SATURDAY 23 FEBRUARY 2019

Os deputados e deputadas de En Marea no Parlamento e no Congreso asistiron este sábado á manifestación na Coruña contra o peche da planta de Alcoa e para apoiar aos traballadores e traballadoras.

O voceiro de En Marea, Luis Millares, lembrou que Alcoa está a defender o peche mentras os últimos datos rexistrados en Wall Street danlle a maior subida á empresa despois de anunciar os peches da Coruña e Avilés.

“Tendo en conta o millonario investimento en subvencións públicas para a súa actividade resulta unha auténtica burla á cidadanía que agora estean a repartir 200 millóns de euros en dividendos” declarou Villares.

No caso de que se consolide o peche, o voceiro de En Marea instou a que se esixa a devolución destas axudas públicas á empresa para evitar que mentres uns accionistas en EEUU se reparten 200 millóns en beneficios, aquí centos de familias quedan na rúa.

Villares considerou tamén imprescindible a modificación do sector eléctrico “para facer competitiva toda a industria” e a primeira medida “é sacar a produción hidraúlica, eólica e nuclear das poxas diarias de enerxía e obrigar a que sexa vendida a longo prazo con prezos xustos e estables”.

Pola súa banda, o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, mostrou o total apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa e calificou de “intolerable” que unha multinacional esté xogando con 400 postos de traballo.

“Hai que parar o ERE. Seremos o garante de que o Estado paralice o ERE. Os traballadores teñen a unha cidade e a un país detrás”, explicou.

A tamén deputada de En Marea e voceira de Industria no Congreso, Yolanda Díaz, lembrou na manifestación que “todo o país está volcado coa Coruña” porque “Alcoa é fundamental para o tecido económico e social do noso país.

A parlamentar, que se reuníu esta mesma semana coa ministra de Industria para abordar esta cuestión, lembrou que estamos diante dunha nova situación porque co anterior Goberno non tiñamos nin ministerio de Industria.

“Desde En Marea esiximos a retirada do ERE porque non ten sentido que nos sentemos a negociar cando temos despedimentos enriba da mesa”, explicou.

En Marea mantivo unha xuntanza cos traballadores e traballadoras da factoría de Alcoa na Coruña para coñecer de primeira man a súa situación e trasladar o apoio tanto do grupo no Parlamento como no Congreso contra o anuncio de peche da empresa. Nesta xuntanza participaron o voceiro de En Marea, Luís Villares, o voceiro no Congreso, Antón Gómez Reino, xunto coa deputada no Congreso, Yolanda Díaz, e os deputados no Parlamento, Manuel Lago e Francisco Casal. Tras a reunión, ofreceron unhas declaracións aos medios de comunicación nas que o voceiro de En Marea referiuse á situación de Alcoa despois de se coñecer esta mañá os datos rexistrados en Wall Street que deron a maior subida a empresa tras anunciar os peches da Coruña e Avilés.

“Tendo en conta o millonario investimento en subvencións públicas para a súa actividade resulta unha auténtica burla á cidadanía que agora estean a repartir 200 millóns de euros en dividendos” declarou Villares.

Desde En Marea lembraron que durante anos se presentaron distintas iniciativas para dar solucións á situación mentras o Goberno de Rajoy estivo dando subvencións multimillonarias sen esixir investimento nas factorías, que non terían pechado a día de hoxe de terse dado esta modernización.

No caso de que se consolide o peche, o voceiro de En Marea instou a que se esixa a devolución destas axudas públicas á empresa para evitar que mentres uns accionistas en EEUU se reparten 200 millóns en beneficios, aquí centos de familias quedan na rúa.

O voceiro de En Marea considerou tamén imprescindible a modificación do sector eléctrico “para facer competitiva toda a industria” e a primeira medida “é sacar a produción hidraúlica, eólica e nuclear das poxas diarias de enerxía e obrigar a que sexa vendida a longo prazo con prezos xustos e estables”.
A deputada de En Marea e voceira de Industria no Congreso, Yolanda Díaz, quixo amosar a solidaridade coas traballadoras e traballadores de Alcoa e insistiu en que “non imos parar ata que se levante o ERE de enriba da mesa”.

“Tivemos unha xuntanza coa ministra de Industria e temos o seu compromiso e o do Goberno para crear a mesa tripartita na que tamén estén representadas as alcaldías da Coruña e Avilés, polo que non ten sentido que se tramite este expediente agora”, explicou Díaz, que lembrou tamén a petición de En Marea á ministra de Traballo para que levante o ERE mentres duren as negociacións polo futuro da empresa.

A deputada insistiu en lembrar que Alcoa recibiu moitos cartos públicos e ten obrigas tanto coa comarca de A Coruña como coa de Avilés, polo que “non imos parar de loitar”.

Pola súa banda, o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez.Reino, fixo tamén un chamamento á mobilización deste sábado para “defender aos nosos sectores produtivos, que son estratéxicos para o conxunto de Galicia”.

A Xunta de Galicia pretende privatizar a xestión do urbanismo e das expropiacións, segundo se desprende da enésima modificación da Lei 2/2016 de Solo de Galicia. A Xunta utiliza a Lei de acompañamento para introducir na Lei do Solo de hai dous anos un artigo, o 117 Bis que, na práctica supón a privatización da xestión urbanística e dos procesos de expropiación.

“Desde En Marea vemos con sorpresa -segundo explicou o vicevoceiro parlamentario, Antón Sánchez- que en pouco máis de dous anos se introduza a enésima modificación e neste caso para privatizar algo de tantísima importancia como os procesos urbanísticos e de xestión das expropiacións”.

Segundo explica Sánchez “Pola porta de atrás rescátase perversamente algo semellante ao sistema de concesión de obra urbanizadora presente na LOUG 9/2002, e que se suprimiu na Lei 2/2016”, Sinala o vicevoceiro que “é algo semellante” pero que en realidade “vai moito máis alá nas ansias privatizadoras no urbanismo”. “Estamos afeitos ás ansias privatizadoras do PP nos servizos públicos, sanidade, ensino ou dependencia, pero vemos como esas ansias cegan agora ao feito da actividade urbanizadora”.

A novidade que pretende introducir o PP pola porta de atrás significaría un cambio radical na maneira en que se xestiona tanto o urbanismo como as expropiacións.  Ata o de agora no sistema directo de expropiación quen xestionaba era a administración pública e tamén quen se encargaba de xestionar a reparcelacións e a urbanización dos terreos. Pero todo isto cambiará se se aproba nos termos que redactados na Lei de acompañamento. Nestes termos poderá ser unha empresa ou unha persoa física quen tramite e execute os procesos de expropiación. Isto supón unha grande coincidencia coa figura polémica do “axente urbanizador” dos piores tempos do urbanismo do Partido Popular en Valencia.

Os termos que se introducen a través da Lei de acompañamento suporán tamén que no sistema de expropiación unha empresa privada, concesionaria do sistema, non so executaria as obras urbanizadoras senon que asumiria como axente urbanizador a totalidade de xestión do ámbito, mediante un convenio urbanístico coa administración”. En Marea oponse de maneira radical a este cambio polo que supón de privatización, de desprotección dos intereses da cidadanía e porque afonda nas políticas ultraliberais do goberno Feijóo.

Acompañamos texto dos cambios que se pretenden:

“Artigo 117 bis. Modalidades de execución das actuacións no sistema de expropiación 1. A administración expropiante poderá utilizar, para o desenvolvemento da actividade de execución das actuacións no sistema de expropiación, todas as modalidades de xestión directa e indirecta admitidas pola lexislación de réxime xurídico, de contratación das Administracións Públicas, de réxime local e de ordenación territorial e urbanística.
2. Será aplicable a lexislación de contratos do sector público cando a modalidade de xestión do sistema de expropiación elixida supoña a adxudicación de contratos de obras ou de concesión regulados na indicada lexislación.


3. Así mesmo, de acordo cos principios de transparencia, publicidade e concorrencia, poderá atribuírse a condición de beneficiario da expropiación a persoas naturais ou xurídicas, para que adquiran a propiedade de todos os bens e dereitos incluídos no ámbito de actuación, aboando o seu xusto prezo, e executen as obras de urbanización.


Nos concursos públicos que a tal efecto se convoquen poderán presentar ofertas calesquera persoas físicas ou xurídicas, interesadas en asumir a xestión da actuación, incluídos os propietarios que formen parte do correspondente ámbito. A tales efectos, estes deberán ben constituír unha entidade urbanística de xestión, que terá natureza administrativa e duración limitada á da actuación, ou ben constituír unha sociedade mercantil ao efecto.
Os concursos públicos poderán ser convocados unha vez que se aprobe definitivamente o planeamento que conteña a ordenación detallada. A convocatoria deberá publicarse como mínimo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.


As bases do concurso determinarán os criterios aplicables para a súa adxudicación, debendo terse en conta, en particular, aqueles que produzan un maior beneficio para a colectividade no seu conxunto e favorezan a atracción do investimento e creación de emprego.


As bases do concurso público fixarán os dereitos e as obrigas do beneficiario da expropiación, que actuará ao seu risco e ventura, e que comprenderán en todo caso os deberes de executar a urbanización e efectuar as cesións obrigatorias establecidas nesta lei. En particular, as bases establecerán:


a) As obras e instalacións que o beneficiario debe executar e os seus prazos, expresando as que han de entregarse á Administración.


b) As garantías a prestar polo beneficiario que aseguren a execución completa e en tempo e forma das súas obrigas, incluído o aboamento dos xusto prezos e a realización da urbanización, das obras e das instalacións que debe executar.


c) Deberes de conservación das obras e instalacións ata a súa entrega.


d) Os factores a ter en conta para a fixación dos prezos de venta, no seu caso, dos soares resultantes da actuación.

e) As relacións entre o beneficiario e os propietarios de terreos no ámbito de execución do plan e entre aquel e os adquirentes de soares edificables, ata tanto se execute totalmente o plan.


f) As penalidades por incumprimento e demoras.


g) As causas de incumprimento e resolución do convenio urbanístico e as súas consecuencias.
A adxudicación do concurso determinará a formalización coa persoa ou entidade que presente a oferta máis vantaxosa do correspondente convenio urbanístico, que se rexerá polo disposto nesta lei e no que se determinarán, de acordo coas bases e a proposta adxudicataria, os termos e as condicións da xestión e da execución do planeamento, de acordo sempre coas previsións e determinacións deste.


O adxudicatario poderá incorporar á xestión urbanística, en calquera momento e nas condicións que libremente pacten entre si, a calquera dos propietarios de solo, previa solicitude á Administración actuante e resolución por esta da exclusión da expropiación dos bens correspondentes, de acordo co artigo 119.”

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que os orzamentos que o Executivo galego presenta para 2019 “son antisocias” e non atenden as dúas grandes preocupacións da maioría social: Emprego e preservación dos servizos públicos e sociais, -sanidade, educación e dependencia-.

“Deixan en evidencia até que punto o Goberno de Feixóo é un proxecto esgotado, sen ideas, sen iniciativa e sen ambición de país. En definitiva, un Goberno en fase decadente”, sintetizou Pontón.

Son unha contas antisociais tamén no fiscal, posto que de novo hai rebaixas para as grandes rendas e nada para a maioría da cidadanía. “Hai agasallos fiscais ás rendas máis altas e esmolas de pequenas rebaixas nalgúns tributos que a inmensa maioría dos e das galegas non van notar en absoluto. O único que van notar e menos recursos para financiar recursos básicos”, indicou.

Pontón propón a Feixóo que se quere realmente facer rebaixas fiscais acabe co dieselazo imposto desde a Xunta aos condutores e condutoras galegas, “se quere alixeirar a carga fiscal aos traballadores e traballadoras que baixe os impostos sobre os carburantes que triplicou para que encher o depósito en Galiza deixe de ser máis caro que no resto do Estado, pese a ter unha refinería na Coruña”.

Antisociais son tamén unhas contas “que non van reverter un burato de 4.000 millóns na sanidade e na educación provocado por dez anos de recortes do PP” e, mesmo duplicando o incremento que a Xunta sinala nas constas de 2019, “se tardaría unha década en recuperar o investimento perdido”. Educación e sanidade precisan máis profesionais, “porque o déficit sanitario non se soluciona con máis metros cadrados, senón recuperando o persoal expulsado polos recortes”.

As contas de 2019 “non recollen estratexia produtiva” nin unha aposta pola I+D+i que permita xerar emprego de calidade. “Ano tras ano, este Goberno di que a innovación é fundamental pero Galiza está á cola do Estado en materia de investimentos e, por riba, nin é capaz de executar o orzamentado, de tal xeito que catro de cada dez euros quedaron sen gastar no 2017, 60 millóns de euros”, denunciou.

“Non darán resposta ás dúas grandes preocupacións da sociedade que pide blindar servizos públicos e dependencia e recuperar o emprego perdido”, indicou.

O portavoz de agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas defendeu hoxe, en comisión parlamentaria, tomar medidas para que a figura do Solo Rústico de Especial Atención Agropecuarias non sexa eliminada para seren destinada a superficie forestal a través da modificación do PXOM no concello de Curtis. Para o deputado do BNG, a votación en contra do Partido popular á iniciativa nacionalista supón, “bordear o incumprimento da lei de protección de solos rústicos”.

Xosé Luís Rivas aludiu a reforma no concello de Curtis que busca excluír a especial protección agropecuaria do solo rústico e grande parte de protección forestal para convertelos en solo rústico de protección ordinaria. Para o deputado, a reforma abre a porta, “de maneira encuberta á forestación” e ningún alcalde acomete tal medida sen o amparo dos máximos responsables do Partido popular, recalcou.

Por outra parte, asegurou que no concello de Curtis dáse outra circunstancia que pode ser, na súa opinión, a verdadeira razón para a reforma do PXOM. Na localidade de Teixeiro, explicou será ubicada unha planta de biomasa que consumirá 500 mil metros cúbicos anuais de combustible e ese combustible debe ser aportado nun radio de 60 ou 70 km, e a bo prezo ou ben a reforma municipal débese a un “ensaio de forestación para todo o país”.

O PP DA UNHA PATADA NO CU AO DESENVOLVEMENTO E A SUPERFICIE AGRARIA ÚTIL EN GALIZA

Para o parlamentario do BNG, resulta “inconcibible” que o Partido popular non se posicione a favor de protexer o territorio de Curtis, “un concello que conta cunha importante actividade agropecuaria e ademais, sostible”. Neste concello, engadiu, existe unha cooperativa con 300 socios e o concello está perdendo a oportunidade de ordenar as diferentes categorías para permitir “calquera uso deses espazos” en detrimento das actividades específicas para as que deben ser concibidos. Rivas cualifico este proceder de “patada no cu ás posibilidades de desenvolvemento” e sobre todo contra a superficie agraria útil en Galiza que se sitúa no 21% fronte o 40% da media europea.

O parlamentario concluíu a súa intervención denunciando que o “desinterese” do Partido popular na protección do solo é “unha hipoteca para Galiza” e anunciou que o BNG seguirá na senda de presentar propostas e iniciativas para impulsar a protección agropecuaria e forestal.

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas afirmou na comisión de Agricultura, celebrada no Parlamento galego que, “o lume se apaga no inverno” e hoxe con este acordo demos “un primeiro paso” cara facer realidade unha vella reivindicación das comunidades de montes sobre as axudas nos traballos de defensa e prevención dos montes contra os lumes.

Rivas explicou que, habitualmente as axudas para os traballos de prevención dos lumes fanse públicas nos meses de xaneiro e febreiro pero implican un “un grande retraso” ao seren resoltas no mes de agosto, “na metade ou final da temporada de alto risco de lumes”, polo tanto, as axudas, ao seu parecer, “chegan tarde”.

AS AXUDAS INCLUIRÁN OS TRABALLOS DE PREVENCIÓN DAS COMUNIDADES DE MONTES

Por outra banda, os traballos forestais de prevención poden ser asumidos por un gran número de comunidades de montes que contan con material e empregados e como consecuencia, “impulsan o emprego local”, recalcou Rivas. Neste sentido, hoxe dende o BNG, explicou o nacionalista instamos á Xunta a que os traballos, “obxecto das axudas”, poidan ser realizados “non só por empresas forestais, senón tamén polas propias comunidades de montes e as súas mancomunidades”.

O parlamentario advertiu que os acordos deben cumprirse e nese sentido, avanzou que o BNG seguirá moi de preto o cumprimento do acordo acadado hoxe no Parlamento para a súa inmediata posta en marcha pola consellería de Medio Rural.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies