SATURDAY 20 APRIL 2019

No pleno deste mércores, o conselleiro de Cultura Román Rodríguez despreciou o informe de ICOMOS, organismo asesor da UNESCO, no que lle advirte á Xunta de Galicia que de ir adiante a mina de Touro, o camiño francés perdería o recoñecemento de patrimonio da humanidade. Este organismo internacional levou a cabo un estudo técnico no que demostra os múltiples impactos deste megaproxecto mineiro no camiño de Santiago. Neste informe fálase de impactos visuais, sonoros, perda dos valores identitarios que lle valeron a súa inclusión na lista de bens patrimonio da humanidade, e mesmo da destrucción material do tramo histórico Arzúa-Quión-Amenal.

O conselleiro envalentonouse alegando que as competencias sobre patrimonio pertencenlle á dirección xeral, e polo tanto é este organismo o que debe informar favorable ou desfavorablemente ó proxecto. O que se lle escapa ó conselleiro é que a administración galega non ten competencia nin poder de decisión algún sobre a posible exclusión do camiño como patrimonio mundial.

A asociación Aldea Viva alerta de que ás portas do Xacobeo 2021 non parece responsable poñer en risco un negocio millonario e que contribúe ó desenvolvemento do rural, para favorecer os intereses dunha multinacional estranxeira.

1 de decembro de 2018: Día de Acción Global contra o Carbón

Necesitamos levar a cabo transicións rápidas e de gran alcance na sociedade e nos sistemas en materia de enerxía, terra, alimentos, urbanos, consumo e industrial. Todas as persoas do mundo temos un papel que xogar e as persoas con maior capacidade e responsabilidade deben asumir o liderado e apoiar ás outras na súa viaxe. Ninguén debe quedar atrás. O cambio climático ha deixado de ser unha futura ameaza, está aquí e está a empeorar rapidamente. Limitar o quecemento a 1,5° C en lugar da 2° C supoñería unha gran diferenza tanto para a vida nos océanos como na terra. Evitaríase que centos de millóns de persoas sufran ondas de calor extremas de forma frecuente e reduciríase á metade a porcentaxe adicional de poboación que tería que enfrontarse á escaseza de auga, así mesmo serviría para lograr os obxectivos sobre desenvolvemento sustentable e sobre a erradicación da pobreza. Medio grao marca unha diferenza importante para millóns de persoas, seres vivos e ecosistemas.

 

A cidade deportiva do Celta en Mos: un novo caso de pelotazo urbanístico!

O proxecto da cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo e do megacentro comercial en Mos está a ser tramitado mediante unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello de Mos. O obxectivo desta modificación parcial, cuxo promotor é o propio concello da man da alcaldesa do PP Nidia Arévalo, consiste na delimitación dun sector de solo urbanizable destinado para “dotacións de carácter privado e usos terciarios comerciais”. Deste xeito preténdese transformar solos rústicos de protección forestal, que son maioritariamente naturais, en solos urbanizables incrementando mediante esta actuación a presión sobre o territorio.

Así tense previsto expropiar 864.000 metros cadrados de monte, dos cales a metade corresponden a monte en man común, co fin de cedelos a Carlos Mouriño, presidente do Club Celta de Vigo, quen construirá un centro comercial de 120.000 metros cadrados, alén das dotacións deportivas. Deste xeito, a través do falso discurso da xeración de emprego, do progreso e da diversificación da economía, tentan xustificar as dotacións deportivas e as áreas comerciais como beneficiosas para a veciñanza, mais estes beneficios recaerán coma sempre nas mans duns poucos e sempre en detrimento das comunidades locais e do medio ambiente.

Esta actuación corresponde cun modelo e cunha lóxica caduca e errada que presenta un gran impacto ambiental negativo, así como unha ocupación do territorio que non favorece a mobilidade sostible e que actúa como barreira ecolóxica nos ecosistemas.

O monte comunal: unha alternativa real!

Dos 864.650 m² afectados na modificación parcial do PXOM, 230.100 m² pertencen ao monte comunal de Tameiga (o 28% da superficie) e 153.700 m² ao CMVMC de Pereiras (19% do total afectado). Pola súa banda, 393.300 m² corresponden a fincas de particulares, 46.250 m² son de dominio público e 41.300 m² corresponden á superficie afectada polo novo sistema xeral viario.

De toda a superficie afectada, os únicos terreos suxeitos a protección como rústicos forestais son os pertencentes aos montes veciñais polo simple feito de seren montes comunais. Mais o artigo 35.5 da lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia establece que “O plan xeral poderá excluír xustificadamente do solo rústico de especial protección os terreos necesarios para o desenvolvemento urbanístico racional, logo do informe favorable do órgano que teña a competencia sectorial correspondente”. Así, a través desta fórmula legal, pódese expropiar terreos dos montes comunais afectados co fin de especular con dotacións e insfraestruturas privadas.

Unha vez máis estase a pasar por alto desde as administracións o potencial de xeración de emprego e fixación de poboación que constitúe a xestión sostible do monte comunal. Este feito quedou constatado co rexeitamento o pasado 20 de novembro no parlamento de Galiza da ILP en defensa do bosque autóctono, unha iniciativa que contou co apoio de máis de 42.000 galegas e galegos. Así, unha aposta clara pola multifuncionalidade do monte, pola silvicultura próxima á natureza e por axudas para o mantemento e recuperación dos bosques autóctonos e dos seus servizos ecosistémicos, serían alternativas reais e viables moito máis beneficiosas para a poboación local, para a economía circular e para o medio ambiente.

Afección ás captacións de augas e ás comunidade de augas

Captacións de auga subterránea

No ámbito de actuación afectado polo proxecto urbanístico localízase o nacente do rego Porteliña, identificada e clasificada a súa correspondente zona de policía no PXOM de Mos como Solo Rústico de Protección de Augas (SRPA). Nesta zona de nacente localízanse ademais especies arbóreas de bosque de ribeira, principalmente salgueiros, ameneiros e outras caducifolias autóctonas, que como tal cumpren unha valiosa función ecolóxica en canto que dotan ao territorio de conectividade, permitindo ser espazos de acubillo, refuxio e alimento para a fauna.

Na superficie afectada existen ademais sistemas autónomos de captacións de auga subterránea para o consumo que dan servizo principalmente ás parroquias de Tameiga e de Cela. Deste xeito, a modificación puntual do PXOM de Mos afecta ao abastecemento e á xestión comunitaria das augas levadas a cabo pola propia veciñanza a través de traídas veciñais xestionadas por comunidades de augas.

Oposición ao proxecto

O pasado venres 23 de novembro, a comunidade de montes de Tameiga e a comunidade de augas de traída, xunto co apoio doutros colectivos e da veciñanza do concello, organizaron a primeira dunha serie de concentracións para esixir a paralización do proxecto da cidade deportiva e en defensa do monte comunal.

Desde ADEGA opoñémonos rotundamente a este proxecto especulativo e de expropiación do monte comunal, e actuaremos presentando as alegacións correspondentes, ademais de apoiar en todo momento a loita da veciñanza e defendendo os ecosistemas afectados.

O monte é vida e non un lugar para especular!

En Valdeorras, por exemplo, apañáronse 4’7 millóns de quilos de uva. O noso vocal na denominación de orixe, Antonio García, explicounos que o normal son colleitas de 6’5 millóns de quilos, polo que, en cantidade baixouse un terzo a produción respecto dunha vendima media. Esta mingua da produción afectou máis a castes máis sensibles aos fugos, como a garnacha, cunhas perdas do 70%.

Iso si, aumentouse un 15% dende o ano pasado. E é que en Valdeorras levan tres anos seguidos con colleitas baixas en cantidade debido ás inclemencias meteorolóxicas, aos fungos, ou a ambas incidencias. A parte positiva disto é que as adegas están a vender sen problema a súa produción, e mesmo hai varias que quedaron sen existencias para a campaña de nadal. En prezos, a Godello acadou unha cotización de 2 € por quilo e a Mencía 1 €.

Tamén en Rías Baixas a colleita foi máis baixa ca outros anos. Ao peche deste Fouce, non se fixeran públicos os datos da vendima, pero o noso vocal, Manuel Carrera, adiantounos que se chegaron aos 38’5 millóns de quilos, con estabilidade nunhas subzonas, coma o Salnés, e descensos noutras, coma O Condado ou O Rosal. As caídas de produción nestas dúas subzonas foron do 7% e do 10%, respectivamente, sumando entre as dúas unha baixada ao redor de 1 millón de quilos.

En canto aos prezos, estiveron sobre 1’50 € por quilo para a uva Albariño, un valor lixeiramente superior ao do ano pasado. Mesmo houbo casos pun- tuais de adegas que pagaron a 1’70 €. Son prezos bos que están tendo estabilidade nos últimos anos grazas ás boas vendas desta DO.

Na Ribeira Sacra, tiveron unha boa colleita, apañando case 6’2 millóns de quilos a pesares de ter tamén complicacións co black roth, o mildiu e algunha sarabiada. As previsións dunha caída na produción a causa disto fixo que os prezos da uva tivesen certa tendencia á alza, pagándose a Mencía entre 1 e 1’30 €. Para Primitivo Lareu, vocal no consello regulador da Ribeira Sacra, “o máis importante foi que a colleita veu moi atrasada e pensabamos que iso ía influír negativamente na calidade, ao cadrar co mal tempo de outono; pero viñeron bos días, e iso axudou a unha boa maduración da uva e a darlle unha calidade extraordinaria que non agardabamos”.

Advirten de posibles prácticas sospeitosas nalgunhas DOs

No Ribeiro, con prezos ao redor de 1 € para a Treixadura, esta vendima veu con polémica por un aumento dos rendementos do 25% aprobado polo consello regulador para toda a denominación de orixe ao comezo da vendima, a pesares da alta incidencia do mildiu e do black roth. As subas de rendementos só son admisibles en anos excepcionais nos que se prevén grandes colleitas e, en todo caso, deberían analizarse viñedo por viñedo, e non concedelas así, en xeral, para toda a DO.

Fontes consultadas polo SLG apuntan a que este aumento de rendementos inxustificado pode facilitar prácticas fraudulentas como a entrada de uva foránea na denominación de orixe, algo que tamén podería acontecer noutras zonas xeográficas se analizamos os datos. En Monterrei, por exemplo, o consello regulador publicou un comunicado anunciando o máximo histórico acadado nunha vendima, con case 5’6 millóns de quilos. Isto contrasta coas perdas causadas polas fortes incidencias que houbo tamén por ataques fúnxicos nesta zona. Na vendima do ano pasado, aconteceu algo semellante, pois tiveron oficialmente unha boa colleita cando se perdeu boa parte da uva na DO a causa das xeadas.

Sobre o sanemento da Ría

Resulta certamente desalentador ver o escaso coñecemento que algúns representantes das forzas políticas locais teñen sobre o problema dos vertidos de ENCE e da súa repercusión no saneamento da Ría, un asunto que, pola súa transcendencia social e pola súa permanente actualidade na nosa comarca, merecería un maior esforzo de formación e preocupación por parte de quen desexan representar á cidadanía no noso Concello.

Saneamento.ria

Con efecto, resulta penoso ver como “a estas alturas do partido” séguense a manter posicións que ninguén cun mínimo de rigor e coñecemento do tema, e con independencia de cal sexa a súa posición ao respecto da continuidade de ENCE en Lourizán, debera atreverse a defender. Tratar de defender que a contaminación da Ría é cousa exclusiva da EDAR de Os Praceres, dos coliformes, e pretender xustificalo ademais en base ás supostas decisións da Unión Europea neste sentido é, como pouco, síntoma dunha ignorancia absoluta sobre o tema. Dicir que a sanción da UE ao Estado Español pola contaminación da Ría veu da man da contaminación por coliformes, só pode ser froito dun fondo descoñecemento da realidade ou do desmedido desexo de eximir a ENCE de calquera responsabilidade no estado das augas da Ría; porque a amentada sanción foi imposta polo incumprimento da Directiva 91/271/CE, que nada ten que ver coa contaminación bacteriolóxica, senón coa producida polos vertidos de materia orgánica (DBO, DQO e Sólidos en Suspensión) e nutrientes, moi particularmente polo Nitróxeno amoniacal e o Fósforo, unha contaminación na que ENCE ten unha importantísima contribución. Abonda con ver os límites fixados na AAI de ENCE para estes parámetros para concordar neste particular, e comparar estes límites cos impostos na lexislación española e europea para ver que os superan amplamente. Pero non se debería descoñecer tampouco que desde hai anos sábese que nas augas de vertido das fábricas de pasta de papel ao sulfato, prodúcense elevadas concentracións de bacterias coliformes, nin que nas análises das augas de vertido recollidas pola Xunta de Galicia nas inspeccións realizadas na fábrica, atópanse valores elevadísimos destas bacterias. E a APDR está aberta a discutir todas estas cuestións, con datos oficiais sobe a mesa, con quen queiran facelo.

 

Así pois, son gratuítas as afirmacións de que ENCE cumpre a lexislación; porque non é certo! Tanto o PP como Ciudadanos, semellan descoñecer a lexislación ambiental española e europea á que aluden, descoñecen a diferenza entre o que é supón a “renovación” dunha AAI e a súa “revisión” (que é o que vén de realizar a Xunta de Galicia) e falan de memoria cando din que “se rexeitaron todas as alegacións”, porque non é certo; aceptáronse varias alegacións da APDR, entre elas unha que vén esixindo a asociación desde hai tempo, que obriga a ENCE a cumprir os límites de contaminación non só en carga contaminante (Q/día) senón tamén en concentración (mg/L), unha esixencia legal que o goberno galego negábase a esixir e que os vertidos de ENCE nunca cumpriron. ENCE ten que cumprir a Directiva 91/271/CE (así se recolle de forma expresa na autorización de vertido) e non o está a facer en toda a súa extensión. Pero semella mais importante teimar na defensa dos intereses da pasteira e repetir a mentira de que “ENCE cumpre a lexislación medio ambiental española e europea” coa esperanza de que, á forza de repetilo, remate converténdose nunha verdade!

No mal estado das augas da Ría inflúen moitos factores, entre eles a existencia de vertidos directos aos ríos que a conforman (e á propia Ría), a inexistencia dunhas redes de saneamento eficaces, separativas, nas que non teñan cabida as augas da Ría, da choiva ou de mananciais, e o mal funcionamento das depuradoras que –como a de Os Praceres- precisan dun cambio tecnolóxico; pero tamén, os vertidos procedentes da fábrica de ENCE que, a dia de hoxe, son ilegais, e para os que a Xunta de Galicia vai permitir a utilización do actual emisario submarino a pesares de ter recoñecido a súa ineficacia e a importante repercusión ambiental provocada nas bateas do polígono Portonovo A, nas augas de baño nesa zona e sobre o borde litoral da illa de Tambo. De non acometerse estas tarefas de forma integral, non pasará moito tempo ata que se empece a falar dun novo plan de saneamento da Ría! E van…?

La entrada Sobre o sanemento da Ría aparece primero en Contrainformación.

A semana pasada debatéronse na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento Galego, dúas iniciativas do BNG e En Marea sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno Galego en relación co vertedoiro da canteira de Miramontes.

Os tres grupos da oposición (En Marea, BNG e PSdeG), ante as múltiples irregularidades detectadas nas inspeccións do vertedoiro, instaron á Xunta á súa paralización cautelar e á apertura dun expediente sancionador.

Pola contra, o grupo parlamentario Popular explicou que non se observan incumprimentos relevantes que xustifiquen o inicio de NINGÚN expediente sancionador á empresa xestora do vertedoiro. Esta postura contrasta coa decisión adoptada pola Fiscalía de Medio Ambiente, esta mesma semana, de abrir dilixencias de investigación por apreciar indicios dun posible delito medioambiental na actividade do vertedoiro.

Respecto á outra empresa do Complexo Ambiental situada na mesma canteira, que elabora solos artificiais (tecnosolos) a partir de residuos, os populares informaron da resolución dos dous expedientes sancionadores abertos a principios de ano.

A empresa Tecnosolos Galaicos SL enfróntase a dúas multas que suman un total de 195.00€ por diversos incumprimentos da Lei de residuos e da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e á obriga de retirar o material depositado arredor da canteira,  por non cumprir as condicións para ser considerado tecnosolo e tratarse, segundo o comprobado nas inspeccións, dun vertido de residuos contaminantes.

A día de hoxe, este material contaminante que debe retirar a empresa segue depositado sobre o terreo no alto da montaña.

La entrada En Marea, BNG e PSdeG piden No parlamento de Galicia o peche cautelar do vertedoiro de Miramontes aparece primero en Contrainformación.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies