Avante LGTB denuncia unha agresión homófoba en Redondela

A organización informou que onte, xoves 9 de agosto, recibiu unha denuncia anónima dun usuario de , unha aplicación mobil de ligue para homes, por un caso de homofobia en .

A vítima quedou cun mozo por Grindr nun portal da vila, á que se tivo que desprazar no coche. Ao chegar alí atopouse cun grupo de mozos que lle comezaron a tirar cousas e a berrar insultos homófobos.

Dende Avante LGTB consideran que “este tipo de accións non poden quedar sen resposta e debemos deixar de ver normal unha agresión homófoba coma esta“. “É preciso deixar claro que aínda que non chegue a haber violencia física, este acto é igualmente denunciabel e completamente inaceptabel“, subliñan dende a organización.

A estratexia de suplantación en aplicativos de ligue é empregada en varios paises para ‘cazar’ a persoas LGTB, tanto por parte de grupos neonazis como polo goberno en países nos que a homosexualidade é ilegal. Esta situación converte o que era un espazo de seguranza nun espazo no que as persoas LGTB xa non poden sentirse a salvo de agresións“, sentenzan dende Avante LGTB.

Deja un comentario