SUNDAY 24 FEBRUARY 2019

Archivos de Autor: admin

Masacre industrial en Narón

Dende Esquerda Unida Narón non entendemos como a Dirección de Poligal escúdase en perdas acumuladas importantes, e crecentes en 2017 e 2018, para xustificar a tramitación do concurso de acreedores con proposta de liquidación da empresa. Como empresa e ante a deriva que datan de 2012, non pode ser que o ano pasado (Xuño 2018) mostren a satisfacción da mellora en canto a:

  • Aumento de producción.
  • Novas acreditacións de calidade.
  • Dicindo que “é a planta máis versátil con solución de envasado flexibles máis ampla de Poligal”.

E anuncien “escenarios de inversión para mellorar a productividade e eficiencia”, pois ben é certo que as liñas de producción necesitan de inversión para competir cando teñen unha plantilla sobradamente cualificada, as certificacións o demostran, e unhas liñas de 28 e 23 anos respectivamente. Liñas para as que en certas reparacións xa non teñen pezas no mercado pola súa antigüidade.

Ditas inversións xa veñen sido reclamadas polo plantel durante anos, de feito no último ERE sufrido polo plantel de Poligal lograron acordar inversións na factoría de Narón. E baixo sentenza no próximo mes poder o plantel podería esixir a execución de sentenza ou o sancionamento da empresa cada día de incumplimento, ainda que o plantel o que quere é dignidade un plan de investimento para poder desenrolar o seu traballo e ser productivos á altura de outras plantas.

De feito, á vez que na planta de Narón non invirte dende que chega esta Dirección, do Grupo Perelada, os ingresos do Grupo os invirte en plantas de Portugal e Polonia. Invertindo na planta de Polonia aberta dende o ano pasado 40M€.

Non se lle escapa a ninguén que o patriotismo dos grandes empresarios pasa por esquilmar e explotar aos seus semellantes sexan de donde sexan.

Amigos da Terra continua con novas accións de voluntariado forestal nos montes queimados de Tourón

Máis de 30 voluntarias e voluntarios procedentes das provincias de Ourense e Pontevedra participarán nesta xornada de voluntariado forestal. Amigos da Terra con estas accións, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, busca promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindibles para reverter o problema incendiario.

Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta e a CMVMC de O Tourón continua coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que estamos levando a cabo dende o outono do ano 2017 e que xa cumplimos mais dun ano. Durante os ultimos doce meses máis de 400 persoas voluntarias viñeron colaborando en diferentes actividades de restauración e reforestación forestal nos montes de Touron.

Nesta ocasión organizada para o próximo domingo 24, continuarase coas actuacións de recuperación nesta zona dos Montes de Tourón (Melón) realizaremos tarefas de restauración de solos, repoboación con especies autóctonas, recuperación árbores danadas e erradicación de eucaliptos e mimosas

Os traballos levaranse a cabo pola mañá do domingo 24 entre as 10.30 e as 15:00 h aproximadamente.

 

Hora chegada: 10:30 h
Punto de encontro: Tourón -Melón *(no enlace tedes as coordenadas)

*https://www.google.es/maps/place/42°15’57.2″N+8°13’33.2″W/@42.2659038,-8.2274497,400m/data=!3m2!1e3!4b1!4m14!1m7!3m6!1s0xd2f89f0b07ecf6b:0xf3e9472c9c7909b5!2s32410+Tourón,+Ourense!3b1!8m2!3d42.2663483!4d-8.227621!3m5!1s0x0:0x0!7e2!8m2!3d42.2659007!4d-8.2258914

Nove novas execucións en Exipto nun xuizo cheo de dúbidas e testemuños de torturas

Nove presos foron executados en Exipto acusados ​​de matar a Hisham Barakat, o ex fiscal do país africano, en 2015. Os homes foron declarados culpables nun xuízo cheo de dúbidas e de testemuños de torturas e ameazas para lograr as confesións.

Os nove homes pertencían a un grupo de 28 condeados á morte polo homicidio do fiscal nun atentado cometido no Cairo en xuño de 2015. As autoridades exipcias arrestaron máis tarde a estes homes, acusándoos de formar unha célula militante cuxo obxectivo era asasinar ao principal fiscal.

Mahmoud o- Ahmady, Abulqasim Youssef e Abubakr Ali (de esquerda a dereita) declararon ante un tribunal en 2016.

Nun vídeo do xuízo de agosto de 2016, Mahmoud o- Ahmady, Abulqasim Youssef e Abubakr Ali dixeron nunha audiencia dun tribunal exipcio que foran presionados para confesar un crime que non cometeran e que os seus corpos aínda tiñan marcas de tortura.

O- Ahmady, un estudante de tradución de 23 anos na Universidade da o- Azhar, dixo que foi torturado durante 12 días antes de ser obrigado a grabar un vídeo no que dixo que participou no asasinato de Barakat.

Youssef, de 25 anos, un ex alumno da Universidade da o- Azhar, dixo que foi sometido a “as formas máis brutais de tortura” durante os seus interrogatorios. “Vendaronme os ollos, colgáronme da porta, boca abaixo, durante sete horas consecutivas e electrocutaronme en áreas sensibles do meu corpo”, dixo á corte. Youssef dixo que perdeu a capacidade de ver co seu ollo dereito como resultado da tortura.

Ali, un estudante da Universidade Zagazig de 24 anos, dixo que despois do seu arresto o 25 de febreiro de 2016, foi ameazado cun coitelo dentro do camión de seguridade que o transportou á sede de Seguridade Nacional en Zagazig, unha cidade na gobernación do baixo Exipto de Sharqeya. Dixo que lles contou aos oficiais que o arrestaron que se lle someteu a unha operación de xeonllo antes de ser arrestado. A pesar diso, dixo que foi electrocutado nesa parte específica do seu corpo, así como na súa rexión xenital e na súa cabeza. “Dixéronme que farían dano aos meus pais”, díxolle ao xuíz.

En xullo de 2017, un tribunal exipcio confirmou as condeas á morte de 28 dos acusados, tras un xuízo denunciado por grupos de dereitos humanos que se baseaba en “probas contaminadas pola tortura”.  Os homes tentaron apelar a sentenza de morte en 2018 que fora denegada polo Tribunal de Casación. Entre os homes condenados á morte, 13 homes foron condenados in absentia, e un deles foi devolto a Exipto desde Turquía á forza en xaneiro.

En reacción á noticia, a directora de campañas de Amnistía Internacional para o Norte de África, Najia Bounaim, afirmou que “executando a estes nove homes hoxe, Exipto demostrou un absoluto desprezo polo dereito á vida.”

Bounaim engadiu que “os responsables do atentado no que morreu o fiscal xeral de Exipto merecen ser castigados, pero executar a uns homes que foron declarados culpables en xuízos embazados por denuncias de tortura non é xustiza, senón unha evidencia da magnitude á que chega a inxustiza no país.”

“Estas execucións demostran ás claras que o goberno cada vez fai máis uso da pena de morte, e elevan a 15 a cifra de condeas á morte levadas a efecto nas últimas tres semanas. As autoridades exipcias deben deter urxentemente esta sanguenta onda de execucións das últimas semanas, nas que reiteradamente executaron a persoas tras xuízos manifestamente inxustos.”, sinala a responsable no norte de África de Amnistía Internacional.

“A comunidade internacional non debe gardar silencio ante esta escalada de execucións. Os aliados de Exipto deben adoptar unha postura clara condenando publicamente o uso polas autoridades da pena de morte, máximo expoñente de pena cruel, inhumana e degradante.”

As mulleres de MODEPEN presentan o informe “A pobreza ten cara de muller”

As mulleres do Movemento Galego en Defensa das pensións públicas, pertencentes a  Coordinadora Estatal en Defensa del Sistema Público de Pensións (COESPE), dan a coñecer o Informe “A pobreza ten cara de muller”, informe-reivindicación que será presentado aos diferentes partidos políticos mediante o seu rexistro en diferentes institucións tanto locais, como autonómicas, como estatais.

Reinvindicamos que estando no século XXI, os recortes en sanidade, servizos sociais, educación, e dependencia que levan a cabo os diferentes gobernos, non poden seguir recaendo nas costas das mulleres.

As mulleres seguimos realizando as tarefas domésticas e senón os sustituimos pola contratación do servizo doméstico que tamén se leva a cabo por un 95% mulleres, e que como traballadoras se nos nega o recoñecemento do traballo no Estatuto dos Traballadores e na Constitucion Española, desoíndose así tamén o art    da OIT.

Levamos a  cabo as tarefas de coidados e de conciliación, facéndonos cargo de todas esas responsabilidades para cubrir as necesidades básicas da vida, renunciando a vidas laborais longas, a proxectos e desexos profesionais. Mudamos o noso ben polo ben dos que coidamos e criamos,  e logo eses gobernos que deberían recoñecer o noso traballo desenrolado, penalízanos castigándonos coas prestacións máis baixas do sistema, levándonos a unha precarización crecente.

Soamente podemos acceder a un mercado laboral  precarizado de contratos basura, temporalidade, xornadas parciais e mal pagados, a fenda salarial xa se sitúa nun 23% por igual traballo, traballando  “gratuitamente” 54 días ao ano .

Ésta situación non só nos repercute no presente senón que nos persigue o resto da nosa vida, se cotizamos pouco e mal , non temos dereitos a prestacións ( desemprego, subsidios) e si accedemos a eles son por cuantías de subsistencia, a medida que vamos madurando as prestacións de incapacidade e xubilación as que podemos acceder dinnos que teñen na actualidade unha fenda dun 35.97%.

Na actualidade  mais de 1.5 millóns de mulleres en España perciben pensións por baixo dos 500 euros, sendo Galiza a penúltima, pola cola, comunicade con maior pobreza feminina. Un millón de mulleres de máis de 65 anos carecen de pensión e viven das migaxas das pensións dos seus maridos. Tres de cada catro mulleres só poden acceder a unha pensión non contributiva. Aínda que vivimos unha media de 5 anos máis que os homes, o facemos en peores condicións de saude e con maiores posibilidades de acabar coma dependentes, pero imposibilitadas a hora de acceder a centros de maiores ou a medicamentos sanitarios gratuitos, levándonos así a vivir soas, sen atención e nuns niveis de pobreza moi considerables. BASTA XA

Esto tamén é desigualdade, esto tamén é violencia, esta é a VIOLENCIA ECONÓMICA que o sistema fai recaer sobre as mulleres.

Por elo todas as mulleres, pertencentes a Coordinadora Estatal en defensa das pensións, faremos oir a nosa voz éstos días ata o 8 de Marzo, informando en mesas informativas, charlas–debate, onde daremos a coñecer a situación que vivimos e as saídas que se deben levar a cabo, para que a incorporación da muller o mercado laboral sexa xusta e igualitaria, e que a vellez ou a invalidez non se convirtan nunha situación de precarización e pobreza.

É o Estado o que ten a responsabilidade de garantir o dereito para coidar, ser coidado e  autocuidarse a través de políticas específicas.

Os buitres voan sobre a Seguridade Social

Por Victoria Portas
Relacións Laborais e Experta en Seguridade Social. Comisión Legal COESPE/Modepen


Que si a Seguridade Social non é sostible, que si as pensións non se  poden subir por IPC, que si cada vez somos máis e máis maiores, que si non aportamos o necesario para cubrir todas as prestacións,… Pero si a Seguridade Social está tan mal e ingresa tan pouco, cómo a banca está como buitre no deserto esperando a súa recompensa, cómo a patronal apoia medidas, que teóricamente non lles inflúe?

 

Si alguén ten un gran interés de que nos creamos que o Sistema ten unha débeda, esa é a BANCA, ela sí que ten un gran interés no xogo, poderíamos decir que ten en xogo 123.584 millóns de euros en cotizacións sociais de traballadores e empresas que se ingresarán na Seguridade Social no exercicio 2019. Ese é o tesouro o que non queren renunciar e utilizarán toda a influencia política precisa para conseguir a súa meta.

Na Comisión Europea liderada pola dereita europea están levando a cabo o Regulamento do Producto Paneuropeo de Pensións, e en España  intentando impulsar dende dentro da mesa do Pacto de Toledo os famosos EPSV vascos ( dos que vos contarei outro día) e/ou os que todos coñecemos  como planes de pensións de empresa, (acordos empresariais ou sectoriais entre empresas e traballadores).

Os pláns de pensións de empresa, non son máis que un desconto na súa nómina mensual que se acumula nunha bolsa de aforro individual que pertenece a cada traballador. É decir, cuantías que a empresa restará do salario dos traballadores, xa enormemente mermado por culpa da Reforma Laboral do 2012,a cal non se poden negar pois será marcada según negociación colectiva e  introducirá en un Plan de Pensións  xestionado por unha entidade financeira que non ofrece  ningún tipo de garantía ao traballador/aforrador pero polo cal as empresas normalmente reciben a cambio algún tipo de bonificación fiscal, e moito mellor  canto máis aposten por plans privados de renda variable.

Incluso dase a paradoxa, de que a quebra de ditos productos produce a pérda total do aportado por parte do traballador  e pola contra o lucro, sin escrúpulo, de empresarios e banqueiros, como sucedeu co caso Maxwell, que en 1995 roubou 400 millóns de libras dos fondos de pensións financiados polas empresas das que era dono, é decir unha bancarrota empresarial lucrativa.

Casos que se ocultan pois non se quere dar unha solución ao sistema que non sexa a de beneficiar ao capitalismo, aos plans de pensións privados  en contra do sistema máis seguro que é o da Seguridade Social pública donde o Estado é garante de ditas prestacións.

Señores políticos, as pensións non son unha deuda, e por elo non xeneran intereses, non xeneran déficit, nin hai que devolvérlla a ninguén. As pensións e as prestacións nun Estado de Benestar Social son un DEREITO, e como tal Estado Social e democrático non vamos a faltar nunca ao art 25.1 da declaración universal de dereitos humáns  de (1948): “ Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado, ten así mesmo dereito aos seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viudez, vellez u outros casos de pérdida dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes a súa vontade “.

Recorden, que coas súas propias normas de xogo, vostedes o 27/09/2011, con nocturnidade e alevosía reformaron o que era irreformable, o artígo 135 da Constitución Española, onde priorizan vostedes a DÉBEDA a  cidadanía, pois ben, si as pensións son unha débeda están incumplindo o seu propio 135.3. “Los criterios para satisfacer su pago, gozara de prioridad absoluta “y estos criterios no podrán ser objeto de enmiendas o modificación…

Esta clase traballadora está orgullosa de seguir aportando cotizacions ao sistema de Seguridade Social como ente solidario, interxeneracional e público, que debe ser apoiado polos PXE en casos de necesidade e onde dunha vez por todas, o artígo que debe ser novamente redactado é o  artígo 50CE onde diga:

“Os poderes públicos garantizarán, mediante pensións públicas adecuadas e actualizadas anualmente como mínimo, conforme ao incremento do coste da vida, a suficiencia económica aos ciudadáns durante a terceira idade. Asimesmo, e con independencia das obligas familiares, promoverán o seu benestar mediante un sistema público de servicios sociais que atenderán os seus problemas específicos de saude, vivenda , cultura e ocio”.

AGORA SOMOS A CIDADANÍA OS QUE DECIDIMOS QUE FUTURO QUEREMOS, DEREITOS SOCIAIS OU PÉRDA DOS MESMOS.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies