iñigo.

Para loitar contra unha dereita unida, unha Fronte Popular

Víctor Arrogante

Dada a nova situación derivada do acordo das dereitas para gobernar en Andalucía, é necesario que os partidos da esquerda política e ideolóxica, as organizacións republicanas e os sindicatos de clase se unan para respostar ao que vén. Hai quen vaticina que a situación andaluza extenderase por España, sen pasar moito tempo; nas próximas eleccións municipais, autonómicas e europeas e quen sabe se nas próximas eleccións xerais podería ocorrer o terremoto. Temos que mandar un SOS para a democracia uníndonos nunha Fronte Popular.

Logo dos resultados en Andalucía, os medios, ao servizo do poder, trocaron o discurso influindo na opinión de millóns de persoas, que cambia a orde das súas preocupacións. Se o poder económico se sentíu contra as cordas cando apareceu Podemos, agora séntese satisfeito coa aparición da ultradereita, unida á dereita de sempre, que por non perder o sitio radicalízanse nunha posición de involución. Porque non nos deixemos enganar; Vox non “colou” nada ao PP, todo foi unha manobra e Ciudadanos estaba no xogo, a pesar do que queren vender agora. As tres formacións representan a dereita española unida.

O meu amigo Pepe Fernández, director de @confidencialand, ten razón cando di que “Un banco espíando e investigando a metade do país dende as alcantarillas e fóra da lei, pero o que realmente preocupa é o que fan 12 deputados fronte a 97 nun parlamento rexional”. Pero non é menos certo que, precisamente por iso, Vox converteuse nun perigo, xunto cun PP en retroceso, a pesar de que gobernará a Andalucía co seu peor resultado, e un Ciudadanos que se mantén, ollando a outro lado para tocar poder.

A dereita en España dominou históricamente os resortes do Estado. Dende o final da guerra en 1939 e ata o día de hoxe non deixou de estar no poder. Controlou a transición cara á democracia; permaneceu no poder económico durante os gobernos socialistas e agora, sen complexos, pretenden regresar ao estado totalitario franquista. O maior problema político que padecemos segue sendo o legado do réxime franquista, que dominou os designios do pobo, a través das políticas antisociais e represivas desenvolvidas polos gobernos do PP. Herdou as institucións e a súa forma de ser e de actuar, porque son os mesmos e continúan no afán por facelo.

Fronte a unidade representada pola dereita, en defensa dos seus intereses patrimoniais e ideolóxicos, os partidos da esquerda caracterizáronse por marcar as súas diferenzas. Isto en si mesmo non é negativo, é favorable para fortalecer os debates e atopar, a través da razón, as ideas que levan a superar a situación de inxustiza que carga no lombo a clase traballadora. Tamén é certo que esta desunión provoca que a dereita de permaneza no poder e así alcanzar os seus fins. A división da esquerda ten unha longa historia, que xa se manifestou durante a guerra civil, coas loitas entre comunistas, anarquistas e socialistas. Hoxe, mentres o PP se arrexunta nun amplo espectro, con liberais, demócrata-cristiáns, conservadores, franquistas e coa extrema dereita; a esquerda aínda está dividida e no peor dos casos, enfrontados.

Un compoñente esencial do pensamento de esquerdas é a súa actitude crítica (Augusto Klappenbach). A esquerda cuestiona o poder, mentres que a dereita dedícase a xustificar a orde social, dirixindo os seus esforzos para defender o sistema establecido ou reformalo para a súa continuidade. A vocación ética, de crítica rigorosa, é común na esquerda, ata o punto de virar contra ela. Segundo Max Weber, a ética das conviccións adoita aplicar os principios morais de forma absoluta, ignorando as consecuencias que causa o comportamento. Ás veces, esquecendo que o obxectivo da acción política é a transformación da realidade inxusta e que a función das ideas e principios é facela posible.

O 7 de xaneiro de 1936, o presidente da Segunda República, Niceto Alcalá Zamora, decretou a disolución das Cortes e convocou eleccións para o 16 de febreiro, que gañou a Fronte Popular; unha coalición electoral formada polos principais partidos republicanos. Foron as últimas eleccións durante a República e outras non foron realizadas outras ata 1977, despois da morte de Franco. O primeiro goberno da República en 1931, buscou modernizar o país e promover a xustiza social. Nada foi fácil; tan grande era a oposición da dereita capitalista e cacique, xunto coa da Igrexa Católica, que deron un golpe de Estado que provocou unha guerra; eles gañáron coa axuda do capital internacional, a Italia fascista e a Alemaña nazi. Crearon un estado totalitario que mantiveron durante corenta anos e que hoxe algúns herdeiros pretenden retomar.

Para Frei Betto, ser de esquerda, é apostar polos pobres, indignarse pola exclusión social, inconformarse con calquera tipo de inxustiza ou, como dixo Bobbio, “considerar a desigualdade social como unha aberración”. Pola contra, estar á dereita é tolerar a inxustiza, considerar os imperativos do mercado sobre os dereitos humanos, enfrontar a pobreza como incurable, coa crenza de que hai persoas e pobos intrinsecamente superiores aos outros inferiores.

De estas ideas xurden todas as demais. O socialismo, o ecoloxismo, o comunismo, o anarquismo, o feminismo, o pacifismo, o igualitarismo, o patriotismo progresivo ou a doutrina social cristiá son diferentes ideoloxías, todas respectables e decisivas, que nos levan á defensa das ganancias sociais, loita pola educación e saúde pública, a resistencia aos desaloxos, a conciencia de xénero, a loita contra a austeridade ou a defensa da nosa soberanía contra os poderes financeiros transnacionais. Toda esta diversidade, fronte a un inimigo común, a dereita unida.

O pobo, representado nas organizacións republicanas, de esquerda e sindicalista, foron capaces de formar unha Fronte Popular en 1936, podendo deixar a salvo os principios particulares da súa doutrina, concordando cun plano político común para servir como base para o coalición no concurso electoral e de norma goberno, que se desenvolverían no caso da vitoria. No Manifesto “declarar á opinión pública as bases e os límites da súa coincidencia política” e ofrecense á consideración dos restantes organizacións republicanas e dos traballadores, debe considerar conveniente integrado no bloque republicano e á esquerda, eles terían que loitar contra a reacción nas eleccións xerais ás Cortes. A conspiración da dereita reaccionaria e do golpe de estado contra a lexitimidade da República foi posto en marcha axiña que se formou o goberno de Azaña. Políticamente era antidemocrático; legalmente inconstitucional; socialmente conservador e tradicionalista; espiritualmente clerical; ideoloxicamente totalitario; económicamente capitalista; militarmente absolutista; e moralmente inhumano.

Habendo superado isto, cunha memoria viva do que pasou e reivindicando que a Memoria Histórica e os dereitos das vítimas sexan respectados, a esquerda debe suavizar a enemistade entre eles e atopar o ideal que os une. Non me refiro aos pactos económicos de salvación, que veñen consolidar e legitimar as políticas antisociais e represivas. Refírome a acordos que fortalecen a xustiza social, a igualdade ea solidariedade. Debemos virar a páxina de disputas históricas e navegar xuntos cara á vitoria final, baixo o eslogan universalmente válido: “traballadores do mundo, unídevos“.

Como recorda Carlos Hernández Pezzi, “a esquerda debe xurdir da perplexidade, rearmarse coas ideas“, se quere afrontar os retos que lle esperan. Para o grupo Para a unidade da esquerda, a esquerda sempre defende os valores do progreso, é dicir, a liberdade, a igualdade eo benestar. Neste tempo novo e despois do que se viu nas eleccións en Andalucía, a unidade ea mobilización da esquerda é máis necesaria que nunca. Propón apoiar en cada territorio as candidaturas aprobadas pola esquerda que teñen máis probabilidades de derrocar o dereito agora inclinado cara ás posicións radicais patrocinadas pola extrema dereita.

Poderá haber alguén con medo de usar o término Fronte Popular, polo que significaba na historia, e prefiren outro. Calquera que sexa o término, hoxe coma onte, a necesidade, razón, dignidade e xustiza social esixen que a desigualdade desapareza e este debe ser un obxectivo común. Hoxe máis que nunca, é necesario un Fronte Popular contra a dereita reaccionaria unida, que sempre estivo aquí, pero que agora da a cara.

Agarrar a utopía

Daniel Seixo


Cando desaparecese a subordinación esclavizadora, dos individuos á división do trabalho, e con ela, a oposición entre o trabalho intelectual e o trabalho manual; cando o trabalho non sexa soamente un medio de vida, senón a primeira necesidade vital; cando, co desenvolvemento dos individuos en todos os seus aspectos, crezan tamén as forzas produtivas e corran a barulho os mananciais da riqueza colectiva, só entón poderá pasarse totalmente o estreito horizonte do dereito burgués, e a sociedade poderá escribir nas súas bandeiras: De cada cal, segundo as súas capacidades; a cada cal, segundo as súas necesidades!

Karl Marx


Á fin e ao cabo, somos o que facemos para cambiar o que somos.Eduardo GaleanoCando chego a casa tómome unhas pílulas para durmir e ó redor do que a min me pareceu que fora media hora de inconsciencia volve ser luns pola manhá.

Irvine Wels

Hai uns días atopábame repasando velhos libros no fogar, cando por casualidade nun deles atopeime cun apartado acerca da semana proamnistía de maio de 1977. Nese momento pasáronseme varias cousas pola cabeza, a primeira que non facía tanto que comezamos a saír dunha ditadura fascista que durara case corenta anos. A segunda que realmente nunca chegamos a ver do todo a luz ó final dese túnel que foi o franquismo para o estado españ¡nhol. E por último, que a pesar de todos os dereitos adquiridos pola nosa clase social, grazas ás xeracións que aquel maio se manifestaron e as que lhes precederon na loita obreira, estamos a permitir sen mover un dedo, que unha nova reacción liberal-conservadora nos arrebate todo polos que tantos outros deron a vida e o melhor deles mesmos.

Cadro de Giuseppe Pellizza da Volpedo

Non nos equivoquemos, hoxe a situación da clase trabalhadora no noso país corre serio risco. Á crecente precariedade laboral, a ameaza do paro e o continuo recorte de prestacións sociais, debémoslhe sumar unha recente ofensiva total e absoluta contra a liberdade de expresión, manifestación e información da clase obreira. As leis mordaza, o uso do poder xudicial para perseguir e encarcerar a sindicalistas, xornalistas independentes e militantes políticas da esquerda revolucionaria ou a clara e continuada manipulación e intoxicación informativa nos medios xeneralistas, forman parte dunha estratexia claramente premeditada para aparvar, amedrentar e finalmente conseguir alienar a unha clase social que hoxe xa mesmo se desconhece a si mesma inmersa de cheo nun sistema demasiado caótico e agresivo como para chegar a comprendelo totalmente.

Non é que a xeración do inmediato postfranquismo en Espanha tivese máis motivos, unidade ou decisión á hora de saír á rúa, senón que si tinhan claro que había que cambiar o sistema. Caduca na súa propia cama, a ditadura abandonara a súa aparente naturalidade dentro do estado espanhol, polo que os seus cidadáns pactaron con certa naturalidade unha serie de reivindicacións básicas que resultaban innegociables para eles. Hoxe, cá herdanza da transición claramente agonizante e un modelo territorial que non admite xa nin por un segundo máis a estratexia do patadón histórico para adiante, cada vez son máis os espanhois que comezan a albiscar a peregrina idea de que isto non se salva con máis maquilhaxe política e circos parlamentarios con máis palhasos que animais políticos nas súas filas.

O que falha en Espanha non son só as xanelas, nin o marco da porta ou a entrada ao garaxe, senón os cimentos. Esta aparente casa de todos que se supón é o estado xurdido tras a ditadura, naceu supeditado e arbitrado por aqueles que tinhan un pé no búnker: as familias próximas ao ditador, os altos cargos militares, o gran empresariado, ese círculo corrupto sen o que o franquismo nunca sobrevivise e por suposto a igrexa.

O que se asinou foi unha rendición, perdemos a guerra e perdemos tamén claramente a transición. Aceptamos un modelo de estado caduco, corrupto, explotador e claramente predemocrático a cambio da seguridade de non volver á ditadura ou á guerra. Tras iso, inmediatamente nos autoconvencemos de que o relato da transición que os vencedores nos repetían era verdade, mesmo fanfarronamos do mesmo. Do mesmo xeito que unha xeración de europeos agradecen a día de hoxe a Estados Unidos que os liberase do nazismo, os espanhois pasáronse a última década crendo firmemente en que Franco non tinha razón cando dixo deixar todo atado e ben atado.

Poida que en parte por iso, hoxe as nosas loitas non identifican facilmente o marco ó que se enfrontan. Non se trata de que a xente permaneza en calma ou exista unha relativa paz social, senón de que o conxunto social atópase demasiado aparvado como para lograr focalizar a súa rabia, a súa ira. No último ano vimos saír ás rúas a numerosos planteis de trabalhadores para loitar contra os cada vez máis habituais expediente de regulación de emprego ( ERE), ós pensionistas, ó feminismo, ó independentismo…, vimos como diferentes colectivos reclamaban os seus dereitos mentres os políticos e gran parte dos sindicatos unicamente sacaban a pactada foto, apoiaban a causa entre manidas declaracións e retirábanse. Non existiu nin un triste intento por organizar unha fronte de resistencia contra o réxime que nos goberna exceptuando o chamado procés catalán e casualidades da vida, a reacción independentista en Catalunya foi o único que logrou axuntar na súa contra a reacción unánime de partidos parlamentarios e medios de comunicación de toda índole no Estado Espanhol. Ó meu parecer demostrando claramente con iso que o único que desestabiliza profundamente e fai reaccionar á clase dirixente de Espanha, é unha reacción social organizada que busque o cambio total de réxime, un proceso constituínte. Unha nova Utopía rupturista.

Non podemos continuar comportándonos como unha xeración con medo a loitar por un cambio, un mascarada social bailando ao ritmo do capitalismo máis salvaxe á espera de que a música cese definitivamente nos nosos barrios para enfrontarnos improvisadamente á desmedida distopía que hoxe xa presente negámonos a ver.

Resulta necesario crear un proceso de reflexión política e social máis aló das pautas electoralistas. Unha alternativa de estado máis xusta, máis democrática e máis social. O #15 M e a súa vertente política sonhaba con asaltar o ceo, pois ben, ante a clara ameaza ós nosos dereitos máis básicos, resulta necesario baixar dunha vez das nubes para desde unha actitude de mobilización política reflexiva e revolucionaria, encarar un proceso constituínte capaz de cambiar as cousas. Un proceso que implique a partidos, sindicatos, asociacións e movementos sociais de todo tipo. Unha gran Fronte Ampla, no sentido latinoamericano, que logre axuntar todas as nosas loitas nun esforzo común para cambiar o que realmente nos oprime: o claro avance da lóxica do sistema neoliberal europeo ó que o estado espanhol se entregou.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies