SUNDAY 24 FEBRUARY 2019

Máis de 30 voluntarias e voluntarios procedentes das provincias de Ourense e Pontevedra participarán nesta xornada de voluntariado forestal. Amigos da Terra con estas accións, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, busca promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindibles para reverter o problema incendiario.

Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta e a CMVMC de O Tourón continua coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que estamos levando a cabo dende o outono do ano 2017 e que xa cumplimos mais dun ano. Durante os ultimos doce meses máis de 400 persoas voluntarias viñeron colaborando en diferentes actividades de restauración e reforestación forestal nos montes de Touron.

Nesta ocasión organizada para o próximo domingo 24, continuarase coas actuacións de recuperación nesta zona dos Montes de Tourón (Melón) realizaremos tarefas de restauración de solos, repoboación con especies autóctonas, recuperación árbores danadas e erradicación de eucaliptos e mimosas

Os traballos levaranse a cabo pola mañá do domingo 24 entre as 10.30 e as 15:00 h aproximadamente.

 

Hora chegada: 10:30 h
Punto de encontro: Tourón -Melón *(no enlace tedes as coordenadas)

*https://www.google.es/maps/place/42°15’57.2″N+8°13’33.2″W/@42.2659038,-8.2274497,400m/data=!3m2!1e3!4b1!4m14!1m7!3m6!1s0xd2f89f0b07ecf6b:0xf3e9472c9c7909b5!2s32410+Tourón,+Ourense!3b1!8m2!3d42.2663483!4d-8.227621!3m5!1s0x0:0x0!7e2!8m2!3d42.2659007!4d-8.2258914

Amigos da Terra celebra a aprobación da Lei Balear de residuos, que se posiciona como unha das máis ambiciosas de España e de Europa, e adiántase en moitas medidas á Directiva recentemente aprobada relativa aos plásticos dun só uso. A pesar da oposición que xerou o documento entre lobbys de envasadores e fabricantes de produtos de usar e tirar, estatais e europeos, a lei aprobouse con éxito e priorizando a protección ambiental e o residuo cero, fronte aos intereses e presións económicas.

Como medidas destacadas, establécese un obxectivo vinculante de redución do 10% en 2021, con respecto aos residuos xerados en 2010 e do 20% en 2030. Para acadar estes obxectivos, a lei propón a prohibición en dous anos dos principais produtos de plástico dun só uso como bolsas, envases, cápsulas de café, palliñas ou toalliñas. Ademais establece obxectivos de preparación para a reutilización, do 3% para 2025 e 5% para 2030 e deixa a porta aberta á reintroducción do Sistema de Depósito para os envases de bebidas.

Tamén é relevante a prohibición de produtos con microplásticos e nanoplásticos, así como os modelos non reutilizables ou recargables de chisqueiros, coitelas de afeitar, cartuchos e tóners de impresoras.

Con este documento aprobado, agora é o momento de iniciar a posta en marcha das súas medidas, para avanzar cara ao residuo cero, e reducir a elevada cantidade de plástico que afecta ao Mediterráneo, e outros mares e océanos. “Esta lei deberá ser un exemplo para seguir polo resto de Comunidades Autónomas como Galicia, e mesmo para as futuras normativas estatais, de maneira que a xeración e xestión de residuos no país poida cambiar a súa dinámica actual, e consíganse menores cifras de xeración de residuos e maiores porcentaxes de reutilización e reciclaxe, para dar así cumprimento ás Directivas Europeas, e reducir a problemática causada por incineradoras e vertedoiros no país”, declara María Durán, responsable da área de Recursos Naturais de Amigos da Terra.

Desde Amigos da Terra espérase que este tipo de normativas non sexan excepionais e noticia, senón que sexan as que predominen en todo o Estado, e así poidamos avanzar cara ao necesario residuo cero

No documento ‘Propostas de fiscalidade ambiental: avanzando cara a un mundo máis xusto e sustentable’, as organizacións Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF propomos reformas concretas dos impostos actuaispara incorporar criterios ambientais e até 13 novos impostos que incentiven ou penalicen determinadas actividades, condutas e decisións dos axentes económicos (as empresas, os gobernos, as familias e as persoas individuais) segundo o seu impacto ambiental.

fiscalidade ecolóxica é un medio para incentivar cambios de comportamento que se consideran positivos desde o punto de vista ambiental. Ao mesmo tempo, dada a situación de desigualdade crecente na repartición da riqueza no noso Estado, debe facerse un esforzo suplementario para que o deseño da fiscalidade ambiental sirva para reducir esta brecha, facilitar os comportamentos sustentables ás clases menos favorecidas e garantir que os axentes económicos con maior impacto no medio ambiente sexan os principais contribuíntes ás arcas dos impostos verdes.

Por iso, as principais organizacións ecoloxistas presentan ‘Propostas de fiscalidade ambiental: avanzando cara a un mundo máis xusto e sustentable’, unha serie de propostas de fiscalidade ecolóxica, e solicitan ao Goberno central a posta en marcha dunha profunda reforma fiscal na que se integren estas medidas. O obxectivo é que a fiscalidade española achéguese ás dos países da nosa contorna (en termos de porcentaxe do PIB, ocupamos o posto 25 no ranking da fiscalidade ambiental da UE-28), para poder orientar o comportamento dos axentes económicos e contribuír á protección do medio ambiente e á mellora da xustiza social.

Do mesmo xeito é importante que a recadación obtida desta política fiscal sexa finalista e que se destine integramente a facilitar a transición ecolóxica e alcanzar un modelo socioeconómico acorde aos límites do planeta.

Reformar impostos como o IVE, o IRPF ou o Imposto sobre Sociedades para que primen actividades máis sustentables; as taxas sobre os hidrocarburos para penalizar aos combustibles máis contaminantes; gravar a xeración de CO2, disuadir da produción da enerxía nuclear; crear novos impostos como o da vertedura e incineración de residuos, sobre a caza, o consumo de praguicidas ou a extracción de auga subterránea; ou un imposto sobre a gandaría intensiva, que grave o impacto ambiental que provoca a xeración de xurros ou as emisións de metano, son algunhas das medidas que piden os grupos ecoloxistas. Tamén se inclúen reformas ecolóxicas en impostos municipais como o IBI ou a taxa de residuos.

Dada a situación de urxencia ambiental na que nos atopamos (cambio climático, perda de biodiversidade, aumento dos residuos e da contaminación química), esta reforma fiscal é urxente e deberá trasladar aos seus responsables os custos ambientais de determinadas actividades económicas impactantes ou o uso de produtos contaminantes, ademais de bonificar a realización de boas prácticas que leven externalidades positivas para o conxunto da sociedade e axudar a reducir desequilibrios sociais.

Por este motivo, as organizacións ecoloxistas esperamos que estas propostas sexan postas en práctica e completadas polas distintas administracións estatais, autonómicas e locais nas súas respectivas competencias e territorios, de modo que avancemos de modo decidido cara á sustentabilidade ambiental cunha maior equidade social.

Unha vintena de veciños de Touro visitan unha cooperativa en Manzaneda

En Marea Touro organizou unha saída ó concello ourensán para coñecer de primeira man o funcionamento da cooperativa Amarelante, na que a súa principal actividade consiste na recollida de castaña e posterior elaboración de produtos de alto valor engadido con esta materia prima (fariña de castaña, castaña seca, bica).
Afirman que esta cooperativa é un exemplo de aproveitamento do rural, e unha mostra máis de que é posible xerar emprego de calidade e fixar poboación a través deste tipo de iniciativas.
O obxectivo desta visita foi que a veciñanza coñecese en profundidade o funcionamento deste modelo de negocio, para logo poder trasladalo ó concello de Touro, no que se producen todo tipo de produtos agroalimentarios.
A marea de Touro denuncia o inmobilismo e a incompetencia do alcalde popular Ignacio Codesido, incapaz de presentar unha sola proposta ou idea para mellorar a empregabilidade no municipio.

No pleno deste mércores, o conselleiro de Cultura Román Rodríguez despreciou o informe de ICOMOS, organismo asesor da UNESCO, no que lle advirte á Xunta de Galicia que de ir adiante a mina de Touro, o camiño francés perdería o recoñecemento de patrimonio da humanidade. Este organismo internacional levou a cabo un estudo técnico no que demostra os múltiples impactos deste megaproxecto mineiro no camiño de Santiago. Neste informe fálase de impactos visuais, sonoros, perda dos valores identitarios que lle valeron a súa inclusión na lista de bens patrimonio da humanidade, e mesmo da destrucción material do tramo histórico Arzúa-Quión-Amenal.

O conselleiro envalentonouse alegando que as competencias sobre patrimonio pertencenlle á dirección xeral, e polo tanto é este organismo o que debe informar favorable ou desfavorablemente ó proxecto. O que se lle escapa ó conselleiro é que a administración galega non ten competencia nin poder de decisión algún sobre a posible exclusión do camiño como patrimonio mundial.

A asociación Aldea Viva alerta de que ás portas do Xacobeo 2021 non parece responsable poñer en risco un negocio millonario e que contribúe ó desenvolvemento do rural, para favorecer os intereses dunha multinacional estranxeira.

1 de decembro de 2018: Día de Acción Global contra o Carbón

Necesitamos levar a cabo transicións rápidas e de gran alcance na sociedade e nos sistemas en materia de enerxía, terra, alimentos, urbanos, consumo e industrial. Todas as persoas do mundo temos un papel que xogar e as persoas con maior capacidade e responsabilidade deben asumir o liderado e apoiar ás outras na súa viaxe. Ninguén debe quedar atrás. O cambio climático ha deixado de ser unha futura ameaza, está aquí e está a empeorar rapidamente. Limitar o quecemento a 1,5° C en lugar da 2° C supoñería unha gran diferenza tanto para a vida nos océanos como na terra. Evitaríase que centos de millóns de persoas sufran ondas de calor extremas de forma frecuente e reduciríase á metade a porcentaxe adicional de poboación que tería que enfrontarse á escaseza de auga, así mesmo serviría para lograr os obxectivos sobre desenvolvemento sustentable e sobre a erradicación da pobreza. Medio grao marca unha diferenza importante para millóns de persoas, seres vivos e ecosistemas.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies