SATURDAY 20 APRIL 2019

Entrevista o colectivo cultural Chiskeiro

Por Daniel Seixo

Suponho que se as pedras de Santiago falasen, poderían ternos salvado a máis de un duns cantos erros. Despois de todo a Capital galega é unha cidade santa que non o é tanto, un final de caminho no que comezaron moitas historias e un bar xigante no que perderse ou quizais atoparse, quen sabe. Son poucos os artistas galegos que non lhe dedicaron ualgunha das súas obras a esta cidade, poucas as almas revolucionarias e nacionalistas que non pediron un novo mundo nas súas prazas e escasos os estudantes que nun momento ou noutro, non  viviron as noites e os amenceres nos que peregrinos, xente seria e tolos con escaso habito de durmir, se atopan no final dunha carreira a pesquisa dunha tapa e unha canha a modo de incomum almorzo.

Foi nesas rúas de Santiago onde quedei con Martinho e Nadia, concretamente o carón das Marías. Un lugar o que persoalmente lhe tenho moito carinho e no que en máis dunha ocasión tenho sentado a reflexionar xunto a dúas grandes mulheres da cidade. Muleres eternamente libres, eternamente roxas e din que tamén eternamente locas. Pero coido que iso tan só o din porque elas sempre foron plenamente conscientes de que perderan unha guerra na que a cultura e a liberdade lhe plantaran  cara o escurantismo fascista.

Mentres esperaba por eses dous rapaces os que aínda non conhecía, decidín sacar o meu xornal para ler ese artigo de Le Monde sobre a resistencia do campesinhado en Vietnam que deixara a medias esa mesma manha. Pero a minha cabeza estaba demasiado ilhada como para poder concentrarme nas desgrazas dos campesinhos dun país que se dicía comunista, permanecía demasiado perdido nas minhas preocupacións do primeiro mundo, xa que para min Compostela supunha ese dia unha mistura demasiado potente de emocións.

  

Suponho que en xeral somos unha xeración totalmente acostumada as derrotas, constantemente nocauteada contra o chan e demasiadas veces humilhada polo sistema, como para poder crer realmente nun movemento que lhe plante cara a distopía material e emocional na que vivimos. Máis aínda quedan persoas dispostas a comprometerse coas súas paixóns, mozos e mozas que comezan a ser conscientes da total alienación na que vivimos sometidos e se amosan dispostas a desengancharse do opio da globalización e a pseudocultura que adormece as nosas sociedades. Unha xeración de artistas dispostos a mudar a realidade a golpe de emoción e trabalho.

O falar con Nadia e Martinho un pronto se decata de que non vai ter demasiado éxito na tarefa de estruturar unha entrevista o uso, pese a que nun comezo poidan parecer tímidos e escuetos nas súas respostas, cedo as palabras e as sensacións flúen dos seus beizos cunha lixeireza e firmeza que non se acada coa idade ou os estudios, se non que son propias dunha forma de ver o mundo intrínseca a persoas que por graza ou por desgraza para elas, non venhen a esta vida para dar sen máis un paseo superficial.

Pero vamos o que vamos, se hoxe estou a escribir sobre a conversa que tiven con Nadia e Martinho é debido a que ambos se embarcan na actualidade nun proxecto disposto a revitalizar a pulsión contestataria e artística de Santiago. O colectivo Chiskeiro, nome que lhe deron a esta iniciativa, pretender suponher un movemento cultural que non busque ficar nas redes, nin  un hashtag momentáneo, o obxectivo é pola contra revitalizar o movemento cultural de Santiago dende as rúas e cun contacto directo co público.

Martinho en Nadia falan de arte palpábel, compromiso e autenticidade mentres rolan os seus cigarros sentandos na chan. Resulta curioso escoitar a dúas persoas da xeración do éxito inmediato falar de autenticidade, tempo para conhecerse ou de como buscar o real como forma de chegar ao público. Cando falan de vangardas, fano dando un paso a fronte, non simplemente por causar impacto nas redes sociais ou no seu numero de seguidores, Chiskeiro pretende crear arte que tenha presencia na rúa, algo que poida situarse nos bares, lerse os dias de resaca ou ponherse para unha fin de semana especial.

Martinho: “Tentamos que os nosos procesos creativos non sexan tan inmediatos, contactar co publico e evolucionar con eles. Queremos que a nosa arte se cocinhe a lume lento, por iso a idea de usar postos nas rúas para contactar coa xente, para poder explicarlhes o noso trabalho e compartir con eles parte do proceso creativo.”

O proxecto cultural que aquí nos exponhen é o dunha nova xeración galega cansa do sistema e comprometida cunha visión da vida que se vai atopando como conxunto artístico nas rúas de Santiago. Unha xeración por tanto conhecedora do pulso tan distinto que os pes molhados e os raios de sol na faciana lhe poden dar o mundo da cultura.

Outros máis bébedos, máis tolos e temerarios que eles se xuntaron antes ao longo da historia e en diferentes puntos da xeografía para crear un movemento cultural. E sen dúbida, hoxe Santiago parece un lugar tan adecuado como calquera outro para lanzar unha nova vangarda.  Non esquezamos que esta xeración de artistas galegos ten aínda por diante unha débeda coa autenticidade e o esforzo que parecen decididos a poder saldar canto antes.

Ninguén pode garantir que a empresa tenha éxito, nin tan sequera que chegue a materializarse como algo máis que un sonho que se intenta para logo abandonar, pero voume permitir apostar o contrario, vou pensar en que esas dúas persoas que falaban comigo con decisión e valentía o van a conseguir. Principalmente debido a que eles mesmos son conscientes de esa posibilidade de fracaso, conscientes da necesidade de darlhe tempo o tempo e non ter presa por obter resultados.

Nadia: “Perdemos a evolución na arte, parece que agora os procesos creativos tenhen que ser sempre exitosos, non nos tomamos tempo para ver a evolución dos mesmos.”

Nadia e Martinho falan dunha experiencia, dun tempo e dun esforzo colectivo do que poder beber e embriagarse cultural e persoalmente. Tan só aqueles que navegaron nos seus pensamentos con algo posteriormente tanxible no mundo físico, poden chegar a comprender o trip que a pertenza  a un movemento cultural pode producir en cada membro do mesmo. Saberse parte dun esforzo reivindicativo cultural e emocionalmente é similar ao colocón que calquera outra droga nos pode outorgar. Un tan só debe estar disposto a sacrificar parte dun mesmo e a gozar do momento aínda que este pareza complicarse por etapas.

Non existe nada realmente limpo, toda creación artística require dor e pracer por igual. Por iso a minha aposta por Chiskeiro,  cando un falaba con Martinho ou con Nadia, a parte complicada deste proxecto parecía estar en todo momento sobre a mesa, ningún parecía rehuir dela, pero por encima de todo se amosaban convencidos de que valerá a pena. Aquí facían gala por tanto de algo básico para calquera artista: o compromiso.

Martinho: “Dende fora todo parece perfecto, pero unha vez nos metamos no proxecto as cousas poden mudar, coido que é importante gozar o momento e o proceso.”

Chiskeiro parece xurdir como a necesidade de expresarse dunha xeración artística,  a necesidade de ter voz propia para lograr sacar todo aquilo que levan dentro pero que lhes custa horrores expresar política, afectiva, sexual ou persoalmente. Son unha xeración sen grandes guerras, sen grandes revolucións ou grandes artistas, a xeración máis derrotada das historia. Unha xeración que probablemente perdeu o seu futuro sen aparentes cicatrices, pero co corazón asolagado de bágoas.

Dita xeración hoxe desfai-se finalmente do espartilho económico e moral para amosar o seu peito des-garrado e a duras penas remendado. Unha mocidade galega disposta a exponher o seu interior non só por dinheiro ou fama, senón por amosarlhe ao resto e así mesmos, que non están sós no que senten. Unha comunidade artística que decidiu crear algo novo ante a evidente destrución cultural de Occidente.

Nadia: “Debemos atoparnos a nos mesmos para poder expresar as nosas emocións de forma artística. A nosa xeración é unha xeración que romantiza demasiado a depresión ou a ansiedade. É por iso que a xente chega a puntos nos que non saben amosar as súas emocións de forma artística sen autodestruirse. Os artistas debemos poder demostrar as nosas emocións e compartilas de forma que axuden a outras persoas que poidan estar a pasar polo mesmo. O feito de autodestruirse constantemente sempre remata sendo perigoso.”

Martinho: “Sentirse só ou entrar a reflexionar cun mesmo é un tabú hoxe en día. Entre as páxinas de “Cartas a un mozo poeta” atopeime coa importancia de aproveitar a soidade para poder facer poesía. Vivimos nun mundo que se atopa inmerso constantemente no ruído, non sabemos apreciar o silencio, detestámolo. Eu penso por exemplo na relación coa minha noiva, gústame precisamente porque tamén sabemos apreciar os silencios. O silencio entre os dous non é un acto incómodo. Coido que iso é importante nas relacións e no arte, o silencio non debe ser nunca incómodo.”

Resulta complicado saber apreciar os silencios. O silencio e o baleiro interno obrígannos a pensar en nós mesmos, na nosa situación non mundo e no que queremos do mesmo. Iso en demasiadas ocasións pode resultar sumamente complicado para o ser humano actual.

Hoxe non estamos afeitos saber o que queremos, pensamos que si, pero realmente non o estamos. Somos unha xeración afeita a encher os nosos baleiros con cousas. O consumismo supón hoxe a nosa única fonte de desexos realmente alcanzables, a única vía a suposta felicidade, pero en canto un se enfronta ó silencio, cedo descobre que todo iso non é máis que unha tapadeira.

Eu mesmo tras saír dunha relación fai non demasiado tempo, descubrín que non tinha nin idea do que quería realmente, sabía o que detestaba, pero non tinha nada claro o que quería para a minha vida. Unha persoa que se consideraba firme nos seus principios, descubriu que nunca temos que deixar de descubrirnos a nós mesmos, nin o mundo que nos rodea. Sempre me queixaba de non ter tempo para as minhas cousas, pero agora que me vía de novo con todo o tempo do mundo para as minhas necesidades, resultaba que non tinha realmente claro de que se trataban estas.

Hoxe en día o buscarse a un mesmo é algo no que realmente todos rematamos caendo, necesitamos tocar fondo e vernos perdidos nunha sociedade liquida, narcisista e individualista para descubrir que non sabemos nin quen somos realmente nós mesmos. É nese preciso intre cando normalmente o autor consegue conectar dalgunha forma o seu pensamento interior coa pulsión da sociedade e da historia a través da súa obra.

Martinho: “Cando comecei a escribir non tinha moitas referencias na poesía, pero en canto comecei a ler a obra de certos autores notei como estes me empapaban. Iso é algo que reconheco me preocupou, un debe ter referentes, pero sempre debe conservar a súa propia identidade como algo inviolable. Por exemplo, as veces pecamos de beber da cultura estadounidense, sen conhecer a nosa propia cultura.”Non estamos a falar dun movemento ou un colectivo político no sentido tradicional do termo, pero tampouco debemos obviar por iso a densa capa política da súa iniciativa. Nos tempos da ameaza do postfascismo, en tempos de escurantismo moralista e mercadeo artístico, Chiskeiro nace como unha iniciativa provocadora, herdeira da Barraca ou o movemento Underground máis tradicional.

Debuxa por tanto a rebelión como algo espiritual, artístico e puro. A rebelión como un acto con consecuencias, non como unha mera experiencia máis que un pode mercar con cartos. A rebelión como unha vivencia artística. Un acto auténtico de reacción contra o socialmente establecido.

Nadia: “Antes rebelarse significaba algo, podía significar pasarse noites non calabozo. Hoxe debemos retomar esa forma de rebelarse que signifique algo concreto, non só pura estética.  Algo estamos a facer mal para que isto non suceda.”

Unha autenticidade e pureza que de todos xeitos debe compaxinarse coa realidade daqueles que sobreviven nun mundo capitalista. En plena distopía social, o emerxer como un marxinado do sistema, como un firme representante da contracultura, non resulta sinxelo economicamente. Para desenvolver o seu trabalho obviamente o artista debe disponher dos medios materiais necesarios, exactamente igual que calquera outro membro do proletariado, pero curiosamente, a mentalidade xeral nas sociedades occidentais dende a firme imposición do capitalismo é a de observar ao artista como unha peza estranha, incomprendida e unicamente aceptada de mala gana cando logra imponher varias cifras ao valor da súa obra.

O creador que se sae dese marco o que pretenda romper co circuíto da arte como un mero elemento económico da sociedade, pronto se atopará coa lupa non só sobre a súa obra, senón sobre a súa propia vida. Un artista alheo ao sistema non pode ponher valor á súa obra, non pode comercializar a súa creación e nin moito menos pode chegar a alcanzar o éxito. O artista que logre isto será criticado e arroxado directamente ao bando dos vendidos. É por iso que o navegar entre o puramente artístico e provocador e o comercial vai suponher un reto para un colectivo como leste.

Martiño: “Non me gusta ponherlhe valor  a arte. Penso que os cartos non poden valorizar a arte, debe suponher a expresión sincera do teu interior. Por iso non queremos darlhe un valor monetario a arte do colectivo, pero esperamos que a xente poida colaborar economicamente para poder axudar a desenvolver libros, fanzines, unha mixtape ou calquera proxecto que queramos levar a cabo. Son cartos para axudar os proxectos, non son cartos o colectivo.”

Nadia: “Creo que é importante poder dar expectativas para que os artistas poidan ter certo beneficio do seu trabalho. Ao final un debe moverse profesionalmente nun sistema capitalista e a arte é o noso oficio. Logo a arte si ten un prezo, un prezo que vai en función do trabalho. Debemos sobrevivir dalgunha forma.”

A continua necesidade de ponher etiquetas a todo que invade á nosa xeración xoga en contra do rompedor e os artístico. Como resultar novo e rompedor nunha sociedade que adora unicamente o inmediato? Resulta imposible cumprir esas expectativas adaptándose ás modas, tarde ou cedo todas as modas ou as tribos urbanas morren deixando no recordo unicamente aos melhores e aos pioneiros. A resposta en certa medida é simple por tanto, se tentas prevalecer na cultura, se o melhor da túa época ou simplemente se orixinal. Por mera probabilidade, toda aquel que fuxa da arrogancia ou careza da tolemia próxima ao talento, debería optar pola segunda alternativa. Ser natural permíteche fuxir das etiquetas ou polo menos dificultar a súa imposición nos inicios, algo que sen dúbida supón hoxe un gran respiro para a creación

Nadia: “Cando intentei explicar este proxecto dixéronme que era algo moi perroflauta. Non sei, sempre se quere ponher etiquetas a todo. Aquí en Santiago a comunidade artística tamén usa moito as etiquetas, incluso esa de perroflautas da que falaba. Son etiquetas que pon a xente por unha estética determinada e en certa medida para diferenciarse uns os outros. Non sei, se a xente nos vai a definir por estas serie de cousas, non sei hasta que punto vamos a ser capaces de que non se nos conheza como unha etiqueta máis, cando nacemos como unha forma de rachar coas etiquetas. Vivimos nunha sociedade na que a xente ten moito medo a saber quen é. A xente ten medo a buscarse e ponse esas etiquetas para ter unha forma de pertencer a algo”

Martinho: “Aínda que queiramos fuxir das etiquetas vai a ser complicado logralo, pero nos sabemos o que queremos, iso é o importante para o proxecto. Isto será algo aberto a todo o mundo, queremos incentivar a xente para que saque os seus proxectos adiante. Calquera disciplina é benvida, incluso falamos de acolher disciplinas tan particulares como a gastronomía. Si alguén quixese sacar un libro de receitas sería benvido por exemplo.”

Nadia: “Hoxe venderse sería moi doado, resultaría sinxelo saber o que o público quere e simplemente darlho, adaptarnos a unha etiqueta. Pero nós tamén podemos dicirlhe ó público o que precisa, podemos ofrecerlhe alternativas. O Punk por exemplo, rompeu a escena e foi capaz de contestar co que a xente necesitaba, non co que seguramente pedía. Nós esperamos poder conectar con elas mediante o que nós podemos ofrecer.”

Nadia e Martinho fuman e dialogan á vez que observo o primeiro poemario de Martinho “Poesía primeira dás pretensións universitarias” Curiosamente penso en que non vinculo a minha propia poesía coa vida universitaria, en realidade non cheguei nunca a vincular demasiado a minha vida coa contorna universitaria, sempre fun máis de rúa, máis de noite, máis o filho dun obreiro convidado a profundar na cultura académica. Pero comprendo que en Santiago ao contrario que na Corunha, a universidade forma parte da vida e as rúas da cidade. En certa medida, a expresión artística da cidade vese impregnada por este feito.

Seguimos falando de amor, drogas, pero especialmente falamos de tristeza e rebelión ante esa longa sombra que tanto perseguiu á arte galega e que non desapareceu nin moito menos co liberalismo económico. A nosa eterna consciencia de precariedade e sometemento ao destino perséguenos hoxe máis fortemente se cabe que onte. O artista en lugares como Santiago corre o serio risco de caer na excesiva melancolía e o depresivo contraste dos seus días.

A pedra da capital galega curiosamente empápase de igual forma do sol escaso que da choiva continua, facendo que as manhás posteriores as longas noites e os fríos amenceres de domingo, sexan melancólicos e tristes en cama amiga ou desconhecida. Compostela e as súas rúas rematan sempre por remexer os nosos estados de ánimo dun xeito que ben pode ser canalizado en forma de expresión artística, ou ben pode caer de canto na nosa gorxa afogando as palabras de individuos habitualmente demasiado sensibles á beleza e a tristeza que reflicten as rúas do final do máis santo dos caminhos.

Naida: “É fácil estar triste, é algo moi atractivo. Un sempre pensa que pode sacase algo positivo da tristeza cando comeza un proceso creativo, pero resulta sinxelo atraparse nesa espiral.”

Martinho: “Todos somos en certa medida artistas en potencia, temos na nosa man enriquecernos e expresar ou que sentimos. Todos vivimos emocións que poden axudar a outros, tan só precisamos expresalas”

O amor e as emocións como fonte de inspiración para a artista, eterno debate que encaramos xa entrada a noite en Compostela e aínda sentados sobre o chan e comezando xa a precisar o tacto da roupa de abrigo, que nesta cidade un non pode abandonar con tanta lixeireza. Curiosamente o corpo abrigado e arroxado ao frío do artista galego adoita suponher hoxe unha arma de provocación, unha ferramenta artística, unha fonte eterna de beleza. Pero acaso tamén sucedo o mesmo co corpo gordo, velho, masculino, maltratado…?

Supón o uso do corpo da mulher na arte algo liberador?

Trátase polo contrario dunha imposición alienante do sistema?

Resulta complicado chegar a un acordo, ningún de nós ten claro se o corpo da mulher na arte supón hoxe en día unha elección propia, un acto de rebeldía ou unha forma de perpetuar o seu uso polo patriarcado que tamén impregna este mundo.

Parece evidente que se necesita debater, parece evidente que a arte non debe pecharse portas, pero tamén resulta evidente de xeito claro que o corpo do home heterosexual nunca gozou dunha excesiva atención artística como forma de rebeldía moderna. Tocará reflexionar si se trata dunha casualidade.

Nadia: “Moitas veces a xente busca alcanzar o éxito mediante a suposta provocación. Desde os anos 70 levan facendo fotos de sadomasoquismo, espidos ou cousas similares, penso que en ocasións retomamos esa forma de provocar porque nos custa atopar algo realmente novo. Ás veces imitamos o que impactou antes e quizais iso neste momento non resulta o máis efectivo. Somos unha xeración con outras armas, por tanto deberiamos aproveitar esas armas propias para crear algo realmente novo.”

Do corpo á alma, pasando polos sentimentos e desembocando nas relacións afectivas e sentimentais. Hoxe podemos percibir claramente a imposición cultural dun mundo triste, rápido e aparentemente indoloro. Un mundo no que prima a banalización dos sentimentos, o sexo ou o compromiso. Usamos drogas, corpos ou produtos para reducir a nosa ansiedade, elaboramos novas teorías cada día máis radicais a espera de poder explicar  o motivo polo que a nosa vida non funciona e unha e outra vez culpamos ao resto da nosa mala sorte. Pero xamais facemos nada realmente serio por cambialo, nunca o facemos porque requiriría demasiado esforzo e quizais dor. Ante todo, non somos unha xeración preparada para a dor.

Pasamos do amor Disney ao amor Woodstok sen preocuparnos de arranxar nada polo caminho, nin a nós mesmos, nin aos cadáveres emocionais que imos deixando polo o noso paso. Resulta máis sinxelo non comprometernos con ninguén ou aparentemente facelo con todo o mundo, con tal de non admitir que as cousas requiren o seu trabalho.

Homes hoxe din ser feministas, pero xamais reconheceron os seus erros como homes, nunca se molestaron en reconstruír o seu pensamento e reconhecer os seus erros. Revolucionarios que nunca sentiron o risco e o peso de vivir nun sistema que nos explota, que non adoutrina e eliena. Artistas que xamais tiveron a paciencia de encarar un proxecto vital, un caminho no que sufrirían desencantos, caídas e profundas decepcións, pero no cal atoparían a parte artística intrínseca a un mesmo.

Nadia: “As novas teorías sobre o amor ou a sexualidade non son realmente novas, criticar a parelha monógama ou o amor romántico bebe do feminismo dos anos 70. Creo que hoxe as mulheres deberiamos conhecer todas esas experiencias, a educación é básica para que se respecten todas as nosas decisións amorosas ou sexuais, pero debemos atopar algo novo, algo que nos sexa propio. Quizais mesmo ese amor líquido poida que en ocasións non sexa máis que parte do propio sistema.”

Martinho: “Penso que o amor é como a arte, non debe responder a ningunha regra”

A entrevista transformouse aos poucos no que tamén pretende ser o proxecto Chiskeiro, un laboratorio de ideas, un lugar no que compartir a experiencia cultural de cada un, no que aprender, pero especialmente no que innovar. Suponho que por iso tampouco a estrutura desta entrevista é unha estrutura ao uso, despois de todo non o chegou a ser realmente en ningún momento e alégrome por iso. Así que non atopo razón ou imposición algunha polo que debese chegar dese modo ás súas pantalhas.

Mentres caminhamos Nadia e Martino cóntanme que o proxecto comezará en Santiago, pero que lhes encantaría poder levalo máis aló, incluso colaborando con outros colectivos que estean interesados en compartir experiencias fóra das nosas fronteiras. Santiago será o centro de operacións de Chiskeiro, pero como boa vangarda, é lixeira e veloz para facilitar a súa impregnación a través dun caminho que foi símbolo de cultura outrora, así que nada impide que volva selo hoxe excepto o propio esforzo da cultura galega.

Deixo a Nadia e Martinho cuns amigos tras falar de LSD e Ortigueira, espero poder voltar atopalos no festival deste ano cun posto na rúa, no que poidan ofertar ao público co que comparten tempo e espazo, imaxinación e rebelión en todos os sentidos.

As rúas molhadas de Santiago lémbranme agora pisadas pasadas, experiencias e sensacións. As mesmas que me levaron a escribir o meu primeiro poemario, as mesmas que xa ocupan as páxinas do segundo e se colan hoxe nesta entrevista tan peculiar que hoxe vos ofrezo.

E iso, que o xoves 21 de marzo as 20:00 Chiskeiro realizará un mico aberto con lectura de poesía no “CSOA O ATURUXO DAS MARÍAS”. Acudan o mesmo, non existe nada que a arte non poida sanar, nin ninguén que non poida ser salvado pola arte. Tan só fai falta perder o medo á vida, benvidos todos aquelas que así a encaran.

Hoxe moi agradecido por iso, presenteilhes a un colectivo artístico que así quere encarar a arte e a vida.

 

Venezuela e o Cambio Climático

Venezuela ten as reservas probadas de petróleo máis altas do mundo, os seus activos son de aproximadamente 360,000 millóns de barrís e representan o 20% das reservas globais, alcánzanlle ao ritmo de produción actual para 300 anos; os Estados Unidos soamente teñen reservas probadas que representan o 2% (39.9 millóns) dos activos mundiais, pero teñen 149 refinerías e consomen o 20% de petróleo do mundo (18 de 90 millóns de barrís por día), o seu máis próximo perseguidor (China) consome soamente a metade, o 10% da produción mundial. De onde chega todo o petróleo cru que refinan, consomen e ademais, venden xa refinado os norteamericanos?, pois de Arabia Saudita, Iraq, México, as areas bituminosas de Canadá (léase Fracking) e da propia Venezuela, xa que Venezuela só consome o 1% de toda esa produción mundial.

Ao ver estas cifras dámonos conta do por que os Estados Unidos queren apropiarse do petróleo venezolano, pero o problema non termina aí, é máis apenas comeza, se comparamos o consumo que teñen os norteamericanos e que obviamente se vai a incrementar para volver facer grande ao seu país, co consumo dos venezolanos, apreciamos que a diferenza é do 19%, é dicir, que se os Estados Unidos se aprópian do petróleo venezolano, o risco de incremento do quecemento da Terra pola queima de máis combustibles fósiles pode chegar a ser excesivo e repercutir na probabilidade da extinción da especie humana, lembremos que a atmosfera só pode procesar a terceira parte dos contaminantes que lle emitimos anualmente.

Actualmente, a contaminación na atmosfera está nas 410 PPM (Partes por millón de volume) e antes da revolución industrial estaba en 280 PPM, en menos de 150 anos incrementámola no que á Terra de forma natural levaríalle 25,000 anos, e iso supoñendo que GAIA non autoregulara os seus procesos para interactuar coa vida. A principal dificultade estriba nos compromisos que teñen as empresas petroleiras cos inversionistas que especulan coas súas accións para obter ganancias por encima do que se puidese chamar a media normal de especulación, fálase outras 250 PPM comprometidas que elevarían a temperatura máis de 6° C, o cal provocaría catástrofes descoñecidas de nefastas consecuencias para a especie humana.

O queimar o petróleo de Venezuela ao ritmo que o queima EEUU, cumpriría os compromisos de campaña de Donald Trump de facer “grande” ao seu país, pero á conta de incendiar globalmente ao mundo en menos de 55 anos, incluíndo a ese país novamente “grande”, xa non se trata de ideoloxías, trátase da supervivencia da especie humana na Terra, ou de cando menos conservar a sensatez que lles fai falta a algúns gobernantes respirando aire puro. Calculando que 8 barrís de petróleo pesan unha tonelada e cada tonelada produce tres de CO2, os 360,000 millóns de barrís producirían 135,000 millóns de toneladas de CO2 nun tempo extremadamente curto, o anterior sen calcular o consumo e a queima das reservas probadas dos demais países, nin aumentar a contaminación das reservas probables, que se as comparamos coa transformación do CO2 que fixo a biósfera cando xurdiu a vida aeróbica, poden chegar a ser incalculables, xa non habería tempo de facer previsións de crecemento económico pola destrución e a extinción de especies que se provocaría coas puras reservas probadas do mundo.

Non sería mellor que os países industrializados baixasen as súas emisións e pagasen a débeda de carbono polo uso dos espazos comúns (atmosfera e océanos) que pertencen a todos?, con isto os países en vías de desenvolvemento poderían alcanzar o seu crecemento programado dunha forma sustentable e con enerxías limpas, en consecuencia a economía circular sería en referente do desenvolvemento e todo o mundo viviría nun medio ambiente san ao que tamén todo o mundo ten dereito.

Javier F. Ferrero
Codirector de Encontro


O Consello de Ministros aprobou este venres un Real Decreto Lei de medidas urxentes que recupera o subsidio de desemprego para maiores de 52 anos, ata agora limitado a quen tiña máis de 55 anos.

A cantidade se beneficiarios vese amplamente incrementada, ao redor de 114.000 potenciais beneficiarios que se sumarían aos 260.000 que o cobran na actualidade, pero aínda hai cidadáns e cidadás maiores de 52 anos en grave perigo de exclusión social ao non dispoñer de ingreso algún. Diso falo con Joaquín García Martín, presidente da Asociación Vítimas do Paro.

 

A ministra Magdalena Valerio anunciou hai uns días a recuperación do subsidio para maiores de 52 anos, que lle parece o decreto?

Todo o que sexa que máis persoas desempregadas teñan un subsidio é positivo. Neste caso serán 114.000 máis os beneficiarios, pero seguimos vendo que quedan fóra do subsidio 220.000 persoas por diferentes requisitos como, por exemplo, non ter 15 anos cotizados ou ser autónomos toda a súa vida laboral e non chegar a 6 anos cotizados para desemprego no Réxime Xeral da Seguridade Social. Hai situacións moi inxustas e dramáticas de persoas con 64, 62, 60… 52 anos que seguirán malvivindo sen emprego nin ingreso algún.

 

Cre que se perdeu unha oportunidade para cubrir as necesidades deste segmento da poboación?

Por suposto. Levamos desde 2012 esperando que se volva a aprobar este subsidio e cando se logra vemos que non é “para todas as persoas desempregadas maiores de 52” (como está a vender o Goberno nos medios de comunicación). Vemos que se segue deixando sen o subsidio a 220.000 persoas e preocúpanos moitísimo porque, como van subsistir esas persoas que xa ninguén quere contratar?

 

A súa Asociación leva anos reclamando cobertura para os maiores de 52 anos, cre que tivo que ver a presión que exerceron co anuncio realizado?

É certo que a nosa asociación, e algunhas outras máis, xunto ao colectivo de persoas maiores de 52 anos, levamos desde 2012 reclamando a todos os partidos que se volvese a dar este subsidio, pero sendo sincero hei de recoñecer que o PSOE sempre foi favorable ao mesmo, da mesma forma que apoian un ingreso mínimo vital para todas as persoas desempregadas, por iso sorprendeunos que ao final só o recuperaran para unha parte e non para todos. Non me gustan as políticas “Titanic”, que se conforman con salvar a algúns e o resto que se apañe como poida.

 

Considera que este decreto, xusto a dous meses das eleccións, trátase dun anuncio electoral?

Sinceramente, si me parece que o fixeron con intereses electorais. Lévano anunciando desde xuño e podíano aprobar, se quixesen, nun dos primeiros Consellos de Ministros da mesma maneira que o fixeron o 8 de marzo. Desde o PSOE dicíanme que ao estar os orzamentos de 2018 aprobados non o podían incluír en ningunha partida orzamentaria, pero aprobáronse outros decretos que tampouco tiñan partida orzamentaria prevista.

 

Seguirán presionando para lograr a cobertura total antes das eleccións?

Sen ningunha dúbida. Seguiremos defendendo ás persoas desempregadas e imos dar varios pasos para que non se deixe a ninguén maior de 52 anos sen traballo nin subsidio. Un deses pasos será tentar que na Deputación Permanente, onde o PSOE necesita os votos de todos os deputados que apoiaron a moción de censura, algún deses partidos dígalles “Se, votaremos a favor… Pero non deixedes a esas 220.000 persoas sen subsidio aínda que vos custe 700 ou 800 millóns máis”.

Outro paso será que o propio PSOE e Goberno recapacite e vexan a situación tan inhumana en que quedan moitas persoas e modifiquen os requisitos do Decreto (por exemplo, rebaixando eses 15 anos de cotización). Tentaremos que se acorden destas persoas a maior cantidade posible de partidos nos seus programas electorais.

Vemos casos tan inxustos e discriminatorios que imos estudar a posibilidade de presentar un recurso naqueles tribunais que nos aconsellen os nosos avogados e os doutras asociacións coas que estamos a contactar, coma se temos que chegar ao Tribunal Constitucional ou a Estraburgo.

 

Que obxectivos ten a Asociación Victimas do Paro?

Lograr que non haxa persoas desempregadas e que todas as persoas, da idade que sexa, teñan ingresos garantidos, ben porque teñan traballo ou ben porque dispoñan dunha Prestación de Ingresos Mínimos ou Ingreso Mínimo Vital. Con iso lograríase que non houbese persoas sen teito pois llo poderían pagar, que os nosos mozos non tivesen que emigrar, que as mulleres puidesen ser máis independentes aínda….

Queremos que se faga un Plan Estatal de Emprego e Actividade, en coordinación entre Ministerio de Traballo, Servizos Sociais, CCAA, Patronal, Sindicatos… Se se quere é posible dar traballo ou actividade a todas as persoas e lograr o “Pleno Emprego”.

 

Supoño que nestes anos de actividade como presidente da Asociación tería varios desencontros e desgustos, que é o que máis lamenta?

Pois ter moi claro que se poden solucionar os problemas de moitas persoas desempregadas, persoas sen fogar, traballadores explotados e mesmo de mulleres que sofren violencia de xénero e que, como aos políticos débelles de parecer algo utópico ou imposible, len os nosos emails ou mensaxes pero non nos din “imos reunirnos para ver como o poñemos en marcha”. O noso obxectivo non é que o faga este ou aquel partido ou Goberno, a miña lema é “o importante non é quen o faga, o importante é que se faga”.

 

Quen os financia?

A Asociación Victimas do Paro non ten un euro de financiamento. Non realiza ningunha actividade económica precisamente para non xerar dúbidas nin malos pensamentos. Ao fundarse a nosa asociación, en decembro de 2013, queriamos cobrar un euro ao mes aos socios, pero vendo algunhas críticas que recibimos, a directiva decidiu suprimir a cota social. Non pedimos subvencións nin contamos con ingresos publicitarios nin de ningunha clase. Donativos… Temos un grupo de Teaming con só tres ou catro persoas que poñen un euro ao mes e de aí cubrimos gastos de autobús para poder ir a reunións ao Congreso un par de ocasións. O diñeiro poñémolo os membros da xunta directiva de forma altruísta. A gran vantaxe: que ao non recibir subvencións permítenos ser totalmente independentes aínda que cada un de nós teña a súa ideoloxía persoal.

8 razóns para o 8 de marzo

  • As MULLERES PENSIONISTAS hoxe saímos á rúa porque a brecha de xénero ten cara de muller, sendo aínda máis cruel conforme envellecemos. Unha xornada para visibilizar o peso de todas as tarefas que asumimos, todas as decisións de consumo que adoptamos, para que toda a sociedade vexa que sucede se paramos as mulleres.
  • Estamos atravesadas por desigualdades e precariedades que nos sitúan en lugares moi diversos fronte ao Patriarcado e ao Sistema capitalista: o desemprego, as condicións do traballo asalariado, os coidados, o consumo, a formación, a procedencia, a clase, a idade, a orientación sexual, a identidade de xénero e as habilidades e as pensións.

  • Ao enumerar as causas desa brecha nas pensións, habemos de pararnos en primeiro lugar nos RECORTES en sanidade, servizos sociais, educación, e dependencia, pois se fan á conta do traballo e do tempo das mulleres. Teñamos a idade que teñamos, nós cubrimos todas as carencias do sistema porque non hai corresponsabilidade nin dos homes, nin do Estado nos TRABALLOS DE COIDADOS. Consecuencia: asumimos dobres e triplas xornadas de traballo, que provocan deterioración na nosa saúde e o noso tempo persoal. Teñamos a idade que teñamos.
  • As mulleres realizamos o TRABALLO DOMÉSTICO E DE COIDADOS aínda cando estamos xubiladas. Non nos xubilamos nunca. Un traballo que o sistema capitalista invisibiliza porque promove cidadás e cidadáns de primeira e de segunda. O que nos condena, polo feito de ser mulleres, a pobreza diaria e na xubilación.
  • PRECARIEDADE LABORAL é igual a pobreza. Presentamos traxectorias laborais máis curtas, bases de cotización máis baixas, traballos peor remunerados, e ademais, interrompémola nas idades asociadas coa maternidade e o coidado dos fillos, producíndose o que se denomina Brecha de Xénero. Toda esa desigualdade tamén condiciona os subsidios por desemprego e irremediablemente, a xubilación.
  • As TRABALLADORAS DO FOGAR non temos pensión de xubilación porque non gozamos da condición de traballadoras, tal e como se recolle no Estatuto dos Traballadores e na Constitución Española. O Estado transfire o TRABALLO DE COIDADOS duns fogares a outros en base a eixos de poder, entre eles o de xénero, etnia, clase e o lugar de procedencia. Sufrimos brecha de xénero no traballo e logo nas pensións.
  • A división sexual do traballo condénanos ao desemprego nun 19%, ademais, a traballos precarios, discriminación laboral; a unha BRECHA SALARIAL do 23%, que nos conduce a situacións de pobreza, con maior incidencia se somos maiores de 45 anos. Dita brecha obríganos a traballar “@gratuitamente” 54 días ao ano. Como consecuencia, as nosas pensións son máis baixas, polo que tamén neste tramo da nosa vida sufrimos pobreza e desigualdade polo feito de ser mulleres.
  • As MULLERES RURAIS ademais de ter que enfrontarnos á deterioración ambiental pola crise ecolóxica provocada polo capitalismo voraz, facémolo nun contexto patriarcal no que non se fai efectiva a titularidade compartida da terra. Realidades que presentan a mulleres sen xubilación.
  • Capítulo á parte merecen As PENSIÓNS. Na actualidade 1 millón de mulleres de máis de 65 anos carecen de pensión e viven das migallas das pensións dos seus maridos, que tamén son baixas. Tres de cada catro mulleres só poden acceder a unha pensión non contributiva. E as que acceden fano cunha contía do 36% menor que os homes.
  • Máis de 1,5 millóns de mulleres perciben pensións por baixo de 500 euros.
  • As pensións de viuvez. Na súa maioría son mulleres que reciben a metade da pensión do seu marido.
  • No sistema patriarcal as mulleres sufrimos VIOLENCIA económica, social, habitacional. Asistimos con rabia ao feito de que vivimos nun país que viola os DDHH en xeral.
  • Agravándose a situación se ademais es pobre, emigrante ou ambas as cousas (como é o caso das mulleres do amorodo de Huelva). Isto agrávase exponencialmente, chegado o momento da xubilación.
  • Nós, formamos parte dun proceso de transformación radical da sociedade, da economía, das relacións, da cultura. Isto pasa por facer menos complexas nosas sociedades, por acabar co patriarcado, que nos somete e co capitalismo, que se apropia dos recursos deste planeta e concéntraos nas mans de unhas e uns poucas e poucos, maioritariamente homes. Nós defendemos vidas dignas con acceso aos RECURSOS NECESARIOS como a enerxía, a auga ou os alimentos, máis aínda cando somos maiores.
  • Este movemento interxeracional que é a Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións e especificamente desde a Comisión da Muller, facemos nosas as reivindicacións do movemento feminista. Por iso, o día 8 saímos á rúa e secundamos a FOLGA DE EDUCACIÓN, CONSUMO E COIDADOS, como vía para impulsar o cambio real e efectivo en igualdade.

SEN NÓS O MUNDO PÁRASE

ORGANIZADAS, CAMBIAMOS O MUNDO

Victoria Portas. Experta en Seguridade social. Comisión legal COESPE e Modepen


A dependencia, identificada como risco social que afecta a quen por razón de idade, enfermidade ou discapacidade, non poden valerse por si mesmos e necesitan o apoio e coidado doutra persoa (as mulleres da contorna asumen esta circunstancia), ha de afrontarse polos poderes públicos tal e como se recolle no artigo 41 da Constitución e, en particular, a tutela especifica de anciáns (artigo 50 CE), discapacitados (Artigo 49) ou menores. O modelo de coidados onde a responsabilidade recaía sobre as mulleres da contorna cambiou e que por iso é máis necesario se cabe, un novo modelo que veña desde os poderes públicos onde calquera persoa dependente estea atendida con plenas garantías en dereitos tanto seus como da parte coidadora. Sexa esta última da familia ou non.

Segundo o Movemento pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) “FENDA DE XÉNERO: A POBREZA TEN CARA DE MULLER”, a mediados do ano 2018 había 1.730.000 solicitantes, dos cales se habían resolvido 1,6 solicitudes. Delas, 1,27 millóns de persoas son beneficiarias con grao recoñecido de dependencia e dereito a prestación, fronte a 330.248 que non teñen grao recoñecido e o 90% das súas coidadoras son mulleres.

Con todo, as CCAA obrigadas a facer fronte a estes servizos non reciben dos Orzamentos Xerais do Estado as asignacións de fondos necesarios para o seu sostemento, situación que está a empeorar de forma progresiva o estado de benestar deste sector da cidadanía.

Xunto coa sanidade, a educación e as pensións, o sistema de axuda á dependencia consolidouse como un dos alicerces máis importantes do Estado do Benestar. Estas prestacións, que se outorgan para axudar a persoas maiores ou discapacitadas a mellorar a súa autonomía, son consideradas un instrumento moi importante para aquelas persoas que non poden realizar soas algunhas actividades básicas da vida diaria.

E como o Estado Social, entre outros, baséase na solidariedade social, non expresamente contemplado na CE, pero si polo Tribunal Constitucional ( TC), entre outras nas SSTC 62/1983 e 134/1987, considera imprescindibles valores como a dignidade da persoa ( art.10.1) e o da igualdade real ou material ou equidade dos cidadáns ( art.9º.2).

Por iso solicitamos:

Pleno funcionamento da Lei de Dependencia. Que non exista unha soa persoa dependente que se vexa privada deste dereito.
-Posta ao día das listas de espera, reducíndoas aos prazos previstos legalmente (que unha vez baremado, deberíanse recibir os servizos e prestacións de inmediato). É intolerable a tardanza nos casos de emerxencia social e dita situación aínda agrávase máis nos procesos nos que se require solicitude de incapacidade. Que a valoración se realice no domicilio polos equipos de valoración e recoñézase a situación actual da persoa dependente.

Revisión dos criterios de concesión de axudas á dependencia, elevación das contías que permita unha vida digna para as persoas dependentes. Na participación económica do usuario/a terase en conta unicamente os ingresos da persoa dependente.
Esixir a nivel estatal e a nivel autonómico que sexan traballadoras de pleno dereito, por iso que dea alta na Seguridade Social ás coidadoras mentres non se implante un Servizo Público de coidados de calidade.

Ampliación das prazas a residencias da 3º idade e a Centros de día. De xestión e control público con persoal especializado en dependencia. Que os chamados centros de día sexan a norma en todas as poboacións como o son outras infraestruturas como ximnasios, garderías.

Que o Goberno do Estado asuma o 50% de gasto totais en atención á dependencia (Lei 39/2006, do 14 de decembro) que hoxe en día recae nas CCAA.

E que o Goberno do Estado recupere as axudas ás persoas coidadoras no fogar establecidas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

E a derrogación do Real Decreto 16/12 do 20 de abril , do copago farmacéutico.

A pobreza ten cara de muller: Prestacións de Xubilación

Victoria Portas. Experta en Seguridade social. Comisión legal COESPE e Modepen


En xaneiro de 2018, a pensión media das mulleres foi de 794,46 euros ao mes, mentres que a dos homes alcanzou os 1.244,69 euros. É dicir, existe unha diferenza de 450 euros ao mes, o que supón unha brecha de xénero do 36%.

Segundo o Movemento pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) “FENDA DE XÉNERO: A POBREZA TEN CARA DE MULLER”, máis de 1,5 millóns de mulleres perciben pensións por baixo de 500 euros.

A configuración do sistema de pensións español, centrado en ser contributivo, no canto de aliviar as desigualdades de xénero no mercado laboral, perpetúaas, ao penalizar gravemente ás persoas que coticen menos anos e por menos importe.

Menor salario, máis temporalidade, permisos, excedencias, por maternidade ou outros coidados, inserción máis tardía ao mercado laboral nun rango de idade de mulleres, traballos mergullados…etc, afectan de modo directo ao tempo de cotización, a unha menor contía da pensión.

As últimas reformas do sistema acentuaron esta brecha de xénero, agravándoa considerablemente por diferentes cuestións. Desde 1985 o período de cotización foise ampliando, primeiro 2 anos, logo 8, logo 15 e coa última reforma é necesario para conseguir unha pensión de xubilación íntegra uns 38 anos de cotización, se a isto engadímoslle que no 2022 o cálculo da base reguladora incrementarase ata os 25 anos, o aumento na penalización das lagoas de cotización e a aplicación do Índice de Revalorización, non só perpetúa dita brecha senón que a agudiza . E todo iso pendente da entrada en vigor do Factor de Sustentabilidade, que prexudicará e moito as pensións máis baixas.

Aínda que, este agravamento da desigualdade tentouse compensar concedendo períodos cotizados por fillas/vos e por coidado de dependentes, estes cambios son irrisorios en comparación coa perda das cotizacións. Doutra banda, nada pode compensar ás mulleres que nunca tiveron criaturas nin pensan telas pero que tamén comparten o letreiro “menos dispoñible para o emprego” e que levará na súa fronte durante toda a súa vida fértil mentres continúe este sistema.

Na actualidade un millón de mulleres de máis de 65 anos carecen de pensión e viven das migallas das pensións dos seus maridos, isto tamén é violencia, VIOLENCIA ECONÓMICA.

Todos os recortes perpetrados contra dereitos adquiridos, que tiveron como consecuencia o empobrecimiento xeneralizado, fixéronse parar salvar ao sistema financeiro. Desde a Administración pública enriqueceuse a empresas privadas ao aprobar leis laborais que as beneficiaron. Se a mal chamada crise provocou problemas ás mulleres con máis virulencia. Mulleres pobres, anciás e viúvas padecen pobreza diaria e non poden acometer gastos de necesidades básicas.

Recoñecer a contribución que realizan as mulleres no desenvolvemento da sociedade e no coidado da familia.

Esiximos a plena igualdade de xénero na conquista dos seus dereitos sociais.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies