SUNDAY 24 FEBRUARY 2019

André Abeledo congratulase da decisión PSDG-PSOE de sumarse a Moción de EU NARÓN para pedir ao Pleno do Concello a  A REPROBACIÓN DO EX MINISTRO PEDRO MORENÉS POLO ADIAMENTO E PARÁLISE DOS CONTRATOS DAS FRAGATAS F-110 PARA OS ESTALEIROS DE NAVANTIA.

Abeledo agradeceu a súa sensivilidade a hora de denunciar unha actuación que danou a nosa comarca e tamén a Narón.

André Abeledo fai fincapé no dano que a unha Comarca como a de Ferrolterra fixo a actuación do ex ministro Morenés, tamén a Narón posto que nos nosos polígonos afincanse empresas dedicadas ao sector naval e vinculadas a NAVANTIA. Ademais moitos veciños e veciñas de Narón son traballadores e traballadoras que forman parte do plantel de NAVANTIA.

[unable to retrieve full-text content]

BNG, EH Bildu e ERC presentaron o acordo de coalición electoral aos comicios europeos que se traduce nunha candidatura conxunta que ten como obxectivos a defensa das liberdades, dos dereitos nacionais e sociais dos pobos e a loita contra a involución democrática. A capital galega acolleu esta primeira presentación pública, coa presenza da candidata Ana Miranda polo BNG, Josu Juaristi por EH Bildu e Diana Riba, por ERC.
A portavoz nacional, Ana Pontón, líder da forza política anfitrioa, destacou a importancia deste acordo para reforzar a voz de Galiza na Eurocámara.  “É un día importante para todas as persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón e queren seguir tendo voz propia en Europa para defender os intereses dos galegos e das galegas”, salientou.

Esta candidatura, recalcou, “dános visibilidade como nación e garante unha representación con capacidades reforzadas, sen supeditacións e cunha única lealdade: a que lle debemos á sociedade galega”.  “Vai garantir que o noso país continúe a ter voz propia en Bruxelas a través de Ana Miranda quen, dígoo con moito orgullo, fixo máis por Galiza que o resto de eurodeputados e eurodeputadas galegas xuntas. E aí está o traballo e aí están os resultados”, recalcou Pontón.

Presentación candidatura Agora Repúblicas é a denominación desta alianza electoral, que dá continuidade a unha longa tradición de colaboración entre as tres nacións, “diante dun españolismo que nos nega”. “Agora Repúblicas é a Galeusca do século XXI”, indicou a líder nacionalista, Nomenclatura que en cada territorio se plasmará nunha papeleta propia: “O 26 de maio, os galegos e as galegas van poder coller a papeleta do BNG encabezada por Ana Miranda para darlle a Galiza un escano propio en Bruxelas”.

A motivación da candidatura, recalcou Pontón, vai máis aló da conxuntura electoral, porque nace nun contexto de involución democrática ao que quere plantar cara: “É ao tempo unha man tendida desde as nosas nacións ao conxunto de cidadáns e cidadás demócratas e progresistas do Estado español cos que compartimos valores, principios e soños”.

Rebeldía e esperanza

“A pantasma da involución non só recorre unha Europa que queremos transformar. No Estado está impulsada por unha ofensiva españolista que alimenta un discurso de odio contra o diferente, que fala de ilegalizar ideas democráticas, que defende o supremacismo do castelán, que ataca a liberdade de expresión, a loita contra a violencia de xénero, os dereitos políticos, as liberdades públicas”, denunciou.

Agora repúblicas “é unha alianza que aposta por gañar a esperanza e responder desde a rebeldía, esta candidatura é a mellor aposta para toda as persoas que queren parar a involución democrática e o roubo dos dereitos e liberdades e, desde logo, é a aposta segura para as que queremos máis Galiza noutra Europa posible, a das nacións sen Estado, dos dereitos e das liberdades”

“Fronte ao roubo da democracia, fronte á ofensiva e a radicalización do españolismo e das dereitas, fronte á negación das identidades e dos dereitos políticos dos pobos e das nacións do Estado, dicimos Agora Repúblicas para unha sociedade xusta, solidaria, feminista, diversa e plural, que faga bandeira da convivencia, do respecto e dos dereitos e liberdades”, sintetizou Pontón.

Presentación Acordo estratéxico

Desde EH Bildu, Josu Juaristi destacou que as tres nacións representadas no acordo “comparten unha tradición e cultura de colaboración histórica ante un Estado español que non acepta o dereito a decidir libre e democraticamente o noso presente e o noso futuro”. É unha alianza que establece “un marco de coordinación e colaboración estable, inclusivo e aberto a sumar”.

Juaristi salientou que “a mellor forma de responder ao momento político que vivimos, máis ben que padecemos, é seguir sumando forzas soberanistas, reforzando a colaboración entre Galiza, Catalunya e Euskal Herria en termos de acción política, democracia e dereitos fundamentais, tanto ante Madrid como  Bruxelas, cóbado con cóbado con outras nacións sen estado”.

“Traballamos para mellorar o día a día das nosas cidadanías, para ofrecer solucións e alternativas, porque o que fagamos agora determinará o futuro das nosas nacións, así como o modelo de sociedade do que nos dotaremos. Tamén no  Parlamento Europeo loitaremos por sociedades xustas, solidarias, abertas, progresistas, feministas e democráticas, para defender e conquistas todos os nosos  dereitos como persoas e como pobos e este acordo estratéxico é un paso importante en esa dirección”, concluíu.

Solidariedade e colaboración

En nome de ERC, Diana Riba asegurou que neste momento “nos encontramos con dúas alternativas sobre a mesa, a do populismo autoritario ou ben a dirección que propoñemos desde a esquerda transformadora, é o que está en xogo o 26M”.

“Os nosos son precisamente tres proxectos políticos que defenden a liberdade e a democracia ante a regresión antidemocrática dos poderes do Estado, e por iso é oportuno recordar aquí que facer un referendo non é delito, que manifestarse non é delito, que manifestarse no é alzamento, que protestar non é un tumulto e que opinar non é ilegal”.

Ante esa regresión democrática, explicou Riba, as forzas desta coalición “optamos pola solidariedade mutua, pola cooperación e o traballo compartido en defensa da democracia e das liberdades das nosas respectivas nacións”, concluíu.

A candidata do BNG, Ana Miranda, pechou a presentación co compromiso de volver converter o escano do Bloque “no escano de Galiza”, e puxo como aval o seu “intenso” traballo na Eurocámara en defensa do país con temas como o accidente do Alvia, o saneamento das rías, a defensa do emprego industrial, a frota do xeito ou a defensa da devolución dos bens espoliados polo Franquismo.

Compromiso cos galegos e as galegas

“É unha honra formar parte desta coalición desde a que loitar contra o fascismo e en defensa sen fisuras dos valores democráticos, dos nosos sectores produtivos e dos intereses dos galegos e as galegas. Porque sabemos que se o BNG está, Galiza está”, proclamou Miranda.

“Son unha muller de palabra, perseverante e  tendes o meu compromiso de que así seguirei sendo nesta nova etapa de ilusión que comezamos, e tendes o meu compromiso de que desmontaremos, paso a paso, todas as mentiras do Estado, -en relación ao sinistro de Angrois-, sexan do goberno que sexan e caia quen caia. Igualmente, tendes o meu compromiso de que este seguirá sendo un escano galego”, recalcou.

Así, salientou, “en Europa seguirase falando dos temas galegos: pesca, agricultura, saneamento das rías e sector industrial, pero tamén defensa dos dereitos das mulleres, das persoas desfavorecidos do mundo e potenciando a relación con pobos irmáns”. “Non estou aceptando as cousas que non podo mudar, estou cambiando as cousas que non podo aceptar”, concluíu Miranda citando a Angela Davis.

O acto contou cunha ampla representación de cargos públicos, militantes e simpatizantes do BNG nunha presentación que abriu o intelectual e escritor, Suso de Toro, facendo un chamamento á “rebeldía” e un recoñecemento do traballo do Bloque a favor do país.

“Queremos liderar o goberno local e traballar man a man coa veciñanza con honestidade e desde a humildade”, proclama o candidato á Alcaldía

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou na presentación de Xosé Emilio Barros como cabeza de lista do partido nacionalista á Alcaldía de Mondariz, nun acto no que pediu o apoio da veciñanza para o candidato nacionalista, que aspira a liderar o futuro goberno municipal a partir da cita electoral do 26 de maio.

“Quero pedirvos que confiedes no BNG e no noso candidato, Xosé Emilio Barros, porque é unha persoa capaz, conciliadora, porque leva Mondariz na cabeza e no corazón e ten un proxecto de futuro e a equipa necesaria para liderar a transformación que precisa este concello”, indicou a líder nacionalista.

Pontón apelou á capacidade demostrada do Bloque nos concellos nos que goberna para transformar en positivo e mellorar a vida das persoas. “Temos experiencia e bo facer nos gobernos municipais, estádelo vendo aquí na parroquia de Queimadelos, pero tamén o podedes comprobar nos concellos de Ponteareas, Tomiño, Pontevedra”, citou a modo de exemplo, “que teñen esa marca de calidade que representa o proxecto do BNG”.

Barros, indicou, “ten un proxecto pensado desde aquí e para a veciñanza deste concello, ademais da tranquilidade de saber que ao fronte do municipio vai haber persoas honestas, que dan o mellor de si mesmas e que teñen claro que a política é servizo público, que están en política para mellorar a vida das persoas”.

IMG-20190125-WA0037A dirixente do Bloque pediulle aos veciños e veciñas “que confíen” na candidatura que lidera Barros, “porque o BNG ten ideas e un proxecto sólido para este concello, e por iso imos a por todas nas eleccións do 26 de maio porque queremos liderar o concello de Mondariz en beneficio da súa veciñanza”, concluíu.

Pola súa parte, o candidato asegurou asumir o reto “coa maleta chea de ilusións e co orgullo de representar a un grupo de compañeiras e compañeiros que participamos na vida política desde o convencemento de que é o mellor xeito de poñer o noso grao de area para traballar por Mondariz”.

Barros fixo un agradecemento expreso a todas que o apoiaron, tamén desde a veciñanza, e puxo como aval para pedir o apoio de cara aos comicios locais “o traballo desenvolto ao longo de moitos anos”.

Ese aval que lle permite encarar as eleccións “coa expectativa de liderar o futuro goberno de Mondariz, cunha equipa de homes e mulleres dispostas a traballar man con man coa veciñanza desde a humildade, con honestidade, con coherencia, con criterio político e coas ideas claras, unha equipa que cree e defende un proxecto participativo, dialógante e integrador para Mondariz”, subliñou.

No acto de presentación tamén participou Anxos Carballo, vogal da parroquia de Queimadelos na que o BNG goberna desde 2007, e o rexedor de Ponteareas, Xosé Represas, ante un nutrido grupo de militantes e simpatizantes e veciñanza que acudiron á presentación na Biblioteca Municipal Xoán X. Pérez Labaca.

Maduro no seu labirinto

Artigo de Daniel Seixo


“Cal vai ser o destino de América Latina? Eu non o sei, pero sei cal é o desafío. O desafío é: Imos converternos na triste caricatura do Norte? Imos ser como eles? A repetir os horrores dunha sociedade de consumo que está a devorar o planeta? Imos ser violentos? Imos crer que estamos condenados á guerra incesante? Ou imos xerar un mundo diferente? Imos ofrecer ao mundo un mundo diferente. Eu creo que ese é o desafío que temos exposto. E por hoxe somos, a verdade, caricaturas bastante tristes. De modos de vida que se nos imponhen desde fóra. Estamos gobernados por sistemas de poder que cada día convéncennos que ‘non hai virtude máis alta que a virtude do papagaio’, que ‘non hai habilidade comparable á habilidade do mono’. O papagaio, o mono, os que imitan: os ecos de voces alheas.”

Eduardo Galeano


“Un home que posterga a súa elección, terá necesariamente a elección feita para el polas circunstancias.”

Hunter S. Thompson


“Venezuela non será colonia norteamericana nunca máis.”

Hugo Chávez

Unha vez máis os tambores de Washington retronan sobre as rúas de Caracas, sons afastados, pero estruendosos e ameazantes ao verse instantaneamente apoiados polas mans de quenes hoxe xa non escatiman en medios á hora de facerse co control da súa nación, aínda que este venha baixo o ditado dos Estados Unidos. A ninguén se lhe escapa a estas alturas que a situación en Venezuela permanece tensa desde fai tempo, ó bordo da guerra civil quizais. Un desenlace tráxico que tan só parece poder evitarse grazas á actitude acougada e democrática dunhas forzas armadas bolivarianas guiadas e formadas baixo o espírito do chavismo. E é que ata o momento e a pesar dos repetidos intentos por crear numerosas tramas que demostrasen ó pobo e á comunidade internacional o contrario, as FANB parecen permanecer leais ao goberno de venezolano.

De nada serviu o Proxecto de Lei de Amnistía aprobado polo Parlamento de Venezuela e dirixido ós funcionarios e militares que se puidesen sentir tentados a desbancar a Nicolás Maduro, a pesar dos continuos chamamentos da oposición venezolana, ningún actor militar parece disposto a derrocar ao goberno por medio das armas. Os tempos do ruído de sabres e os paseillos militares pola capital, para marcar o ritmo político e económico da nación, parecen xa pasados e iso é algo ao que a burguesía venezolana non parece lograr adaptarse.

Poderiamos neste pequeno espazo volver a vista atrás, para repasar a serie de acontecementos que nos levaron ata o punto exacto no que Juan Guaidó decidiu declarase en plena rúa presidente interino de Venezuela e un disparate semelhante foi reconhecido por Estados Unidos, ademais de por diversos gobernos latinoamericanos de signo conservador. Pero para aforrar tempo e esforzo, vou remitir o lector a algún dos meus artigos previos sobre o país nos que se analiza a derívaa política en Venezuela, por tanto pasarei neste caso a centrarme nos acontecementos máis inmediatos e na clara hipocrisía presente nos mesmos.

Trump, Bolsonaro, Macri, Aznar, Felipe González, Pablo Casado, Albert Rivera, Santiago Abascal…, a lista de políticos que tardaron apenas uns minutos en reconhecer a Juan Guidó como presidente lexítimo de Venezuela é extensa ademais de esclarecedora. Pouco Importa que o senhor Aznar ou o senhor Rivera se pasaran medio ano tachando de golpista ao pobo catalán, Pedro Sánchez, Quim Torra ou a calquera que non pensase como eles, nin que os vínculos económicos de Felipe González cá oposición venezolana sexan tan obvios que produza vergonha alhea ver ó “velho socialista” falar de democracia para xustificar un golpe de estado. Tampouco parece importar demasiado que os patrioteritos de Vox ou o Partido Popular apoien a descarada inxerencia estranxeira nun país soberano, nin que Macri ou Bolsonaro sexan o claro exemplo dos males da contraofensiva do neoliberalismo na rexión. Cando Trump ao mando do Imperio deu o primeiro toque de corneta, as botas militares do mundo cadráronse e non existiu espazo, nin tempo, para o debate: o pobo venezolano contemplou incrédulo como gran parte do mundo Occidental lhe arrebatou a súa soberanía para impoñerlhes un presidente ó que ninguén votou. Cá lata que nos deron aquí moitos por iso mesmo con Sánchez.

Dá igual se a Constitución venezolana fala da necesidade de que o presidente faleza, renuncie ou sexa declarado incapaz por padecer unha enfermidade ou estar ao bordo da morte para que un presidente interino asuma o cargo, do mesmo xeito que lhes importa ben pouco que unha vez comezado o mandato presidencial debese ser a Vicepresidenta Delcy Rodríguez quen asumise a interinidade do Goberno nese caso. A oposición venezolana montou todo este espectáculo porque se sabe apoiada pola administración norteamericana e probablemente Trump montase todo este espectáculo porque se sabe cada vez menos apoiado polo seu pobo, especialmente por un colectivo latino que na súa maioría tampouco garda demasiadas simpatías por todo o relacionado co chavismo. Se vostedes poden chegar a odiar aos taxistas ou aos estibadores por un par de matinais políticos, tampouco se estranhen demasiado cando os migrantes latinos odien aos gobernos máis progresistas do continente, ó final a maioría dos seus medios pertencen ó patrón e son demencialmente reaccionarios no seu contido.

E ante esta situación atopámonos ante un presidente lexítimo ó que o seu pobo elixiu e a comunidade internacional repudia e cun senhor ó que Estados Unidos e CIA apoian pero ó que ninguén en Venezuela votou. O lóxico sería que a comunidade internacional condenase o sucedido hoxe en Caracas como un golpe de estado, esperar a que o goberno venezolano detivese aos golpistas e renovar a actividade política no país dunha maneira sosegada e dialogante entre diferentes sectores sociais. Iso sería o lóxico, pero non sucederá tal cousa.

Os escenarios que se abren son de xeito evidente complicados para o goberno de Nicolás Maduro. No melhor dos casos superará un novo intento de golpe de estado, pero a súa imaxe permanecerá danada, achegando o golpe definitivo un pouco máis. Os venezolanos están moi cansos e a pesar de reconhecer as mans yankees tras gran parte dos seus males, a paciencia do estómago ten un límite por firmes que sexan os principios. O goberno bolivariano precisa dar un golpe de man e comezar a corrixir serias disfuncións que achandan o caminho á oposición, non basta con xestionar uns recursos cada vez máis escasos, senón que é hora de crear tecido produtivo e reverter en profundidade as dinámicas capitalistas que lexitiman e apoian ó poder oligárquico en Venezuela. Chávez levou a cabo unha revolución necesaria no país, pero hoxe é tempo dunha nova revolución de base en Venezuela. No peor escenario, a oposición aguantará o pulso o necesario para xerar un grao de violencia suficiente para que as FANB ou un goberno estranxeiro tome partido na crise política aberta. Calquera escenario de derrocamento do poder popular en Venezuela parece hoxe inevitablemente destinado a recuperar o golpe de temón da dereita no país. Non debemos esperar da oposición venezolana o sentido de estado que tivo Hugo Chávez cando vendo fracasado o seu golpe fixo un chamamento aos mandos militares leais e á poboación para deponher as armas e entregarse. A amálgama política que é hoxe a oposición do país tan só ten un nexo en común, o seu odio visceral ao chavismo e a súa adscrición de clase. Os mortos dun conflito bélico con toda probabilidade non recaerán de forma maioritaria nas acomodadas urbanizacións caraquenhas, senón nos cerros, alá onde o diñeiro pode comprar a novos sicarios que pouco ou nada saben da política nacional.

Venezuela é un escollo demasiado incómodo para os Estados Unidos e para o proxecto económico neoliberal, un desafío resistente e testarudo que non pode seguir servindo como exemplo ante os cambios inminentes que se avecinhan a nivel global. A dereita internacional comprendeu inmediatamente o significado do golpe de estado que se produciu hoxe, as súas filas souberon actuar ao unísono, mentres na esquerda progresista de medio mundo e os seus líderes continúan asumindo como lexítimo que calquera gobernante que desagrade ó Tío Sam poida ser derrocado a condición de que os avións non cheguen a bombardear unha vez máis La Moneda.

Vacilar ante a imposición do relato da dereita, supón hoxe o maior suicidio político da esquerda. Non estamos a discutir as debilidades ou as fortalezas do goberno de Nicolás Maduro, nin comparando o actual período político de Venezuela cá era Chávez, o que agora toca é ponherse ó lado da democracia e do pobo venezolano quen xa expresou a súa vontade nas urnas en innumerables ocasións. Resulta indecente entrecolher a inxerencia estadounidense ante todo o que está a suceder cando o senador Marco Rubio anunciara o golpe con 24 horas de antelación, resulta insultante falar de diálogo nun conciso tuit cando o teu partido chegou a presentar á revolución bolivariana como unha revolución irmá… Pero que esperar dos mesmos medios que tacharon ao Euromaidán de revolución democrática ou dos políticos que tras abrazar aparentemente ao chavismo renegaron tres veces do mesmo premidos pola dereita durante o transcurso dunha comisión de investigación que nada tinha que ver con Venezuela.

Juan Guaidó autoproclamouse presidente de Venezuela na rúa, nun acto non demasiado multitudinario, para inmediatamente saír correndo á embaixada de Colombia, un país no que foron asasinados preto de 120 líderes sociais baixo o mandato de Iván Duque. Estados Unidos ameazou cunha intervención militar unilateral en Venezuela mentres acusa a Rusia de acumular inxerencias na política global. Israel continúa bombardeando Siria á vez que a administración Trump impón ó país novas sancións sen que ningún organismo internacional levante a voz por iso. Miles de migrantes cruzan as fronteiras fuxindo da miseria sen que unha soa potencia mundial diga que a situación é insustentable…. Benvidos á política tras a caída do muro, benvidos ao inminente inicio do fin da pax romana do capitalismo.

Alude ás dimisións en bloque dos xefes e xefas na Área sanitaria de Vigo como consecuencia da política de recortes do Partido popular e pide destinar 200 millóns de euros para Atención primaria

Xabier Pérez Igrexas denuncia a opacidade do concerto con POVISA e pide rexeitar os parches que poñen en perigo a saúde da cidadanía

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro , 2019. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón participou, hoxe en Vigo, nun encontro con diversos colectivos afectados polos continuos recortes do Partido popular na Sanidade pública galega tras o que afirmou que “a Área sanitaria de Vigo ten que superar o modelo privatizador de Povisa e do Hospital Álvaro Cunqueiro”. Sobre a actual situación de POVISA, a portavoz do BNG pediu “transparencia” nun concerto que a todas luces, evidencia o interese de Feixóo e o Partido popular en facer da saúde “un negocio para beneficiar aos seus amigos”.

Xunto á deputada e portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado e o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, tras escoitar as demandas dos representantes da Xunta de Persoal do CHUVI, Xunta de persoal de POVISA, Persoal de Ambulancias, ALCER (Asociación de Hemodiálise) e representantes dos PACs en pé de Guerra, a portavoz do BNG asegurou que os recortes repercuten moi negativamente na calidade asistencial e avanzou que o BNG esixirá no Parlamento galego “un Plan para Atención primaria dotado con 200 millóns de euros”.

Pontón reclamou un “cambio de modelo” porque o actual colocou a Vigo “nunha situación crítica”. Levamos, dixo, dez anos nos que o Partido popular recortou 2.000 millóns de euros na atención sanitaria de primaria e hoxe, no ano 2019, a sanidade en Atención primaria ten 180 millóns de euros menos. Os datos, remarcou, poñen en evidencia “as mentiras do Partido popular” porque é “falso” que haxa máis persoal e recursos, “hai menos médicos e médicas, enfermeiros e enfermeiras e o deterioro continúa crecendo na Atención primaria”.

A portavoz nacionalista acusou ao Partido popular de “facer da enfermidade, un negocio para os seus amigos”. Para mellorar a calidade asistencial, sentenciou é urxente contratar máis persoal e mellorar os recursos.

Encontro VigoAs Eoxis fracasaron, necesitamos recuperar as Xerencias de Atención primaria e hai colectivos como os PACs en pé de Guerra que levan máis dun ano reclamando calidade na atención de urxencias pero a Xunta. segue “sen mover ficha”. Os equipos deben estar ao completo para que ningún doente chegue ao centro sanitario e non sexa atendido porque o persoal facultativo está fora atendendo outra urxencia.

Pontón referiuse ao Hospital Álvaro Cunqueiro como “enxendro privatizador” posto en marcha polo Partido popular que resultou ser “un modelo fracasado”. Hai que mellorar a atención sanitaria de Vigo porque os cidadáns teñen dereito a unha atención “de primeira” para iso, dixo, hai que dar pasos para o rescate do Álvaro Cunqueiro e ampliar os servizos do Meixoeiro.

A SANIDADE DE VIGO EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA

A portavoz do BNG fixo un chamamento á mobilización porque ao seu xuízo, “é o único que entende o Partido popular”, por esta razón a resposta á mobilización de mañá de Vigo debe ser masiva para frear os recortes e privatización nesta área. Pontón recordou que o vindeiro 10 de Febreiro tamén terá lugar unha mobilización, a nivel galego que debe ser aproveitada para dicir alto e claro que o persoal dos PACs denuncian a falta de medios ao igual que o sector das ambulancias, plataformas de traballadores e traballadoras sanitarias, e doentes.

XABIER PÉREZ IGREXAS DENUNCIA OPACIDADE NO ACORDO CON POVISA

O candidato do BNG, á Alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas asegurou que a Atención primaria se atopa ao borde do “colapso” sobre todo, na atención pediátrica pero tamén no transporte sanitario no que Vigo contra coa metade das ambulancias que lle corresponderían pola súa poboación.

Pérez Igrexas cualificou de “zona cero” a Área sanitaria de Vigo, produto da política de recortes do Partido popular que busca debilitar á sanidade pública para favorecer ás empresas privadas como acaba de constatar a representante do Comité de empresa de POVISA. Nesta liña, o candidato á Alcaldía de Vigo denunciou “a opacidade” do acordo entre SERGAS e POVISA. O que temos claro, dixo, é que neste centro sanitario o 50% do persoal do centro non está a xornada completa, falta persoal de enfermería e auxiliares en importantes tramos do día o que fai pensar “nunha atención de segunda”. Pérez Igrexas reclamou “un cambio de modelo” e rexeitar os parches, “para non xogar coa saúde da xente”, concluíu.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies