SATURDAY 20 APRIL 2019

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Josep Borrell, asegurou este domingo nunha entrevista na Sexta que é “moi difícil imaxinar na construción dun goberno estable contando cos partidos independentistas.

O ministro continuou na súa liña dura e pouco dialogante coas formacións soberanistas cataláns: “demostraron ata onde poden chegar” e como “carecen de toda fiabilidade política”.

Segundo Borrell, os partidos independentistas que apoiaron a Pedro Sánchez na moción de censura supuxeron un “muro insalvable” a pesar dos intentos do Executivo de impoñer “unha política de diálogo dentro da Constitución”.

Desta forma, o titular de Exteriores recoñeceu que a polémica xurdida por mor da figura do relator puido vir dada por “un problema de comunicación” e pola presentación “de forma falaciosa” por parte do Govern de Cataluña. “Se a xente cre unha cousa cando é outra, hai un problema de transmisión”, aseverou.

Así a todo, para Borrell iso non é motivo suficiente como para “convocar unha manifestación para reclamar a unidade de España”. “Cre que é razoable convocala dicindo que accedemos a aceptar os 21 puntos de Torra?”, preguntou.

O Partido Reformista, de centro-dereita e proeuropeo, gañou as eleccións parlamentarias deste domingo en Estonia e a ultradereita converteuse na protagonista da xornada ao aumentar máis do dobre os seus apoios e converterse en terceira forza.

Segundo os datos difundidos polo Comité Electoral á 23.04 hora local, o Partido Reformista logrou un 29.6 % dos votos, claramente por encima do que lle asignaban as enquisas, e subiría 5 deputados, ata os 35, no Riigikogu (parlamento unicameral estoniano), con 101 escanos.

En segunda posición quedou o Partido do Centro, a formación de centro-esquerda que lidera o actual goberno tripartito do primeiro ministro, Juri Ratas, tras atraer o 22 % dos apoios, o que lle supoñería un retroceso de dous escanos, ata os 25.

A continuación situouse o ultradereitista Partido Popular Conservador (EKRE), a revelación da xornada electoral, tras lograr o 17,7 % dos apoios, o que lle faría pasar dos actuais 7 escanos aos 19.

Os outros dous partidos que superaron o límite legal do 5 % dos votos para acceder ao parlamento son Prol Patria, de centro-dereita, e os Socialdemócratas, que asinaron a maior caída das eleccións.

Prol Patria logrou o 11,5 % das papeletas e cedeu dous escanos con respecto aos comicios de 2015, para quedar con 12 asentos; mentres que os Socialdemócratas obtiveron soamente o 10,1 % dos sufraxios e perderon cinco cadeiras, ata os dez deputados.

Os liberais de Estonia 200 non lograron finalmente superar o límite legal, do mesmo xeito que outras cinco formacións políticas, a metade das que concorreron a estas eleccións.

Estes datos, advirten os expertos, poden non ser representativos xa que o groso do voto escrutado ata o momento é o adiantado que se enviou de maneira electrónica durante esta semana e as grandes cidades están infrarrepresentadas.

Con todo, as cifras parecen reflectir un xiro cara ao centro-dereita en Estonia, un pequeno país báltico membro da UE e da OTAN na fronteira con Rusia.

De feito, a complexa relación co gran veciño do leste foi un das cuestións craves da campaña, tanto no debate sobre o gasto en defensa como na polémica sobre o uso do ruso nos colexios públicos do país, onde esta minoría supón o 25 % da poboación.

O Partido do Centro foi historicamente a forza que aglutinou o voto dos rusohablantes, converténdoo de forma recorrente nunha formación bisagra crave na política de Estonia, un país habituado ás coalicións para a formación de executivos estables.

Os expertos estiman así mesmo que a súa porcentaxe subirá conforme se vaia concluíndo o escrutinio, porque a maioría dos seus apoios concéntranse en Tallín, que ao ser a cidade máis poboada vai máis atrasada no reconto.

Pola súa banda, o Partido Reformista, o gañador das eleccións, fixo campaña prometendo que o idioma estoniano -relativamente próximo ao finlandés- converteríase na única lingua da educación pública, en detrimento do ruso que aínda se emprega nalgunhas institucións.

Así mesmo, afirmou que endurecería os criterios para acceder á cidadanía estoniana.

Ademais, o partido Reformista apostou por cambiar o sistema tributario e volver a unha tarifa plana en substitución da actual estrutura impositiva de carácter progresivo.

Se o Partido Reformista encabeza o próximo goberno, a primeira ministra será a súa presidenta, a avogada de 41 anos Kaja Kallas, co que por primeira vez desde a súa independencia en 1991 dúas mulleres ocuparían a presidencia do Estado e a xefatura do Executivo.

Queda por ver a coalición que pode trabarse para lograr un goberno estable e, especialmente, se o Partido Reformista seguirá rexeitando calquera tipo de alianza coa ultradereita, como prometeu Kallas ou se o EKRE accede ao Executivo.

As consultas iniciais entre partidos para a constitución do novo goberno arrincarán mañá.

Nas roldas de xuntanzas que Narón por Diante está a manter con entidades e veciñanza para coñecer de primeira man como ven os veciños de Narón a situación actual da cidade, a formación fixo unha parénteses para reunirse con Hassan.

Hassan é tamén un dos veciños da poboación, dende fai máis dunha década ven compartindo cos veciños de Narón a súa vida.

Hassan , como outros cidadáns españois nados antes de 1975 no Sáhara Occidental está a vivir unha situación digna do “Proceso” de Kafka.

Cando as autoridades españolas abandoaron á súa sorte o Sáhara Occidental e permitiron que fose ocupado por Marrocos, moitos saharauís tiveron que comezar unha diáspora que dura xa máis de corenta anos.

Hassan naceu no Sáhara Occidental cando este era territorio español, cando era unha Provincia española. Fillo de español,  pero a xustiza española decidiu que a súa documentación diga que é “apátrida”. A Hassan e a outros moitos saharauís no Estado español non lles recoñecen patria, unha vez máis o mesmo Estado español que abandonou ao pobo saharauí, denégalle a Hassan os seus dereitos, o seu DNI español, á súa nacionalidade, e o deixa nun limbo legal.

E isto sen darlle explicación, deixando así a un cidadán que a todas luces debería ter dereito a ter a nacionalidade española indefenso legalmente.

Dáse ademais a curiosa situación de que o seu carné de conducir sí recoñece que Hassan naceu en España, e polo tanto recoñece implicitamente a súa nacionalidade española.

Hassan leva 15 anos vivindo en España, cotizando en chan español, naceu en chan español…pero o estado español o deixa no limbo de non ter nacionalidade, nun limbo legal.

Hassan é ademais un amigo de NARÓN POR DIANTE, comprometido coa loita do seu pobo para recuperar o seu territorio ilegalmente ocupado por Marrocos.

Hassan participa ademais como voluntario, ano tras ano, no programa “Vacacións en Paz”, grazas ao cal nenas e nenos saharauís poden fuxir durante os meses de verano das terribles condicións dos campamentos.

Desde Narón por Diante indican que “o noso candidato a Alcaldía André Abeledo foi un dos voluntarios que acompañou aos nenos saharauís ao seu regreso aos campamentos, xunto con Hassan, e puido coñecer de primeira man a difícil situación do pobo saharauí no desterro do deserto Alxerino, pero tamén entender mellor os lazos que nos unen con este pobo irmá“.

As compañeiras e compañeiros de NARÓN POR DIANTE comprometémonos con Hassan nesta causa xunta, para tentar facer público o seu caso e o de tantas e tantos saharauís residentes en territorio español, é denunciar unha situación inxusta que ten que rematar, non podemos ter cidadáns saharauís vivindo como apátridas, cando o Estado español segundo as leis internacionais continua sendo a potencia administradora do Sáhara ocupado, non podemos permitir a indefensión legal de Hassan“, suliñan desde Narón por Diante.

O estado español ten unha débeda histórica co Sáhara Occidental, unha débeda impagable despois de tanto sufrimento, cando menos non lles neguemos a situación legal que lles corresponde.

Dende NARÓN POR DIANTE imos facer o que estea na nosa man para denunciar esta situación kafkiana na que vive Hassan e o pobo saharauí“, indican desde a formación de esquerda.

Victoria Portas. Experta en Seguridade social. Comisión legal COESPE e Modepen
Javier F. Ferrero. Director de Contrainformación e Nueva Revolución. Codirector de Encontro


A protección social trata de axudar aos e as cidadáns a facer fronte a unha serie de riscos como a perda do posto de traballo, a viuvez ou da capacidade de gañar diñeiro por causas como a invalidez ou a vellez. O obxectivo é axudar á poboación para atenuar e poder facer fronte a estes riscos.

As normas que rexen os sistemas de protección social en España son iguais para todas as persoas, pero cando entramos a analizar como están protexidas as persoas fronte a situacións de desemprego, xubilación, exclusión social, invalidez, etc., atopamos que existen diferenzas na protección de homes e mulleres.

 

Prestación de Viuvez

Algunhas persoas defenden que precisamente quitar as pensións de viuvez animaría ás mulleres para traballar asalariadamente. Podería pensarse entón que actualmente hai paradas por gusto. Mellora en algo as precarias condicións laborais das mulleres, incrementa a contía media da pensión a recibir? Tense en conta todo un traballo de coidados realizados polas mulleres? Segundo o informe do Movemento pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) “FENDA DE XÉNERO: A POBREZA TEN CARA DE MULLER”, non.

Segundo se sublíña no texto, a viuvez reflicte de forma alarmante na fenda de xénero. Os homes perceptores dunha pensión de viuvez son un 3,8% pero un 99% de viúvos compatibiliza a pensión de viuvez co traballo, cuns ingresos por rendas de traballo ou ben coa pensión de xubilación. Mentres que as mulleres perceptoras de pensión de viuvez equivalen a un 92.37%, para o 90% delas é o seu único ingreso.

Ao 31 de decembro de 2017 as pensións de viuvez percibidas por mulleres son 2.183.658, onde o 63.62% teñen unha contía por baixo dos 650 €, contía á que chegan grazas aos complementos a mínimos.

 

Pensión a favor de familiares

O informe de Modepen indica que o 71.27% das beneficiarias da pensión a favor de familiares son mulleres, coidadoras que tiveron que renunciar á súa vida laboral para levar a cabo as tarefas de coidados dun familiar, polo que puido logo percibir unha pensión a favor de familiares que está vinculada ao feito de non percibir ningún tipo de ingreso.

Contías por baixo do limiar da pobreza con de prestacións que roldan os 200 € aos 485.10 €, e que teñen claramente un enorme carácter feminizado, saliéntase no informe.

Modepen denuncia que é urxente e lexítimo dotar de valor económico e de nome ao Traballo de Coidados. Por iso, ESIXE que a beneficiaria sen ingresos diferentes aos da Pensión a favor de familiares, teña dereito a percibir a pensión íntegra que correspondería ao familiar falecido.

 

Prestacións non contributivas

Pensar que a renuncia a unha vida digna, a unha carreira profesional, a unha independencia económica compénsase con pensións non contributivas, é pensar que as mulleres non traballaron e non achegaron ao Estado ningún tipo de beneficio.

Segundo o informe de Modepen, na actualidade as mulleres representan o 67.63% das pensións non contributivas, maioritariamente mulleres maiores de 70 anos e no medio rural, e por importes de 366.90 €, por baixo do limiar da pobreza.

Se pensar que unha pensión de 366,90 €/mes é compensar coidados, fillos e fillas, traballo doméstico e. principalmente. no réxime rural traballo no campo e gandería, está claro que este sistema require dun gran cambio interior e exterior.

Ditas pensións só demostran a precariedade na que viven miles de mulleres no noso país e a desprotección das mesmas por parte do Estado. Isto, segundo o texto do Movemento, é VIOLENCIA DE ESTADO.

Modepen solicita no seu informe a unificación, a igualdade e a equiparación das pensións mínimas, sen discriminación de réxime nin sexo. Nin viuveces, nin Clases Pasivas, nin SOVI, nin prestacións a favor de familiares, nin non contributivas, nin maiores de 65 anos, todas con subida lineal e igual aos 1084 €, como marca a Carta Social Europea.


Vitoria Portas Mariño (Pontevedra, 1976), experta en Relacións Laborais, compaxina o seu traballo de Asesoría Laboral e de Seguridade Social coas súas actuais funcións na Comisión Legal da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións (COESPE), como colaboradora da Federación de Sindicatos Mundial (FSM) e como membro do Movemento Galego en Defensa das Pensións ( MODEPEN).

 

 

 

Pedro Sánchez asina hoxe o decreto de disolución das Cortes

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asinará hoxe o real decreto de disolución das Cortes coa convocatoria de eleccións xerais para o 28 de abril, que remitirá ao Rei para que o referende e que se fará efectivo mañá.

Sánchez anunciou o adianto electoral o pasado 15 de febreiro, tras un Consello extraordinario de Ministros no que explicou que tomaba esta decisión tras non contar cos apoios para sacar adiante os seus orzamentos.

A publicación do decreto é importante porque nel, ademais da data dos comicios, farase constar o período dos quince días de campaña, de acordo co establecido na normativa electoral -será do 12 ao 26 de abril-, así como o día e hora das sesións constitutivas do Congreso e o Senado.

Neste último caso o presidente dispón de certa flexibilidade xa que o artigo 68.6 da Constitución establece que as Cortes terán que constituírse “dentro” dos 25 días seguintes á data das eleccións.

Se Sánchez apurase este prazo ao máximo, o novo Parlamento constituiríase o 23 de maio, tres días antes das eleccións locais, autonómicas e europeas do 28 de maio, e xusto ao final da campaña electoral para estes comicios, a segunda que vivirán os cidadáns en menos de dous meses.

A pobreza ten cara de muller: A violencia patriarcal na sociedade

No Sistema que compartimos, baseado nun capitalismo sostido polo consumo, as mulleres representan unha mercadoría máis. Esta sociedade patriarcal e machista visualiza ás mulleres como obxectos e non suxeitos, quítalle os dos seus dereitos, converténdoa en branco fácil de dominación e violencia por parte dos homes.

Hoxe en día, o gran elemento facilitador das violencias de xénero é a negación da súa existencia como práctica normalizada. A violencia de xénero é inherente á nosa organización social, por tanto, entendemos por violencia de xénero o sistema de dominación patriarcal que é base e xustificación de todas as expresións de violencia de xénero.

A violencia doméstica é o tipo de violencia de xénero máis coñecida e instalada no imaxinario social. É a que se desenvolve ao interior da parella e maniféstase en violencia física, psíquica ou emocional e sexual.

Para a desarticulación das violencias de xénero faise fundamental desprazar a nosa crítica desde a violencia en si cara á estruturación xeneralizada, xerárquica e discriminatoria da sociedade en que vivimos.

Segundo se indica no informe do Movemento pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) “FENDA DE XÉNERO: A POBREZA TEN CARA DE MULLER”, a reforma das pensións exacerba a desigualdade e a fenda de xénero, potenciando a violencia de xénero por estas razóns:

  • Porque non parte da desigual realidade.
  • Non integra unha análise feminista que sinale a existencia de roles sexistas, obvia que hai unha desigual repartición e xerarquización do mundo produtivo e o reprodutivo, e non atende ás diferenzas entre homes e mulleres dentro do mundo produtivo.
  • Parte da asentada concepción patriarcal do mundo e do traballo, entendendo a este exclusivamente como unha das súas formas: o emprego, e deixando fose toda outra serie de traballos, como son os coidados.
  • Porque é así unha lei de e para o “home branco rico”.
  • É unha lexislación androcéntrica, que toma ao home como modelo universal e reforza a ficción de igualdade, facendo crer que é indistinto falar de homes e mulleres, ocultando que unhas e outros non vivimos unha idéntica realidade.
  • Os particularismos son necesarios, é indispensable falar das condicións de vida das mulleres, e dentro destas habería que sinalar as diferenzas entre as da clase dominante, as novas, as inmigrantes, as que viven en fogares mono-marentais… ou as maiores e as do mundo rural.

Respecto a a Violencia de Xénero, o informe de Modepen fai constar que:

1/ Queremos unha vida sen violencias e vivir sen medo a ser asasinadas, violadas, explotadas, discriminadas, acosadas, perseguidas, etc. por pretender vivir como mulleres libres. Urxe erradicar estas violencias para poder elixir a vida que queremos vivir como persoas.

2/ Unha maior protección e máis eficiente ás vítimas- nenos e nenas, mulleres novas e maiores- por parte dos Concellos e das CCAA. A administración máis próxima á vida da cidadanía é o Concello. Por iso consideramos inapelable a súa implicación en dar amparo, apoio ás vítimas da violencia de xénero, polas súas situacións límites de angustia e vulnerabilidade, moitas Asociacións e ONG cumpren con estas persoas de maneira extraordinaria, de forma voluntaria e escasos recursos.

Os gobernos municipais e autonómicos deben cumprir cos programas que anuncian, dando resposta nos ámbitos psicolóxico, de seguridade e económico ás vítimas da violencia de xénero, cuxo número non deixa de aumentar.

O fin do patriarcado, e con él, a violencia de xénero, é un traballo en conxunto pola liberación de ambos os sexos, para que o xénero non sexa condicionante nin nos indique como ser sen poder elixir libremente.

É unha tarefa de concientización, de desnaturalizar prácticas e de construción doutras novas, de novas relacións máis humanas e igualitarias, equitativas sen ningún tipo de discriminación ou explotación. Necesitamos avanzar como sociedade, é imperativo acabar co patriarcado, e as propostas de Modepen son un primeiro paso para iso.


Outros artigos da serie “A pobreza ten cara de muller”:

A pobreza ten cara de muller: A desigualdade no mercado laboral

A pobreza ten cara de muller: As tarefas domésticas

A pobreza ten cara de muller: Servizo doméstico

A pobreza ten cara de muller: Impacto da fenda de xénero sobre a protección social

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies