Por Victoria Portas
Relacións Laborais
Experta en Seguridade Social


O presidente da Xunta, Alberto Núñez , ten unha memoria selectiva, oxalá algunhas puideramos ter a mesma memoria para esquencer certas cousas.

Recordémoslle que O Estatuto de Autonomía de Galicia data de 06 de abril de 1981, e que no seu título segundo xa sempre se reflexou “ Art 36: A Comunidade Autónoma galega poderá solicitar do Estado a transferencia ou delegación de competencias non asumidas neste Estatuto.

O estivo ao fronte da Xunta de ininterrumpidamente entre 1990 e 2005 e novamente volve a mesma con maioría absoluta en 2009 con Alberto Núñez Feijóo. Polo que o o fronte da Xunta de Galiza coincidiu co o fronte do Goberno de Madrid, entre 1996 e o 2004 con Aznar como Presidente do Goberno e dende o 2011 ata o 2018 con Mariano Rajoy a cabeza do .

E Xa fai máis de dez anos que non se piden tranferencias dende o Parlamento Galego, e éste xoves espertamos coa grata nova de que segundo o Sr. Feijoo Galiza ten “o mesmo dereito” que Cataluña e País Vasco a recibir competencias do Estado, parabéns un pouco de lucidez.

Pero só me cabe a reflexión de si o Señor Feijoo, está a falar  dun desexo seu e do PP Galego tras anos de inactividade e en contra do que apoia o seu partido en Madrid co Sr. Casado o fronte, ou si é unha cuestión de apretar a lexislatura do PSOE no Goberno de Madrid?

Dende aquí , igualmente  aplaudo que o Parlamento Galego levase a cabo dito xiro , pero debemos recordarlles a todos os partidos políticos que  forman parte do arco parlamentario que o único problema galego non son as competencias en materia de tráfico, nin o Corpo de Policía. Si ven é certo que debido as tasas de desemprego en cidades como Vigo ou  Pontevedra non só precisamos o traspaso da AP-9 senón a súa liberación da peaxe, unha das máis caras de todo o territorio español.

No noso país (2017) hai un 22.6% da poboación en risco de pobreza ou exclusión social, estamos a falar de 614.000 persoas entre os que  se atopan maiores, dependentes e menores.

Os galegos e galegas o pago da factura da luz e quecerse,  ponos nun dilema, pois ou comen ou quéntanse,  é posible a transferencia de dita competencia,  transferencia da tarifa eléctrica.

Para os galegos e galegas ter que facer fronte, o copago farmacéutico ou o pago de aqueles medicamentos fora das listas sanitarias son para eles un cargo máis enriba das súas debilitadas contas económicas, pidan transferencia de políticas sanitarias, e fagan fronte o pago dos mesmo que xa teñen a competencia.

E responsabilidade primordial do Goberno da Xunta de Galicia, sacar a mais de 3 millóns de galegos e galegas do limiar da pobreza, ten un Estatuto de Autonomía que yo permite e un pobo que o estamos a desexar.

Déixense de políticas baratas e escaparatismo e póñanse a traballar, os galegos e as galegas precisamos un goberno da Xunta que de verdade comece un estudio serio de demográfica e adecúe as súas políticas  a situación real do país.